Velaí a Pachi Vázquez e a súa soberbia intelixencia. Consumada a distancia en relación á foto que el mesmo protagonizou non hai un mes, efectuado un xiro copernicano nas posicións que nominalmente mantiña, agora descende por unha encosta que ha levar ao seu partido ao desastre.
A noticia de El País traerá consecuencias. http://www.elpais.com/articulo/Galicia/PSdeG/moviliza/barones/asalto/politico/cajas/elpepuespgal/20091218elpgal_2/Tes
Non para a Lei de Caixas, que será aprobada a fin de mes, non para a fusión, que non deriva dunha escolla, senón da imposibilidade de manter a liquidez das caixas -tamén de Caixanova- sen ir ao FROB, senón para o Partido Socialista que regresa non ao vazquismo de Paco Vázquez senón ao de Pachi: xa pode rezar para que Blanco e MAFO -aqueles que presumiblemente o instigan xunto con caballero- o saquen das leas nas que se mete.
Se non ten éxito terá perdido peso político nas caixas e terá mostrado a súa inconsistencia ou, pero aínda, dependencia de Gayoso, do Banco de España ou de sabe Deus quen. Todos poderán acusalo de carecer dunha idea do apropiado para Galicia e de ser un curtopracista sen criterio que move as pezas no mellor dos casos só para desgastar ao contrario. Por suposto PP e BNG pactarán unha Lei que perxudicará os seus intereses -nos criterios de representación nos órganos de goberno- como non podería ser doutra maneira.
Pero supoñamos que tivera éxito: significaría que a súa posición tería favorecido a perda das caixas galegas que pasarían a ser absorbidas por outras do exterior. O descrédito para o PS duraría unha xeración. Todos pensariamos non só que actuou en beneficio de CajaMadrid senón tamén que actuou como un estúpido. Feijóo tan feliz…
Pero insisto: tal vez Pachi Vázquez, coa súa superior intelixencia e criterio sabe ver tan lonxe, como todos eses baróns que o acompañan cara o desastre.

Subscríbete por e-mail!




O enlace é erroneo
Gracias, correxido o erro.
Pois eu non estou seguro diso. Salvo que miremos a que lle pode cair no xornal de rótulos góticos. Se ao outro o Audi a este xa pode prepararse. Pero Pachi ten razón e moita razón en preguntarse a que vén tanta precipitación, tantas ganas de meter baza, tanto intervencionismo (paradoxalmente en xentes neoliberais). Pero sería mellor que en lugar de ofrecer a súa propia idea do asunto, preguntara “lisa y llanamente” por qué tanta presa?
Eu só digo que en Vigo, o PP, se segue así o asuntillo do Feijoo, o Apresurado, perde as eleccións. E non é moco de pavo.
As apostilas de arume resultarían acaídas senón fose por un pequeno detalle: o PSdeG votou, con BNG e PP, procedemento de urxencia para a eleboración da nova Lei de Caixas. Ese foi o momento no que os reparos de Vázquez farían sentido, non agora.
As présas poden deberse á posibilidade dunha intervención do Banco de España nalgunha das dúas caixas. Tampouco é moco de pavo.
Jurl ten toda a razón do mundo: aí trabucouse completamente. Como tamén se equivocou gravemente ao saír na foto do triunvirato. Agora fai o que tivo que facer no seu momento. Que foi o que lle dixeron que fixera e non fixo. Aínda está a tempo de arranxalo, aínda que desde o punto de vista parlamentar a cousa non pinta fácil: pode aducir que o periodo dado é moi curto para chegaren a un acordo unánime, aínda que sexa polo procedemento de urxencia.
A min todo o proceso me cheira mal: un procedemento de urxencia para facer unha lei de caixas para claramente alterar unha situación que non gusta non parece o mellor modo democrático. As reformas legais ad hoc, e profundamente conxunturais coma esta, son, por definición, sospeitosas.
Discordando co que dixo isabel noutro comentario. Feijoo pareceme o pior do pp. Ca mesma aparente sinceridade pode dezer unha cousa e outra,galeguista ou españolista, ora máis pogre ora máis conservador,etc- Considero-o artalleiro e inmoral. Por elo considero dentro do razoabel umha postura de moita desconfianza. Lonxe de min calquera defensa do soe o cal xa é coñecido que non ten ningunha idea de Galiza,por elo non creo que poda perder moito por aí.
ademáis non sei que lei quere meter o pp,xa se dí, mellor non saber como se fan as leis,tal como as salchichas e xa deciase antes das eleccións que o soe apoiabase máis en caixanova? e o feijoo a do norte, ou alo menos as relacións eran máis intensas por aí. Sendo os intereses moi fortes,loxicamente tanto as información ou posturas de cada quen, estarán ben estudadas.pode haver bastante de xogo.A postura actual fortalece a posición negociagora do sur.Se sae ben podese vender en vigo un bo acordo, se sae mal non esta nada claro quen sera o perxudicado, dependera, de que o conte churchil dixit.saudos
Gostariame comentar, aínda que non ven ao tema, o artigo de vostede hoxe na opinión. Nom me sorperende tal afirmación do pousada, creerá que asin manten máis coerencia e dalle máis argumentacións para atacar ao galego. A sua extratéxia, obvio madridrileña, e ataquar ferozmente ao galego, alí onde pode ter algún suspiro, xa sexa falando de liberdade, xa sexa falando de dereitos paternos ou cando lle convén de españa. como artificio pode arguir que esta a favor da eliminación dalgún derito do castellano e presentarse coma liberal, mas sabe que isto é imposible hoxe, non vaise fazer e ademáis os medios enfocan o tema desde a suposta oposición ou ventaxe do galego non nos numerosos feitos contrarios á nosa lingua.Tamén ao discutir con iles, non desbotán ningún argumento de esquerda, dereita,etc, qualquer cousa,para min son coma mercenarios, dalle igual as argmentacións.
Estes días na prensa económica había referencias a que a aplicación das novas normas de Basilea sobre solvencia ía ter unha dilatada etapa de transición -maior do que se contaba-.
Tamén se está a falar de reforma da lei que impón que se críen bancos nos SIP, estabelecendo a posibilidade de que haxa unha caixa de caixas. Isto tardaría máis que a decisión que hai que tomar sobre as caixas galegas, pero sempre se podería modificar a concreta configuración a posteriori.
Eses dous elementos poden afortalar o SIP como unha posível solución -o problema de solvencia dá un respiro, que permite afrontar a etapa de solución da maior parte dos concursos de acreedores. Os recursos do FROB tampouco saen grátis, non hai que desbotar nengunha alternativa se se confirma que se vai permitir a existencia de caixas de caixas.
O certo é que o imprescindível é pechar sucursais e reestructurar ao persoal. Parecería máis fácil cunha fusión, porque ficaría unha sucursal en pequenas vilas nas que non son necesarias dúas. De todos xeitos, eu dubido que a reestructuración se faga de xeito moi racional. Hai que ter en conta que os sindicatos non van aceitar traslados fácilmente -a rotación xeográfica nas caixas non é tan elevada como ao dos bancos-, e supoño que a cousa se vai facer a base de parches, tendo en conta onde hai máis xente en situación de prexubilación.Tamén se falaba de pechar sucursais de fora de Galiza, pero resulta que a maior parte dos traballadores nesas zonas non están en idade de se prexubilar. O certo é que a captación de pasivo hoxe é unha prioridade, e esa implantación das caixas fora de Galiza -e o ponto emigrante que temos, que ven en boa medida pola situación económica, pero non só-, pode non estar mal.
Eu a cousa a vexo complicada. O único que teño claro é :que non se pode ir a fusións frías ou reais con entidades do exterior, que non me gostan as camarillas que levan hoxe as caixas,e que me dá algo de medo que as administracións metan comisarios políticos nas caixas que estexan pouco formados para o mundo da empresa .
Hoxe en Radio Coruña a socialista Mar Barcón, preguntada polo nacionalista Carlos Aymerich, tiña un serio problema para xustificar que pinta na Asemblea de Caixa Galicia: http://www.laopinioncoruna.es/metro/2009/11/27/favor-mar-barcon/338636.html