O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 01 Set 2009

    Obxectivo 2013

      Antes  de  nada ! gracias  a  todos  aqueles  que  se  alegran  de  que  retorne  a  este  blog ¡. Sodes  xente  moi  amable  e  cariñosa,  chea  de  cortesía. Un  pracer  estar  en  contacto  con  vós  a  través  deste  medio ¡.

    O  PP  parece  pensar  que  Galicia  volveu  á  orde  natural  das  cousas. Dende  logo,  a  dereita  carece  de  complexos:  nos  cen  días  que  leva  no  poder  en  Galicia  non  tivo  inconveniente  en  facer  unha  enmenda  á  totalidade  da  herdanza  do  bipartito,  tanto  da  que  fora  boa  como  mala. Nótase  que  dan  por  feito  que  perdurarán  no  poder.

       No  entanto,  hai  que  lembrar  o evidente. A  diferenza  que  separa  a  PSdeG  e  BNG  dun  lado  e  PP  doutro  son  mínimas. Hai  máis  dunha  década  que  é  así. E  a  maioría  social  de  ningún  modo  está  garantizada  nin  para  tirios  nin  para  troianos. Tampouco,  por  suposto,  para  a  dereita.

      En  realidade,  hai  que  lembralo,  o  bipartito  non  gañou  polas  virtudes  propias,  senón  polo  desgaste  do  PP  despois  do  Prestige  e  a  provecta  idade  de  Fraga.

     Tampouco  agora  Feijóo  gañou  polas  súas  propias  virtudes  senón  polo  grande  esforzo  que  despregaron tanto  socialistas  como  nacionalistas  para  perder  as  eleccións. Sen  a  súa  división  e  o  espectáculo  da  loita  do  poder  polo  poder  que  daban  todos  os  días  eles  seguirían  aí.

       O  PP  fixo,  iso  si,  apoiado  na  Voz  e  outros  medios,  unha  campaña  electoral  marabillosa:  deixou  no  campo contrario  unha  estela  de  desconcerto  e  deu a  sensación  de  representar  a  maioría  social. Deixou  á  outra  Galicia  insegura.

      Esa  sensación  é  a  máis  perigosa. Que  retorne  o  tempo  en  que  todo  o  mundo  daba  por  sentado  que  Galicia  é  de  dereitas  e  que  non  hai  nada  que  facer.

      Non  cabe  dúbida  de  que  todo  o  esforzo  do  PP  tende  a  ese  fin.

       Agora  ben,  o  natural  -se  un  pode  falar  así-  é  que  o  bipartito  retorne  ao  poder  en  2013. Tal  e  como  é  Galicia  iso  sería  o  máis  probable. Sei  que  unha  afirmación  como  esta  non  parece  evidente,  pero  creo  que  é  a  que  se  desprende  da  evolución  do  país,  aínda  que  baixo  o  efecto  da  derrota  electoral  pareza  unha  idea  como  mínimo  arriscada.

    Categorías

    • Política
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame

    5 comentarios to “Obxectivo 2013”

    1. aL comenta: 01 Set 2009 a las 04:20

      Estimado Anton;

      O equilibrio verase dentro de un ano en 9 meses cando fechemos as municipais, incluso pode que Feijoo se leve un bo susto nas municipais -agas na coruña, ainda que iso depende do que faga con CXG-. Nembargantes as dubidas son:
      Sera capaz o BNG de ter unha alternativa crible? E o PSOE?
      Como defendera Feijoo o seu mandato co caos exietente…

    2. andresrguez comenta: 01 Set 2009 a las 06:03

      Polo momento, a TVG xa comezou o seu traballo, ninguneando á oposición e voltando os tempos de Fraga, cando non se sabía como se chamaba o líder da oposición no parlamento.

    3. Marcos comenta: 01 Set 2009 a las 08:18

      Pode ser que en dous anos Feijóo leve un pequeno susto, que no seu caso supón non gañar como é de agardar. A clave está na oposición. Pola banda do BNG xa poden ir espabilando, ter moito tino, traballo con xeito e de maneira construtiva e positiva e mirar un pouco máis cara aos movementos sociais (potenciándoos, non fagocitándoos). E, sobre todo, co tema lingüístico, hai que convencer, facer moita pedagoxía e derrubar as falacias.

    4. xOsse dorrío comenta: 01 Set 2009 a las 08:34

      Si que arriscas, si. Eu penso que Galiza é maioritariamente de esquerda, mais non confia nos dirixentes da esquerda, eu o primeiro. Iso non cambiará a curto prazo, polo que se ve, dada a continuidade da maioría dos dirixentes de ámbolos dous partidos, enmascarada pola pseudoretirada (posto que conservan os seus postos no parlamento) dos seus líderes.

      Esa falta de renovación, trala desfeita, continuaranna pagando nas vindeiras municipais (a primeira letra xa lle foi remitida nas pasadas europeas).

      Ah! E falando da recurrente influencia dos medios. Que influencia credes que tivo a TVG (por non falar de TVE, La Sexta, CNN+, El País e algún outro máis) nas pasadas eleccións galegas. Porque imaxino que moitos -moitísimos- dos votos socialistas son froito da manipulación deste ente,… que non só da influencia da Voz viven os galegos. Digo eu.

    5. *mOendo do Revés » Preguntas sen respostas comenta: 10 Set 2009 a las 15:12

      [...] a Antón Bahamonde, hai uns días na súa trincheira, que influencia cría que tivo a RTVG (por non falar de TVE, La Sexta, CNN+, Cuatro, Xornal, [...]

    Deja tu comentario

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Nuevo curso en Madrid y en Galicia

Metido ya en harina madrileña, y refrescado por una lluvia fina que cae sobre la capital del reino, con una [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

A puertas de las elecciones autonómicas y municipales

Hola amig@s: he tenido algunos problemas de conexión con la página, que ya han sido resueltos. Por eso, hace varias [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera