O certo é que o novo goberno de Feijóo parece despistado en todos os terreos. Día sí, día non, anuncian iniciativas que non tardan vintecatro horas en desmentir. Dende o anuncio da Conselleira de Sanidade de que as persoas que están na lista de espera e non fosen operadas nun certo prazo serían atendidas noutras comunidades a costa do erario público galego ata a volta atrás na eliminación ou rebaixa dalguns impostos, a lista ameaza xa con facerse interminable. Se a prensa en Galicia fose menos acomodaticia podería sacarlle punta a esa aparente confusión reinante que atravesa todas as consellerías.
É un dato que podería atribuírse ao escaso nivel político e, ás veces, intelectual dos conselleiros ou, en todo caso, ao feito -do que agora podemos estar seguros- de que non entraba nas súas cábalas gañar as eleccións.
O mesmo poderiamos pensar acerca da súa errática posición acerca do galego. O nomeamento de Anxo Lorenzo parecía facer supoñer que desactivarían GB e as iniciativas máis belicosas entre as anunciadas. No entanto, sucesivos anuncios que só poden ser entendidos como provocacións -algunhas innecesarias, polo menos nas formas- inducen a considerar outra opción.
En particular, un podería chegar a pensar que, sobre este punto non hai ambigüidades. Ao fin e ao cabo, a dereita está intentando extender a mesma polémica, con diferentes formas, en todo o estado. En Cataluña, en Mallorca, ou en Galicia, os matices de diferenza son minimos. Así que cabe supoñer que se trata dunha típica estratexia neocon que busca dividir aos adversarios, provocar e agudizar as contradiccións no seu campo -o leninismo da dereita-, gañar a iniciativa ideolóxica e, en fin, todas as trampas que buscan o desestimento da opinión pública non conservadora…

Subscríbete por e-mail!




Recomendo a todos a lectura do artigo de Henrique Monteagudo no diario El País de hoxe. Hai que facer todo o posible por difundir o seú análisis da desfeita que o goberno do PP está a facer coa língua galega.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Danos/perdas/elpepuespgal/20090605elpgal_21/Tes
Un saúdo.