http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/
COMUNICADO DE GALEGO PATRIMONIO DA HUMANIDADE
A xuízo de Galego Patrimonio da Humanidade a recente sentenza do Tribunal Supremo que falla contra o pai do colexio vigués “Los Sauces” que solicitaba que o seu fillo fose integramente educado en castelán reforza a constitucionalidade da Lei de Normalización Lingüística e, indirectamente, do decreto que o anterior goberno bipartito aprobou en orde a garantir a igualdade entre galego e castelán no marco educativo.
A sentenza revalida a doutrina do Tribunal Constitucional e pon en evidencia que a hipótese da exclusividade do uso do castelán no sistema educativo sería un acto de discriminación atentatorio contra os valores consagrados no actual marco xurídico. Pon en evidencia tamén ao Consello Consultivo de Galicia que elaborou un nesgado informe contra o decreto agora vixente utilizado de modo partidista contra o goberno bipartito. O fallo revela o carácter pre-constitucional das reivindicacións dos grupos que pretenden a hexemonía do castelán, como Galicia Bilingüe e, polo mesmo, a campaña de falsidades que o Partido Popular avalou na campaña electoral, dándolle crédito ás posicións máis radicais e intransixentes.
En vésperas da aprobación do novo decreto que substituirá ao anterior esta sentenza constitúe unha chamada de atención e, de feito, un tirón de orellas ás promesas de Núñez Feijóo aos sectores castelanistas máis recalcitrantes. En particular a segregación dos rapaces por idioma atenta contra o Estatuto de Autonomía e o marco educativo vixente.
Galego Patrimonio da Humanidade lamenta que o Partido Popular teña ido tan lonxe dos principios constitucionais só por disputar un puñado de votos con UPyD e por darlle satisfacción a un sector moi minoritario dos pais. É o propio Núñez Feijóo quen terá que saír polos seus propios medios dun conflito que alentou e promoveu, dándolle pábulo á falsa idea da imposición lingüística voceada dende certos medios de comunicación interesados. Que un goberno se sitúe contra o idioma do propio país é algo insólito que a cidadanía, como así o fixo, non pode máis que contestar.

Subscríbete por e-mail!




Teimades -e chorades- pq o PP teña ido tan lonxe…”SÓ por disputar un puñado de votos con UPyD…”.
¿Nunca pensastes que o actual PP viaxa por conta propia, por propios criterios e obxectivos?, existira ou non UPyD.
Hai unha diferencia, e ten consecuencias.
Magnífica e oportuna noticia, esa STS.
Pero eles están decididos a seguir perseguindo os seus -non de UPyD, senón seus- obxectivos e buscaranlle a volta. Xa logo verémolo.
Sería útil colocar no blog o texto da sentenza. Coñecelos seus detalles, para cheirar por onde estará a volta.
Xosé,
A sentencia pódese consultar en A Nosa Terra de hoxe:
http://www.anosaterra.org/media/media0000019010.pdf
Un saúdo
Graciñas, Bataneiro.
A STS é de inadmisibilidade dun recurso de casación ante o Supremo dunha anterior sentencia do TSXG. Quería o recurrente que a un seu fillo díraselle todo en castelán. Parece que a sentencia deixao todo como estaba s/LNL.
Se todo sigue igual, é de esperar que eles tamén seguirán igual, por onde ían.
Faro d Vigo: “El PPdG rechaza que choque con la consulta a los padres el fallo del Supremo que niega la elección paterna de la lengua”.
La Voz: “El Supremo desestima el recurso de un padre por la educación solo en castellano. Vázquez cree que la sentencia no modifica cuestión alguna del decreto sobre el gallego”.
Libertad Digital: “¿Quien filtró el fallo manipulado?…. El Supremo no cuestiona el derecho a elegir la lengua en la enseñanza…Las quejas de padres por la imposición del gallego se mantienen con Feijóo”.
Pois si, parece que todo igual.
Todo igual ou peor…http://www.anosaterra.org/nova/a-tvg-admite-que-buscou-un-debate-hostil-con-callon-.html
Así estamos que nos van fundir tamén AS CAIXAS, que ainda a día de hoxe suman cartos dos emigrantes ó uso, e dos novos emigrantes que ainda os seguemos a ter.
Coa CAM Valenciana…onde goberna Camps?.
Coa Caixa Madrid…onde gobena a Aguirre?.
E Gayoso e Méndez tan tranquilos.
Pero que País é este en que se está a xogar coa Economía do Futuro de Galiza, e tanto Mendez como Gayoso non dan unha simples ou mínima explicación.
E unha volta mási de torca que temos que aturar?.
Desmantelannos o País e non pasa nada?
Que fai Feijóo que cala sobre este tema?.Está a traballar como Presidente de Galiza?E que está supeditado ao PP de Madrid tamén nesta cuestión?.Que eu saiba non é Presidente da Comunidade de Madrid…ou é que quere facerse con Madrid coas NOSAS CAIXAS?