Son Antón Baamonde, profesor de Filosofía nun Instituto de Santiago de Compostela, ensaísta e escritor de periódicos a moita honra. Formei parte da redacción de Luzes de Galiza -unha revista xeracional moi dos oitenta que acabou, como era de esperar, nos noventa-. Queríamos ser moi galeguistas, moi progresistas e, como todo o mundo na época, moi modernos. É de supoñer que sigo na cousa pero cos anos xa se sabe..
Entre os meus libros destacaría “Sobre o tempo e outros desatinos” e “A Rosa sen porqué”, publicados en galego na Ed. Galaxia e en castelán co título “El Laberinto y sus salidas” en Ed. Tecnos e “La rosa sin porqué” en Pre-textos. Tamén o libro de entrevistas “La reinvención de España” -unha cerilla na procesión do estado plurinacional- e as falsas memorias “Aire para respirar” -unha revisión indirecta de vintecinco anos da vida de Galicia-.

Subscríbete por e-mail!