O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 26 Nov 2009

    Seny

    Poden  lerse  outras  adhesións  da  sociedade  civil  de  Cataluña  á  editorial   de  onte  no  “El Periódico  de  Cataluña”  http://www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAS&idnoticia_PK=665306&idseccio_PK=1008

      A  cuestión  do  Estatut,  enténdase,  é  decisiva  tamén  para  Galicia. Do  que  saia  dos  furados  do  TC  dependerá  a  configuración  de  España  no  período  inmediato,  a  súa  nova  xeometría,  o  que  quere  dicir,  para  nós,  o  nivel  ao  que  pode  erguer  Galicia  o  seu  autogoberno  no  mellor  dos  casos.

      Explícito  o  que  presupoño:  Galicia  non  ten  por  si  mesma  vontade  política  para  xestionar  o  actual  Estatuto  de  Autonomía  coas  súas  posibilidades,  moito  menos  para  transformalo  á  alza. Xa  se  veu  o  fría  e  indiferente  que  é  a  sociedade  galega  ante  as  cuestións  relativas  ao  seu  autogoberno  cando,  na  lexislatura  anterior,  non  se  puido  detectar  movemento  algún  de  cellas  ante  a hipótese  dun  Novo  estatuto.

      A  sociedade  galega  non  entende  a  utilidade  práctica  do  marco  xurídico. Nin  do  actual,  nin  do  que  viñera. Os  grandes  temas:  o  tráfico  aeroportuario, o  sistema  de  comunicacións  con  Portugal,  a  ordeación  interna  de  Galicia,  as  novas  áreas  metropolitanas,  o  impulso  aos  dereitos  cidadáns  de  nova  xeración. Todo  iso  sona  a  música  celestial  para  os  ouvidos  do  galego  medio  e  tamén  para  o  das  elites,  de  tan  baixo  nivel  entre  nós.

      De  modo  que, como  xa  o  fixera  hai  trinta  anos,  Galicia  ten  que  ir  na  roda  de  Cataluña. Iso,  no  mellor  dos  casos. Porque,  a  diferencia  de entón,  non  hai  consenso  político  nin  se  ven  posibilidades  de  facer  unha  manifestación  do  “aldraxe”.

      Certo,  o  nacionalismo  pasou  de  criticar  a  autonomía  a  apoiala  con  certa  renuencia,  pero  o  PP,  o  partido  maioritario  nestes momentos, ve  por  boca  de  Feijóo  ao  Estatuto  catalán  como  a  expresión  de  Lucifer.

      Sen  un  proxecto  claro  por  parte  de  ningunha  das  tres  forzas  todo  se  disolve  e  vai  polo  carreiro…

      Seny,  necesitamos. Sentido  común,  realismo,  pragmatismo,  determinación  e  obxectivos claros, concretos  e  alcanzables…  e  sobre  eles  construír  consensos,  non só  políticos..

    Categorías

    • Política
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame

    9 comentarios to “Seny”

    1. Isabel comenta: 26 Nov 2009 a las 15:50

      En tema xurídico os cataláns son avangarda no estado en moitas cousas, non só para os galegos. Por exemplo en asistencia aos presos ou en todo o que foi o dereito da persoa e de menores.

      Tampouco vexo tan mal que tamén lles miremos o estatut.

    2. Galaicus comenta: 27 Nov 2009 a las 00:55

      Hai un vello refrán que dí aue “cada pau aguante da súa vela”. Que o PSOE e o PP se apliquen o conto porque acaso o BNG non presentou xa, na pasada lexislatura un proxecto de estatuto?. Acaso non é o BNG o único que leva insistido na importancia de revisar o estatuto?. O BNG sí que ten un proxecto claro, outra cousa é que non conte con respaldo social. Penso querido Antón, que a ecuanimidade non se logra diluíndo as responsabilidades entre todos.

    3. Antón Baamonde comenta: 27 Nov 2009 a las 01:51

      Estimado Galaicus: hai vida máis alá dos partidos. E o que eu estou dicindo é que a sociedade galega carece de vontade política para reclamar un Estatuto máis amplo. O editorial dos periódicos de Cataluña expresa un estado de opinión moi maioritario alí ¿sería concebible algo así entre nós ?.

      Sobre os paus e as velas. Con todos os respetos o BNG nos últimos trinta anos non fixo máis que correxirse a si mesmo. Especificamente, de estar contra a Constitución e o Estatuto a apoialos, precisamente porque constatou o escaso dos apoios en torno a si. Non vou a entrar en que elementos determinaron ese escaso arraigo pero digo eu que os nacionalistas máis que ninguén deberían estar interesados en analizalo.

      Item plus. Parece natural que un partido nacionalista estea máis interesado en aumentar o autogoberno que dous partidos que non o son -e que, xuntos, teñen ¿canto ? o 80% dos votos emitidos: pequeno detalle que parece pasar inadvertido-. Non pode reprochárselle aos demais que non sexa o que un quere que sexan. Os verdadeiros crentes non predican: dan trigo.

      Dito isto Iniciativas 21 -fundación afín a Touriño, como dicían- si que presentou tamén as bases para un nove estatuto que, evidentemente, quedaron no tinteiro, como o texto de Quintana.

      Recair nos vellos erros non conduce a parte algunha. O BNG pasou de predicar que o PSOE e o PP eran o mesmo -excusarei a frase feita coa que o propalaban-, incluso de soster que o PP era “máis galego”, a gobernar en toda Galicia con eses mesmos aos que poñía tan verdes.

      Como é evidente vai a seguir facéndoo, porque non lle queda outra, e porque non lle interesa estar fora do poder dos concellos e deputacións. O BNG ten a súa propia historia e socioloxía, pero funciona coa mesma lóxica de todos os partidos. Non é un caso especial. Ás veces acerta e ás veces non. Pero non é distinto.

    4. Bradomin comenta: 27 Nov 2009 a las 02:56

      Partindo da base de que concordo coa expresión “hai vida alén dos partidos políticos”, quixera facerlle unha pregunta:

      Existe a “sociedade galega”?

      Cando un escoita afirmacións convencidas de que Galicia é un pais latino e mediterráneo.
      Cando un comproba que certas “élites económicas” (?) encóntranse máis cómodas nunha posición de subcontratistas, ou sucursalistas.
      Cando a “clase media urbana” programa a educación dos nenos baixo a premisa de que acabarán estudando e traballando en “Madrid”.
      (e moitas pinceladas máis, na mesma dirección)

      Às veces semella que, compartindo territorio, existen dúas sociedades-comunidades con obxectivos ben diferenciados.

      Semella que non todos os que habitan no mesmo territorio se indentifícan con él, intentanno entender, tratan de modificalo e melloralo. Resumindo: hai quen cree no país (físico e humano) e quen, non é que non lle importe, simplemente “non da un peso por él”.

      Trátase dunha percepción personal e naturalmente chea de matices que superan o post.

    5. Antón Baamonde comenta: 27 Nov 2009 a las 06:45

      A “sociedade” existe. Outra cousa é que nos guste o que designa, que coincida co que alguén pense que debería ser. Josep Pla dicía algo así como que unha persoa intelixente é aquela que sabe distinguir entre o que é e o que non é, non entre o que é e o que debería de ser.

    6. Galaicus comenta: 27 Nov 2009 a las 09:08

      Concordo en que hai vida máis alá dos partidos pero tamén sei que Galicia non é Cataluña nin Euskadi onde existe un sociedade civil activa e participativa. En Galicia non. Se en Galicia se conserva o galego será porque hai leis que o protexen, non porque os galegos queiran conservalo. Se en Galicia se conserva (o pouco que queda) a paisaxe, será porque se aproben leis que a protexan, non porque os galegos queiran protexela. Se en Galicia se conserva o patrimonio arquitectónico (o pouco que queda) tamén será porque se aproben leis que o fagan. Pode que vostede confíe nesa sociedade civil pero, como xa dixen noutros momentos, eu vivo na Coruña e coñezo o mundo rural de Lugo e creo que sei do que falo.
      En canto ao BNG (ou ao PSOE ou a PP) hai tempo que me centro no presente. Valoro o que se fixo no Bipartito e valoro o que se fai agora, non o que se fixo na Transición. E, igual que o PP de Feijóo non é o PP de Fraga, tampouco o PSOE de agora (e o que leva sendo hai anos) é o PSOE da Transición. Insisto, vivo na Coruña, non en Santiago. Vivín en Vigo, non en Santiago. Vivín en Lugo, non en Santiago….e eu non vexo un PSdG por ningún lado. E, dende logo, declaracións como as que acaba de facer Touriño non axudan precisamnte. Lamentables, ainda que penso que na súa liña habitual e esperable (por desgraza). Quen me dera que tivesemos un PSC en Galicia!. Entón estariamos a falar doutro país.

    7. Isabel comenta: 27 Nov 2009 a las 16:51

      Bradomín,

      Non te poñas tan prosaico con ese nome

    8. Isabel comenta: 27 Nov 2009 a las 16:55

      Continuando co anterior, Bradomín,

      A min ao escoitalo non é que me entren ganas de invadir Polonia, pero polo menos certa nobreza parece que se reclama.

    9. Bradomin comenta: 29 Nov 2009 a las 04:53

      Venme á memoria a serie “Norte e Sur” (1985). Nunha das súas escenas, mentras partillan serán, dous cadetes de West Point, amigos de armas, desenvolven o estado emocional que os levará a se posicionar en bandos enfrontados nun futuro que xa era presente.
      Non se trata de conquistar territorios físicos, nin de incitar a secesión algunha, pero creo que nestas veladas, ata non hai moito, certas opinións diluíanse en prolongados silencios porque falar de identidade é tocar cerna.
      Concordo en que se desexe nobreza, pero “nobreza obriga”, segundo a máxima anglosaxona e por estos lares, a nobreza “reclama e fai valer privilexios”.
      Non sei porqué teño para mín que a idea de identidade vai tan ligada á de irmandade.
      En calquera caso os tempos presentes non veñen ben dados para a lírica, por desgraza.

    Deja tu comentario

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Revival del 96: a por ZP

En el anterior post tocaba ya el tema en lo relativo a las encuestas, ahora voy a otros aspectos. Dice José Blanco [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Entonces, Mariano, ¿cabía o no John Felipe en España?

Resulta que John Felipe, ya en su féretro, es para la derecha un modelo de integración de los inmigrantes en España. [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

Desorden en el gobierno

Estamos viviendo unas últimas semanas de crítica constante y unánime al Gobierno de José Luis Rodríguez Zapatero. [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Gracias a Calidonia

Gracias  a  Calidonia  polo  seu comentario  e  crítica  ao  post  anterior. A  súa  desconfianza  en  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Denok Bilbora Egunkariaren alde!

Andoni Egañak Egunkaria auzia izan zuen hizpide igandean BECen Bertsolari Txapelketa Nagusiko finaleko agurrean, [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera