O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 15 Nov 2009

    O 14 de Nov. e GPH noutros medios

        Nun  post  anterior  damos  conta  do  acto   do  sábado  14  de  Novembro  de  Galego  Patrimonio  da  Humanidade,  dos  agradecementos  que  debemos  a  tanta  xente  e  tamén de  como  foi  cuberto  por  alguns  medios.

       Mariló,  que  aproveita  para  darnos  os  parabens,  fai  constar  nun  comentario  que  o acto  tivo  rexistro  tamén en El Progreso  http://elprogreso.galiciae.com/nova/42933.html e  foi  especialmente  ben  cuberto  no  Galicia  Hoxe  http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=487689   no  que  ocupou  a  portada  -información  moi  ben  redactada,  por  certo  e  con  grande  simpatía-.

      El  País  adicoulle  un  espazo  significativo  ao  evento  do  Teatro Principal,  como veu  facendo ata hoxe  http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nuevo/espacio/evitar/gallego/paso/elpepuespgal/20091115elpgal_7/Tes   

     La  Voz  de  Galicia,  no  entanto,  http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/11/15/0003_8108340.htm  refireuse  a  el  só  na  edición  de  Santiago,  cun relevo  nulo,  presentando  o  evento  como  un  “debate”  e,  de  feito,  ocultando  a  súa  existencia  a  todos  os  galegos  non  residentes  en  Compostela. 

       Coma  El  Progreso,  os  outros  diarios  do  mesmo  grupo  -do  que  forma  parte  tamén  AGN- ou  sexa  Diario  de  Pontevedra  http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/42933.html   e  tamén  Galiciaé http://www.galiciae.com/nova/42933.html informaron  do  acto  de  forma  razonable,  dada  a  centralidade  que  nos  últimos  meses  posúe  a  cuestión.

      A  conclusión,  ao  parecer,  é  esta:  Prensa  Ibérica  -Faro, La  Opinión  de  A  Coruña-  non  cubriron  o  acto. Para  eles  non  existíu. Ao  parecer,  carecía  de  importancia. O  xornal  de  Vigo,  como  se  sabe,  é  especialmente  receptivo  aos  planteamentos  de  GB  e  da  dereita  local  -ós  Alvariño  e  outros  empresarios  hoxe  instalados  no  Club  Financiero  vinculados  ao  PP  dende  sempre-.

    En  La  Voz  de  Galicia  e  El  Correo  Gallego  a  táctica  foi  similar:  no  primeiro  caso  relegalo  a  un  espazo  menor  nas  páxinas  de  Santiago  -un  asunto  local para  unha  “discusión”  sobre  o  galego-. No  segundo,  metelo  en  Galicia  Hoxe  no  estante  dos  previamente  interpelados. Dado  que  TVG  informou  do  acontecemento  sempre  lle  cabe  a  un  considerar  se  se  trata  dunha  consigna  ou  de  “exceso  de  celo”.

       En  todo  caso, ¿ Cal  é  o  sentido  desta  política ?. Evitar  que  o  público  maioritario  se  entere  de  que  a  defensa  do  galego  non  só  é  asunto  de  nacionalistas  e  que  lle  chegue  á  opinión  pública  a  mensaxe  da  rara  extravagancia  que  representa  o  feito  de  que  un  goberno  se  dedique  a  destruír  un  ben  que  debería  de  protexer.

      Feijóo  e  o  seu  goberno  non  difiren,  neste  aspecto,  dos  bárbaros  que,  despois  dunha  noite  de  botellón  se  dedican  a  estragar  o  mobiliario  público  levados  pola  borracheira  -neste  caso,  cheos  de  histeria  e  arrogancia,  abducidos  pola  escasa  vida  intelixente  de  Intereconomía,  El  Mundo  e  outras  fontes de  propaganda  conservadora,  entre  as  que  cabe  destacar  Galicia  Bilingüe, a  plataforma  local  de  UPyD-.

      Son  como  nenos  malcriados  aos  que  acaso  lles  viría  ben  unha  educación  máis firme. Tal  vez  os  seus  pais  foron  demasiado  condescendientes  con  eles. Eses  nenos  tiran  das  estupideces  neoconservadoras  da  FAES  e  enchense  a  boca  da  palabra  “liberdade”  tanto  como  o  fixeron  Bush  e  Aznar  xa  sabemos  para  qué:  para  restrinxir  as  liberdades  e  darlle  máis  poder  aos  plutocratas.

       Non  creo  que  a  ninguén  se  lle  escape  que  non  é  precisamente  a  liberdade  o  que  máis  aman. Usana  só  a  comenencia,  para tapar  fins  máis  inconfesables.  

    A presenza  dos  secretarios  xerais  de  CCOO, UXT,  dunha  ampla  representación  do  PSdeG,  a  propia  fórmula  dun  espazo  de  transversalidade  e  diálogo  que  nace  da  sociedade  civil  debera  de  ser  máis  noticia  -aínda  contando  coa  presenza  de  Fran  Caamaño  na  manifestación  do  18  de  Outubro-  do  que  foi  (aos  nacionalistas  neste  tema,  como  aos  soldados  na  antiga  mili,  valor  se  lles  supón ) .

      Pero  o  mundo  está  máis  tranquilo  se  cada  ovella  está  coa  súa  parella. Á  dereita  interesalle  ese  achicar  espazos  -a  un  certo  nacionalismo tamén,  todo  hai  que  dicilo-  porque  confirma  as  súas  estratexias  argumentativas  e  favorece  a  progresiva  ghetificación  do  galego,  que  é  do  que  se  trata,  en  definitiva…

    Categorías

    • Cultura
    • Política
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame

    15 comentarios to “O 14 de Nov. e GPH noutros medios”

    1. arume dos piñeiros comenta: 15 Nov 2009 a las 05:35

      A táctica de EL correo gallego de deixalo para Galiza-Hoxe é todo un síntoma do que comenta vostede. Esa é a triste realidade.

    2. arume dos piñeiros comenta: 15 Nov 2009 a las 05:57

      É o exemplo máis acaído de diglosia xornalística.

    3. Xosé M. González comenta: 15 Nov 2009 a las 06:59

      Parabéns polo acto e o éxito. Bo resumo da cobertura mediática e análise co que coincido bastante; cun matiz que é demanda de precisión: penso que no nacionalismo político, arestora, ninguén está polo achique de espazos. A presenza eminente de Carlos Callón noutros actos que non son os da súa ‘corda’ constitúen un aceno e mostra de intelixencia que sería de xustiza recoñecer.

      Por moito que eu concorde, agradeza e me sitúe en espazos que procuren a participación cómoda de todo o que queira facelo (dito doutra maneira: que o compromiso e entrega -pertinente e permanente- dos nacionalistas non quede aparentemente como única actividade en prol do galego), non sei se resultará moi rendible pórlle ramo ou punta distanciando indebidamente xusto aos que máis convocan e agora tamén desde a pluralidade. Puntualización, esta miña, que ten o seu reverso: o que si se encontra nalgún dirixente -se un pon oído en conversa particular, ou non tanto- é como un certo receo ou encabuxamento por que a cousa non leve sentido ou carreiro único; cousa particular, debo pensar de momento, e coincidente en certo sentido da exclusividade: non do achique, para nada.

      Noutra orde de cousas: non estiven no acto por escasez de tempo e presunción fundada de que o recinto rebordaría aínda sen min; pero se fose en Lugo, seguro que ía. Entendo que hai que realizar actos igualmente relevantes, como mínimo, nas cidades da Coruña e Vigo. Urxe proxectarse ao país, que o inicio simbólico xa, exitosamente, pasou.

    4. xos comenta: 15 Nov 2009 a las 09:33

      Si, actos en Vigo e na Coruña son imprescindibles. A ver se o Faro, por exemplo, nese caso di algo.

    5. Henrique Monteagudo comenta: 15 Nov 2009 a las 11:11

      Si, está claro que algúns medios non queren ver, nin queren que se vexa, que a táctica feijoiana de presentar o galego como cousa dos nacionalistas descansa nun preconcepto falso.
      As precisións de X. M. González son moi a ter en conta. Espero que no acto quedase claro algo que nós temos e queremos deixar claro: estamos por un novo discurso sobre o galego, en clave non exclusiva nin excluintemente nacionalista, pero un discurso que pretendemos construír co nacionalismo, e non contra o nacionalismo. Afortunadamente, no nacionalismo galego a necesidade dun tal discurso é amplamente (aínda que non unanimemente) compartida. Con tempo, tacto e intelixencia, todo se andará.
      Unha cousa que quería engadir ao atinadamente sinalado por Antón: a resposta de todas e cada unha das persoas e institucións que foron requiridas para colaborar foi magnífica. Para min está claro que na sociedade civil hai ganas de facer algo, a xente móstrase encantada de axudar, e sorpréndeme que non consigamos atopar o xeito de canalizar esa enerxía. Desde logo, o ideal sería facer actos ao menos na Coruña e Vigo. En vista de que a fórmula ‘comicio cívico’ funcionou tan ben, temos que atopar cómplices das dúas cidades para montar algo parecido. Pero, uf! agora tócanos un chisco de lecer.

    6. GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE » O acto cívico «Lingua de liberdade» nos medios comenta: 15 Nov 2009 a las 17:38

      [...] Valoración da repercursión nos medios do acto cívico «Lingua da liberdade» de Antón Baamonde en Café na Trincheira e reflexión sobre o significado do mesmo. [...]

    7. Galeano comenta: 16 Nov 2009 a las 00:59

      A clave para o galego pasa polo poder económico e político. Os que viven en Santiago, no gheto intelectual, pensan que nada cambiara co Bipartito. Os que vivimos no centro do castelanismo coruñés sabemos que iso non era certo. Sabemos que co Bipartito algo estaba a cambiar, pero que non se lle deu tempo. Agora vivimos a forte reacción. Creo que en Santiago hai un problema de percepción do país.
      En canto á presencia do nacionalismo no acto compostelán creo que o que dí Xosé M.González é perfecto. Penso que en Santiago siguen sin enterarse do verdadeiro problema: o PSOE galego (eu sigo sin ver PSdG por ningures). De novo pensan que Santiago é Galiza, pero os poderes económicos falan castelán e maiormente o PSOE galego fala castelán. Mentres Losada, Moreda ou Abel Caballero non falen galego, nada cambiará no PSOE. Ese é o verdadeiro PSOE.
      Por certo, co Bipartito Losada estaba empezando a falar galego. Coa nova Xunta xa nunca. Iso é o que hai que ver.

    8. abretedeorellas comenta: 16 Nov 2009 a las 04:59

      Concordo ben con “Galeano”.
      A Coruña, Vigo e Ferrol son realidades bastante alleas a esta loita argallada desde Compostela (algo lóxico, por outra parte) e que agora cómpre amplificar. Sen dúbida, a influencia de La Coz a Galicia, e o Non Falo é tremenda e, neste caso, ben negativa. O que non sae neles, é minoritario, anecdótico ou non existe.

    9. Isabel comenta: 16 Nov 2009 a las 07:15

      Hai veces que hai loitas pequeniñas noutros sitios. Interesante a Asociación de Veciños da Cidade Vella da Coruña (dicer neste caso A Cidade sería abusar) deslexitimando a campaña de recollida de sinaturas da Federación polo topónimo La Coruña.

      A ver se a iniciativa se extende a outras asociacións de veciños da cidade,

      Parabéns polo éxito.

    10. Pelouro comenta: 16 Nov 2009 a las 13:42

      Concordo, como non podía ser doutra maneira, coa insistencia de que o idioma galego é de tod@s e que a ecuación estricta entre a defensa do noso idioma e o nacionalismo non é positiva; agora ben, tamén me preocupa a mesma insistencia por parte de algúns en desligar ao nacionalismo desta defensa. Por que? Acaso imos culpabilizar a quen sempre defendeu -mesmo en solitario- o idioma galego e exculpar aos que sempre o negaron ou omitiron a súa defensa?. Non dubiden de que @s nacionalistas estariamos engaiolados de que todo o pobo se reapropiase do que é seu. Non me gustan as censuras, as autocensuras, nin os vetos. Coido que non é conveniente crear zunias frente á única forza política que sempre se pronunciou claramente sobre este tema. En calquer caso, haberá que preguntarlle a outras forzas políticas e sociais sobre o seu compromiso coa lingua galega e responsabilizalas cara actuacións futuras que non sexan antigalegas e/ou calculadamente ambiguas, non si? Porque, de momento, se censuramos ao nacionalismo galego, ignoro quen vai defender masivamente o galego.

    11. Xosé Gundín comenta: 16 Nov 2009 a las 14:28

      E por máis que se chorou polo PP antes e durante o acto, este non apareceu….Había quen botaba as contas da leiteira.
      A nosa lingua non é o lugar ideal residencia do Ben, a Verdade e a Beleza. É un lugar conflictivo de necesidade. Non que eu queira que o sexa; éo de seu. Para facer que o galego levante cabeza hai que vencer resistencias. As do PP, por exemplo.

    12. Xosé M. González comenta: 16 Nov 2009 a las 14:30

      Concordo bastante con este último comunicante. É adecuado que se fornezan instancias para comodidade de todos; en particular, dos que por diversos motivos non queren participar en iniciativas que asocian fortemente ao nacionalismo político. Ora ben: se por complicidade se lles dá a aqueles polo pé antinacionalista, ou se validan e estimulan tópicos inadecuados, para facer un amigo somos inxustos coa familia. Supoño que me explico, e onde non pódese matizar.

    13. Xosé Gundín comenta: 16 Nov 2009 a las 14:54

      Certo: a identificación estricta entre o didoma e o nacionalismo político -por tanto partidario- presenta algúns problemas. Sería ideal a súa superación ampliando o universo dos que falan e promoven o galego.
      Debemos querer e procurar que outros adopten o galego como a súa lingua normal. Pero son eses outros quenes teñen que tomar tal decisión, se queren. E os nacionalistas non lle lo prohiben. Penso en especial nos que no PSOE dinse galeguistas: ¿a que esperan para collelo seu sitio a partiren de si mesmos?. Non teñen que disculparse con ninguén; teñen que tomalas SÚAS decisións. De nada.

      Do PP nada digo, que pouco espero.

      Outra cousa: merecen ser apreciados aqueles, normalmente galeguistas confesos e nacionalistas, que mantiveron o candil aceso. Non teñen máis dereito que outros, pero tampouco reñer agora coeles polo aquel da universalidade. Fixeron o que debían cando ninguén máis o facía. Honra a eles.

    14. Xosé Gundín comenta: 16 Nov 2009 a las 14:59

      En calquera caso, parabéns polo acto.

    15. Eco de Ponte Caldelas comenta: 18 Nov 2009 a las 07:08

      Por razóns de hixiene sanitaria, compre organizar un acto cívico no García Barbón de Vigo.

    Deja tu comentario

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Nuevo curso en Madrid y en Galicia

Metido ya en harina madrileña, y refrescado por una lluvia fina que cae sobre la capital del reino, con una [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

A puertas de las elecciones autonómicas y municipales

Hola amig@s: he tenido algunos problemas de conexión con la página, que ya han sido resueltos. Por eso, hace varias [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera