O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 20 Nov 2009

    Declaración do Consello da Cultura Galega

    CONSELLO DA CULTURA GALEGA

    PROPOSTA INSTITUCIONAL SOBRE A LINGUA

    GALEGA AO PARLAMENTO DE GALICIA

    1.


    Segundo a Lei do Parlamento de Galicia que o creou, que pola súa vez desenvolve un mandato do Estatuto de Autonomía de Galicia (art. 32), o Consello da Cultura Galega é un organismo oficial da nosa comunidade autónoma que ten como  finalidade principal a defensa e promoción dos valores culturais galegos (Lei 8/1983, do 8 de xullo, art. 1º). Entre as competencias que lle atribúe a dita lei cóntanse a de “fomentar a lingua e a cultura galegas” (art. 6º, a) e a de “elevar aos poderes da Comunidade autónoma informes e propostas a favor da defensa e promoción” dos

    devanditos valores culturais (art. 6º, e).

     

    Ante o intenso debate social e político que se está a producir en Galicia arredor das políticas relacionadas coa lingua galega, en exercicio da responsabilidade e das atribucións que a Lei lle confire, o Consello da Cultura aproba o presente memorando para a súa consideración por parte do Parlamento de Galicia, da Xunta e da opinión  pública galega.

    2.

    O debate sobre as linguas en Galicia foise intensificando nos últimos anos e acabou derivando nunha controversia política e social envolveita nunha excesiva virulencia,  e polo mesmo, ao noso entender, seriamente prexudicial para os intereses xerais do país. Sen dúbida, as discusións públicas son benvidas, como síntoma tanto da vitalidade da nosa democracia canto da preocupación, amplamente espallada na nosa sociedade, sobre os camiños máis acaídos para ordenar a nosa convivencia, procurando un estatus de normalidade á lingua propia de Galicia, sen mingua dos dereitos dos cidadáns e cidadás que teñen como lingua habitual o castelán.

     

    O que resulta negativo e ata pernicioso para o clima social, e particularmente para o idioma galego, é que os ditos debates dexeneren en polémicas irracionais, nas cales se chegan a poñer en cuestión as bases sobre as que se sustenta a nosa identidade e  cohesión social, e incluso a propia lexitimidade das políticas de promoción do galego.

     

    En concreto, a asociación entre o idioma galego e a imposición, dunha banda, e o idioma castelán e a liberdade, da outra, resulta unha groseira falsificación da realidade que carece de toda base na historia, remota e recente, do noso país.

     

    Estamos cabalmente convencidos de que o obxectivo de arranxar unha organización equitativa da nosa convivencia lingüística, claramente sinalado na nosa lexislación, non só é compatible cun esforzo sostido a prol da promoción do idioma galego como lingua propia de Galicia (tal como sinala o Estatuto de Autonomía), senón que o  esixe, pois esta (a lingua galega) precisa dun apoio especial para superar a súa posición actual de desvantaxe, resultado do maltrato que recibiu no pasado.

      Aínda máis, temos a certeza de que a convivencia das dúas linguas oficiais de Galicia, galego e castelán, non é unha fonte de problemas e complicacións, senón un potencial de fortaleza e de riqueza da nosa sociedade. O galego e o castelán son recursos valiosísimos para Galicia, e a igualdade plena entre  eles constitúe un reto de futuro que debemos saber afrontar. Un reto inseparable da

    necesaria capacitación da poboación galega en linguas de difusión internacional, nomeadamente o inglés e o portugués, isto é, na difusión da competencia plurilingüe que vén esixida polas novas tendencias do mundo contemporáneo.

    3.

    O fomento dun clima de controversia social e de enfrontamento entre falantes dunha e outra lingua, o discurso da acusación e da sospeita constante contra o galego, deben ser substituídos por unha atmosfera de debate sereno e informado e pola procura de  acordos amplos que permitan restablecer unhas bases sólidas desde as que encarar un  desafío e un proceso históricos, como é o da recuperación do galego. Será imposible  avanzar cara a este obxectivo a base de improvisación e da imposición, de medidas que non conten cun amplo consenso político, social e institucional.

     

    Somos conscientes de que o problema da lingua non se esgota nas medidas das  institucións públicas nin no ámbito dos programas e debates políticos, senón que é unha cuestión que atinxe á sociedade no seu conxunto. Resulta indiscutible que a responsabilidade sobre a recuperación da lingua debe ser partillada polo conxunto do  país. Dito isto, non deixa de ser certo que, tal como establece a lexislación vixente, os  poderes públicos están investidos dunha responsabilidade especial. En particular, á Xunta de Galicia corresponde exercer o liderado dese proceso de recuperación e  dignificación do idioma galego, como está inequivocamente plasmado nas nosas leis.

     

    4.

    Ao entender do Consello da Cultura Galega, as liñas xerais da política lingüística en Galicia deben apoiarse nunhas bases firmes, que non son outras que un amplo  consenso social e político –coma o que serviu de base para a aprobación no seu día da  Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua  Galega–, e o respecto ao conxunto da nosa lexislación lingüística básica, en particular  a devandita Lei de Normalización Lingüística. Nela queda asentado que o galego,  como lingua propia de Galicia, é a que a representa politicamente.

     

    Será oportuno lembrar os artigos que constitúen o espiñazo desta Lei:

    Art. 1.- “O galego é a lingua propia de Galicia.”

    Art. 4.- “O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade autónoma, da súa Administración, da  Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade  Autónoma.”

    Art. 10.- “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.”

    Art. 12.- “O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial en

    tódolos niveis educativos.”

    4

    Art. 18.- “O galego será a lingua usual das emisoras de radio e televisión e nos

    demais medios de comunicación social sometidos a xestión ou competencia das institucións da Comunidade Autónoma.”

     

    Art. 20.- “Serán obrigas da Xunta de Galicia:

    1. Fomentar a produción, dobraxe, a subtitulación e exhibición de películas e  outros medios audiovisuais en lingua galega.

    2. Estimular as manifestacións culturais, representacións teatrais e os  espectáculos feitos en lingua galega.

    3. Contribuír ao fomento do libro en galego, con medidas que potencien a produción editorial e a súa difusión.”

    En concreto, no ámbito do ensino, a Lei de Normalización Lingüística marca uns límites e uns obxectivos que necesariamente enmarcan a acción do goberno:

    a) os rapaces e rapazas teñen recoñecido o dereito á primeira escolarización e

    alfabetización na súa lingua materna (art. 13, 1)

    b) ao remataren os ciclos de ensino obrigatorio, os estudantes deben posuír

    unha competencia equiparable nos dous idiomas oficiais (art. 14,3)

    c) o alumnado non pode ser separado en centros nin aulas diferentes por  razóns de lingua (só se admite a separación por aulas con carácter

    excepcional) (art. 13, 3)

     

    En relación co Plan Xeral de Normalización Lingüística, o seu valor como punto de referencia queda de vulto ao ter en conta que foi aprobado por unanimidade polo  Parlamento de Galicia en 2004, gobernando o Partido Popular, e ratificado tamén por unanimidade en outubro de 2008, baixo un goberno de coalición PSdG-PSOE /BNG. Por tanto, foi aprobado en dúas ocasións por unanimidade, baixo gobernos de  distinto signo político.

    * * *

    5.

    En consecuencia, o Consello da Cultura Galega, que desde a súa fundación vén  realizando sucesivos informes e traballos sobre esta cuestión, considera necesario  trasladar ás institucións e á opinión pública as seguintes consideracións:

     

    A) As liñas mestras da política lingüística en Galicia, e calquera modificación

    substantiva da normativa legal vixente, deben ser arroupadas por un amplo consenso  político, social e institucional. Un consenso necesario porque a lingua é unha cuestión que forma parte esencial da autonomía galega, e debe permanecer a resgardo dos  vaivéns políticos e dos cambios de goberno.

    B) Calquera que sexa a orientación adoptada polos gobernos galegos no ámbito da  política lingüística, en ningún caso se deben tomar medidas que supoñan pasos atrás  no proceso de recuperación do galego como lingua propia de Galicia, co obxectivo de  situalo en pé de igualdade co castelán.

    C) Os responsables políticos en xeral e o goberno galego en particular deben impulsar un discurso público en que o idioma galego deixe de formularse en termos de problema  e pase a comprenderse en termos de recurso ou activo social. A coexistencia de dúas  linguas oficiais en Galicia non é nin debe contemplarse como unha fonte de  complicacións, senón como unha riqueza e unha oportunidade para o noso país, na  medida en que a posesión dunha lingua propia reforza a nosa identidade, nos socializa  arredor dun proxecto común e nos sitúa perante o escenario da globalización e dos novos tempos, co conseguinte valor económico, político e social.

     

    D) Na procura dunha política equilibradora da posición e da consideración social do  galego, e como garantía da capacitación nel das novas xeracións, o goberno galego debe dispor dos recursos necesarios (económicos, tecnolóxicos e humanos) para o seu  eficaz desenvolvemento. Estas actuacións non deben reducirse ao ámbito educativo (a pesar da súa importancia capital), senón que deben ir dirixidas ao conxunto da  sociedade, procurando concitar a colaboración activa dos axentes civís. O funcionariado e o conxunto das institucións e servizos públicos deben estar suxeitos a  especiais obrigas de capacitación e de uso do galego, en función dos dereitos que os cidadáns (os galegofalantes igual ca os castelanfalantes) teñen recoñecidos.

     

    6.

    Á vista das consideracións devanditas, o Consello da Cultura Galega, en uso da  facultade de asesoramento aos poderes públicos que a Lei da súa fundación lle atribúe, ACORDA, na súa sesión plenaria celebrada o día 17 de novembro de 2009, dirixirse ao Parlamento de Galicia, para propoñerlle que promova a constitución dunha Comisión Parlamentaria que, oídas as  institucións, colectivos e expertos que  considere oportuno convocar (e se así o require, co asesoramento do propio Consello  da Cultura Galega), elabore unha proposta de desenvolvemento consensuado do Plan  Xeral de Normalización Lingüística, proposta que debera elaborarse nos próximos  meses e ter como horizonte de aplicación a presente lexislatura.

    Ao tempo, o Consello da Cultura Galega fai un chamamento á intelixencia e á

    xenerosidade das formacións políticas, tanto no goberno coma na oposición en

    diferentes institucións, para unir vontades arredor dun valor social, o idioma propio, que debe ser sempre causa común e integradora, nunca motivo de discordia e  confrontación.

    En Santiago de Compostela, a 17 de novembro de 2009

    Categorías

    • Cultura
    • Política
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame

    5 comentarios to “Declaración do Consello da Cultura Galega”

    1. El voto con botas » Blog Archive » El CDCG habla y pide paso en el debate comenta: 20 Nov 2009 a las 19:41

      [...] declaración del Consello de Cultura Galega (puede leerse y bajarse en su página Web o en el blog de Antón Baamonde, aquí mismo, por eso no voy a repetir el texto, que sería redundante) sobre la lengua. Andaba yo [...]

    2. a furada do trasno comenta: 22 Nov 2009 a las 07:38

      Unha breve ollada, pretendidamente desapaixoada, sobre o problema da lingua

      Vaia por diante que sendo como son completamente lego en materia filolóxica e sociolingüística este comentario non ten máis valor que a opinión dun cidadán común deste país. Espero saiban disimular o atrevemento.

      Anticipo tamén que comparto tódalas accións e movementos en defensa do galego. Sen embargo, aínda entendendo que este tema ten un evidente interese político-electoral, a min particularmente, non me interesa esta vertente. En moitas ocasións teño a impresión que, tamén neste asunto, o debate social formúlase ao nivel das paixóns máis primarias e, polo tanto, máis irracionais.

      O goberno ten que exercer unha discriminación positiva a prol do galego que debe reflectirse na administración e especialmente na educación -totalmente en contra, pois, da modificación do decreto-. Non é de recibo, entón, a actitude hostil que amosan algúns -bastantes- membros do goberno. Nin que se patrocinen iniciativas socioculturais que desprecen o idioma, como se publicaba hoxe que ocorreu cunha páxina web de cociña patrocinada pola Consellería de Cultura.

      Penso, porén, que deberíamos impornos o esforzo de analizar o problema cunha perspectiva de máis longo prazo para tratar de identificar as verdadeiras causas do retroceso no número de falantes.

      Porque, non nos enganemos, o esforzo que se leva feito a prol do galego dende a instauración do goberno autónomo é obxectivamente moi importante. Educación, administración, tvg, investigación, mundo editorial, audiovisual, musical, etc. Sen embargo, o número de galegofalantes diminúe de xeito constante dende hai vinte e cinco anos.

      Semella pois que o verdadeiro problema está nos criterios de elección individual que cada un de nos temos a respecto do idioma a utilizar.

      E aquí coido que hai dous asuntos clave. O primeiro ten que ver coa presión que o idioma dominante exerce sobre o minoritario. E isto que ocorre tamén co inglés a respecto do español, incluso co español en relación ao portugués, con moita máis forza o sofre o galego nunha nación sen estado e sometido polo tanto ao influxo enorme de todo o español -medios de comunicación, administración, educación e relacións sociais-. Teño exemplos moi próximos de rapaces criados en galego que a medida que se van socializando -escola, amigos- pásanse ao español.

      O segundo asunto, o fundamental, ten que ver coa autoidentificación que fai a maioría da poboación, que sente que pertence a España e non a Galicia. Falaba eu no post anterior -caixas de aforros e conciencia de país- que boa parte da cidadanía séntese cómoda coa homologación de Galicia como unha región autonómica española máis, alonxándose, nos últimos anos semella que definitivamente, da consideración de nación que manteñen Cataluña e Euskadi. Xa sei que isto ten a súa orixe en moi profundas razóns históricas nas que non é o momento de entrar agora. Mais, en tanto non se modifique este sentido de pertenza, avanzaremos cara a un estatus de reduto étnico folclórico para o galego. Eu non quero un idioma de museo.

      Trátase, pois, en último extremo dun problema de elección política. Mentres o nacionalismo represente en Galicia só o 15% dos votos, e baixando, o galego como idioma vai camiño do ghetto.

    3. Galizauberalles » Anuncios varios comenta: 23 Nov 2009 a las 06:03

      [...] Consello da Cultura Galega elabora un manifesto polo galego. E tamen unha comisión de seguimento do plano de [...]

    4. Xosé Gundín comenta: 29 Nov 2009 a las 15:50

      O CCG usa tranquila reflexión, deixando constructivamente de dicir cousas que serían certas máis poderían feriir, para chegar ó seu acordo final: proporlle ó Parlamento a formación dunha comisiíón parlamentaria (=interpartidaria) que…elabore proposta de desemvolvemento consensuado do PXNL..(para) a presente lexislatura.
      O cerne da súa proposta parece estar na palabra “consensuado” = deixense de polémicas que fan mal e póñanse de acordo.
      Sería unha alegría que o Parlamento viñera á proposta do CCG. Saberémolo en pocas semanas, tempo que dan para a presentación do novo decreto .
      Pero como agora mesmo non temos certeza do que será deberíamos preguntarnos, e si é que non, ¿qué facemos?. O que non debe pasar é que o peor -non se negará que é posible- nos colla desarmados.

    5. Xosé Gundín comenta: 29 Nov 2009 a las 16:12

      a furada do trasno:
      Creo pódese dar por certo que de propia iniciativa PP e PSOE non cheguen a seren hoxe os brazos políticos que empurren con ganas a recuperación do galego.
      Agora supoñamos que o nacionalismo político se recuperar. Seguramente gastaríase máis preocupación, palabras e diñeiro no asunto; e eso ¿produciría de necesidade unha recuperación da lingua?. Pode que si, pode que non.
      A vontade política im- ou explícta parece necesaria, pero a elección partidaria non garante…A relación causa-consecuencia non parece tan sinxela.
      Oe: cun ferro que tivese de longo un 15% do da vara pódese facer un estupendo aguillón. O malo é cando non hai ferro.

    Deja tu comentario

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Tomás y Trini: una obra de arte

Miraba y escuchaba esta madrugada 59 segundos, que siempre me parece un programa bien hecho y equilibrado de opinión, [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

El verano sólo fue un paréntesis

Finalicé el último artículo, recordando los dos “dolores de cabeza” a los que se enfrentaban los grandes [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera