Galicia está perdendo peso demográfico a cada paso. A participación do seu PIB no total estatal está en pleno proceso de redución en lóxica coherencia co seu menor índice de crecemento. O novo modelo irá quitándolle parte do financiamento que ata agora lle correspondía -e que facilitou investimentos irresponsables por parte de gobernos mediocres-, e cabe tamén que perda as súas institucións financeiras -tal vez Caixa Galicia acabe sendo unha sucursal de Caja Madrid, en perfecta metáfora de por onde van os tiros-. Ademais, está no camiño de disolver os principais trazos da súa identidade histórica -incluído o lingüístico- e a indiferenza social avala a ausencia dunha discusión sobre un novo estatuto que puidera intentar limar algún destes aspectos.
Como o que avisa non é traidor, anuncio: de todo iso infírese que estamos ao comezo dunha inflexión. Galicia parece estar cruzando unha liña que a conducirá a converterse no bo tipo de comunidade autónoma, vista dende os ollos de El Mundo e tutti quanti: a que asume a súa condición de provincia sen maiores complexos ou prexuízos. Nos primeiros tempos da democracia o feito de ter aprobado, nas difíciles condicións da guerra, un Estatuto de Autonomía, validaba a súa condición de nacionalidade histórica e dáballa argumentos a aqueles que impediron que se aprobase o chamado Estatuto da aldraxe. Galicia, aínda con menos forza, parecía que podía ir no mesmo cesto que Cataluña ou o País Vasco.
Esa ilusión parece estar desvanecéndose. Nas condicións de hoxe teñen aparecido novos actores -Madrid, Andalucía, Valencia- que reducen o seu peso político. O PP de Galicia, o principal partido do país, renunciou a ser a CiU galega para converterse nunha versión sen matices de Génova, 13. O principal periódico do país recorre similar camiño e a opinión pública e os últimos resultados electorais non parecen desconformes con esa orientación global. Todo parece conformar unha imaxe coherente.

Subscríbete por e-mail!




¿E como chegamos a isto? Porque se nos din isto hai só un ano, alucinamos. Porque todo parecía indicar que mal que ben, Galicia encamiñábase cara a unha recuperación medianamente digna como ente político. Que pouco a pouco se podía traballar pola lingua, que a esquerda dominaba o poder, e que o nacionalismo político tiña un longo percorrido de cogoberno. Nas xerais do 2008, o PP só baixara en Galicia. E de súpeto, un puñado de votos (¿ou un puñado de abstencionistas?) dan un xiro completo ao devenir político social deste ¿país?, e que nos tempos de Obama, nós pasamos a un modelo privatizador do estado autonómico e antigaleguista. De que case recuperamos Fenosa a que podemos perder Caixa Galicia ¿Pero tanto cambiou a sociedade? Agora o nacionalismo parece perdido sen remedio. Ten que haber razóns de fondo, que se nos escapan. Entre outras, quizáis, o novo orgullo da dereita, e o orgullo de sentirse español claramente que non existía antes (identidade renovada que non inclúe as outras identidades, se fora así non habería problema). Estou atónito.
De blogue en blogue coincido con vos os dous: esu estou abraiado, non o creo nin batendo en mi. Que aconteceU? É certo que eu non pensaba isto hai só uns meses, logo que aconteceu? A enquisa que lanza LVdG confirma as vosas teorías.
Estará tamén perdida a nosa lingua?
Unha aperta
Eh! Non deamos nada por perdido. É bo saber que está pasando iso, pero non deamos nada por perdido antes de perdelo
Antón,non sei si cando esteé vertebrado o traxecto do Ave ,eso poida manter un raio de espranza.pero eu dende logo por momentos estou na linea de pensamento na que describes no teu parrafo do Post.. (( Galicia parece estar cruzando unha liña que a conducirá a converterse no bo tipo de comunidade autónoma, vista dende os ollos de El Mundo e tutti quanti: a que asume a súa condición de provincia sen maiores complexos ou prexuízoss)) .
Esto, baixo o meu punto de vista e moi forte,pero si analizamos a realidade(o Post e moi exhaustivo e moi reflesivo , analitico) vai encamiñado a verdade da situación da nosa terra,por as causas que sexan;,por outra banda temos unha “Galiza profunda”,morta,sen miolos ,e coa grande “folla parroquial”(A Voz de Galica) guiandonos como referente do que hai que facer..
¿Non será moi tarde pra ter opcións de darlle a volta a situación?
Apertas agarimosas
Como proceso histórico, se un considera a evolución nun ciclo de onda longa a cousa ven de antes do bipartito e chega ata hoxe con esa breve paréntese. As forzas de conxunto que operan apenas si distinguen partidos. O peso demográfico, económico, político de Galicia está en receso dende hai ben tempo.
Podía entenderse que coa vitoria do bipartito Galicia cruzaba unha raia e que podía comezar a formularse, dende o goberno, un proxecto autónomo de modernización. Non foi así: non hai que entrar agora a considerar as insuficiencias de perspectiva dos dous partidos -que continúan agravadas dende a oposición- e o seu reflexo no goberno.
Con todo, na miña opinión é unha anomalía que o PP gañase as eleccións. Hai dous motivos fundamentais que deteñen un certo cambio que reduza ou limite o alcance desa nova relacións de forzas tanto dentro do país como en relación ao seu peso no estado. Un é o sistema de medios, o outro ven dado pola ineficacia e a desorientación dos dous partidos.
[...] Baamonde, O café na trincheira [...]
[...] <!– @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } A:link { so-language: zxx } –>http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=442 [...]