Segundo a información de “El País” que á súa vez cita a cifra da policía municipal reuníronse en Vigo arredor de 20000 cidadáns. http://www.elpais.com/articulo/espana/20000/vigueses/manifiestan/fusion/cajas/elpepuespgal/20100209elpepunac_34/Tes
No “Xornal de Galicia” a cifra elévase considerablemente http://www.xornal.com/artigo/2010/02/09/economia/multitudinaria-manifestacion-vigo-fuson/2010020920322900840.html mentres que, sorprendentemente, a esta hora o Faro redacta titulares de grande contención e comedimento http://www.farodevigo.es/galicia/2010/02/09/miles-personas-dicen-fusion/410207.html o mesmo que “El Correo gallego” http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/miles-personas-manifiestan-vigo-fusion-cajas/idEdicion-2010-02-09/idNoticia-514874/
”La Voz” usa unha estratexia curiosa: poden contemplarse imaxes da manifestación en You Tube pero nos titulares, polo de momento, non aparece a noticia http://blogs.lavozdegalicia.es/videoblog/2010/02/09/charanga-y-samba-contra-la-fusion/
En definitiva, probablemente a afluencia permitirá interpretacións varias. Tal vez algún dos visitantes deste blog que teña estado no lugar do suceso poda darnos a súa visión con maior fundamento e obxectividade…
Gracias e apertas..

Subscríbete por e-mail!




Eu tratei de ir de corresponsal e estiven unha media hora no cruce de Urzáiz e Cervantes vendo pasar xente sen que rematara a cousa. Había bastante xente. Eu creo que suficiente para que Abel Caballero poda dicir que foi respaldado pola cidade, mesmo con algo de poderío, e suficiente para que o señor Feijoo non se sinta tan concernido. Eu deixaría a cousa en éxito da convocatoria pero empate na eliminatoria.
A miña observación desde a beirarrúa era que abundaba a clase media e unha media de idade algo alta (a miña, buáá!): 45-50 anos maioría, creo eu. En parellas e silenciosas. Pouca mocidade. E ningunha bandeira de partidos (polo menos eu non vin).
Qué fuerte me parece!
Carles Francino acaba de dar a nova da mani de Vigo -30.000 persoas- e pronunciou á catalana Caixa Galicia e Caixanova -dixo Caxa Galicia e Caxanova, eu a verdade nunca digo “La caxa” porque fora de Cataluña pode parecer un esnobismo-.
A ver como sae Pachi desta leria, ten un panorama fino. Ademáis de deixar tocada a alternativa a Feijóo. ¿Cánto tardarán outros persoeiros socialistas, por exemplo Losada, en criticar a Caballero?
PD: O de ningunha bandeira de partido, deberían de aprender algúns de Queremos Galego.
ó que se ve, estaba trabucado na minha percepción da importancia que a cidadanía dalle ó asunto das fusións. Álomenos en Vigo e suponho, en A Corunha.
saúdos
A asistencia foi bastante considerable e Caballero ten que estar contento, Corina pensando en como dicirlle a Feijóo que se presente nas municipais Ritalacantaora e Santi Dominguez tomando uns vasos para matar as penas.
Quen pensase que a marcha non sería un éxito é que non coñece Vigo. A xente de fora ten unha imaxe de Vigo, sobretodo nos últimos anos, moi distorsionada e pensan que todo o mundo é como Corina Porro, os do Clú Financiero e Gloria Lago. Esa xente é minoritaria. A maioría en Vigo é esa clase media, media-baixa traballadora que vive nos barrios: Coia, Teis, Lavadores, Sárdoma, Matamá e sobretodo na contorna do denominado rural (onde por certo o galego está máis que vivo, sei do que falo porque vivo ai e o galego está na rúa e ben vivo).
Os de Queremos Galego (por dicilo eufemisticamente e non dicir directamente a UPG) deberían aprender muito desta manifestación:
1º) na estética. Quen lle dera ao PP e ao BNG que onte Vigo estivese chea de bandeiras do PSOE. Pois non había ningunha. Por certo, o 90% dos carteis que se vían estaban escritos en galego (para os que din que si en Vigo esto o si en Vigo aquéllo).
2º) a cultura da manifestación que hai en Vigo. Cando teñen pensado montar unha manifestación pro-galego en Vigo? porque ceder gratuitamente un espazo público a xente marxinal e ultraminoritaria estilo GB cando coa forza mobilizadora do PSOE e o BNG/CIG en Vigo seguro que montan algo muito máis multitudinario que o de onte? por que facer todo en Santiago cando a xente máis antigalega está en Vigo e na Coruña e é nestes lugares onde os galegofalantes teñen máis problemas no seu día a día?
PD: ao autor do blog faltoulle falar da información de Vieiros sobre a manifestación… ah non que non din nada (estes comunistas…).
Concordo totalmente con Confusión: Caballero leu ben esta cidade: unha confederación de parroquias con capital entre a Porta do Sol e a igrexa de Santiago de Vigo. Hai quen mira esta cidade so na súa capital, e pérdense o conxunto.
Quizás a lección a aprender sexa que o Vigo “emprendedor” e empresarial é unha falacia que non pasa da macroeconomía das subvencións e dos refluxos ultradereitistas que tanto gostan de tomar viños no Eligio.
Este punto foi para Caballero (o empate chegou cando dixo o da maior manifestación da historia) e haberá de ter coidado La Voz con facer demasida chufla da manifestación. Que non esquezan que Caballero quedou so nesta loita, mesmo contra o seu partido, como fixera tantas veces o actual embaixador do Vaticano. A el chégalle con resistir contra Pescanova, Feijoó (o seu rival real trala manifestación de onte), e todos aqueles que fan presión pola outra banda.
Pois si, vai resultar que imos ter que ser nos, os negriños que cargamos ao lombo co sistema financieiro, os que o defendamos. Non nos queda nada…
ISABEL, leccions de moda aparte, insisto en que se iso é obra social (teatro, marquesinas…) eu son o ayatolá Jomeini. Saberás que hai anos cando eu vivía en Madrid, o BBV tamén tiña un círculo cultural con cine, simposiums de ciencia, economía, etc, de libre acceso. Se cadra, na seguinte fusión/absorción á que se puidera ver sometida esta entidade, deberiamos manifestarnos tamén.
XOS e CONFUSION, si, ogallá non houbera tanta simboloxía nas manifestacions da lingua, algo mais sacariamos en positivo.
Esas noticias do Faro e Correo eran directamente da axencia (Europa Press).
Vista a foto de portada do Faro de hoxe non parece tanta xente, e aínda así é moita, para o que cabía esperar. O das idades sí que resulta verdadeiramente significativo.
Xulgando polo que decides parece que se trata dunha especie de empate técnico, pero con ventaxa para Abel Caballero. Dende logo, o número, aínda tomando como referencia a cifra máis baixa, evidencia que callou a mensaxe viguista, polo motivo que sexa.
Como o partido continúa veremos qué fan os xogadores. O asunto cada vez está máis enguedellado e veremos quen o desenguedellará, se hai quen o desenguedelle.
En todo caso, gracias. É un pracer compartir comentarios e puntos de vista razonables.
A min tamén me parece un número significativo de persoas, o que non quere dicir que da mesma maneira que Calidonia calibra de forma escéptica as mobilizacións pola lingua en relación ao sentimento xeral, non haxa que facer o mesmo con esta. Abel Caballero parece liderar agora a cidade como ningún outro alcalde en décadas, pero xoga tan arriscado…
O problema é que se finalmente o PsdG quere negociar unha fusión máis ventaxosa para eles, é tarde de máis para desactivar a Caballero. Iso se quere facer iso Pachi, que está por ver.
Luis Dávila na viñeta do Faro de hoxe amosa a posición maioritaria, botádelle unha ollada na web. En Humor.
Quédome co comentario de Confusión en xeral, e en especial esta frase:
“A xente de fora ten unha imaxe de Vigo moi distorsionada …..”
Recoñezo que hai 3 anos que non piso Vigo e tamén estaba a pensar o mesmo. Vexo que pode que non sexa así, polo que moitas percepcións poden mudar.
Non todo, pero creo que moito pasa por Vigo…
Palabras asociadas con Vigo:
Caos, ingobernable, ruido, dinámica, conflictiva.
De onde proceden? Sería interesante ver a orixe. Mentres tanto, i love this town.
Quizáis a orixe está na calma chicha que había noutras cidades galegas, e que en comparación a “conflictiva” sociedade viguesa destacaba como rara de carallo. Por dicir algo máis alá do que poidan ter de certo ou non os calificativos
Así de confusos nos sentimos moitos galegos e no só de Vigo:
http://www.farodevigo.es/servicios/lupa/lupa.jsp?pIdFoto=1831282&pRef=2010021000_12_0__Humor-Luis-Davila
Hai bastantes que tamén están sorprendidos pola “estraña parella política que defende a fusión” e a paixón con que algún xornal anda a defender esta cando menos”curiosa alianza”. E desconfiamos… Quizabes se se explicaran mellor non o faciamos ou quizabes si…
Por certo, alguén lembra as noticias e as enquisas publicadas nese medio antes das eleccións? E se as lembran, non cren que temos algunha razón para desconfiar?
I love it too arumes, aínda que xa me gustou máis do que me gusta. Nos últimos anos vimos padecendo un ataque masivo de burberry’s e lacoste na cidade o que unido á emigración en desbandada de muita xente nova está tendo como consecuencia o agromar dun certo provincianismo moi conservador que a min me resulta do máis exótico. Eu levo algúns anos fóra e volvo unha vez por mes e desde hai un par de anos vexo a cidade cada vez peor que a visita anterior. E non me refiro só a que está todo roto, senon á atmosfera rancia que se respira. Penso que Porro e Caballero representan moi ben o ambiente que predomina no Vigo de hoxe: provincianismo rancio, gris e manierista.
Espero que isto pase loguiño e que volvamos ter esa cidade aberta, dinámica, informal, desenfadada, militante dunha certa modernidade, algo transgresora e diferente que eu coñecín sen ir máis lonxe nos 90’s. Esta cidade que empezou a construir Corina e intenta continuar Caballero non fai falta, xa existe con outros nomes e non aporta nada novo a Galicia. O noso papel no conxunto do país ten que ser outro.
Pensei que a manifestación estaría chea de subinspectores de facenda, brokers, alumnos de empresariais, socios do Club Financiero, corredores de comercio, economistas, promotores, armadores….., Despois de ver as fotografías nos diferentes xornais dixitais podo dicir que a manifestación de Corto Caballero foi unha das maiores concentracións de pensionistas do INSERSO, das que en Vigo se teñen noticia. O raro é que esta xente tiña os aforros no dos sellos do Forum Filatélico, non si?
Pois si que é verdade que en Vieiros non hai nin unha soa palabra sobre a manifa. Nin siquera a estas horas do serán. Why?
Eu como non son de Vigo nin da Coruña e para máis son Lugo, ainda máis son de Vilalba, parece que non teñamos os lugueses que opinar sobre o tema, o cal me desagrada en demasía por non verterse opinións nosas neste blog.Como observador non teño especial simpatia por Caixa Galicia que é a “nosa” en teoría.Xa que na realidade tanto Coruñeses como Vigueses estan a xogar cós cartos e aforros tamén de Lugo e Ourense respectivamente e non contan con nós, quero decir que non me parece razoable a defensa dos vigueses e coruñeses,(nótese a diferenza entre maiúsculas e minúsculas), como se das duas cidades somentes se tratara e coido que non é o caso; aféctanos a tod@s os/as Galeg@s.
O da manifestación de Caballero e esperpéntico á miña vista, é a redundancia do localismo, do mal entendido, do populismo máis carroñero e errático, da insolidariedade có resto dos/as Galeg@s e da defensa a ultranza do sillón do concello por parte de Caballero, e que naide o dude, este non se move de balde xa que mostra moito interese por ser Vigués,e non sei de que Club, pero nin Vigo é Caixanova, nin A Coruña é Caixa Galicia.
Agardo como Confusión que as nosas cidades se volten abertas, dinámicas e a altura dos que pensamos que hai que defender o conxunto de Galiza, e non só dúas cidades.
Eu tamén estou confuso pola pouca información e a pouca disposición do PSOE á fusión, así como a alianza a favor tan extraña de PP e BNG, claro que polo que se olla, cadaquén tira para sí, e cada vez máis ananos hai no “terruño”.
Teño a mesma percepción ca tí, Confusion, sobre a caida libre de Vigo cara ao máis rancio provincianismo. Sempre apuntamos maneiras, pero había algo de aire fresco que permitía respirar. Cada vez queda menos e asfixia. Tamén creo que a manifestación foi un éxito para Caballero. Puxo moita carne e pouca vergonza no asador porque sabía que, en ausencia de calquera política municipal seria, situarse diante das “masas” era transcendental na súa estratexia para manterse catro anos máis na poltrona municipal. Tamén lle vai sair ben a súa aposta por derrochar os millóns de euros do plan E en repavimentar en pedra as beirarrúas dos barrios. Enlaza aí moi ben co subconsciente colectivo simbiótico da cidade, nese no que navegaron con certo éxito durante moito tempo personaxes como Leri e Agustín Arca, que fixeron da ostentación da ignorancia unha boa bandeira de enganche.
Eu estou dacordo con iso, confusión, bastante, bastante.
Nesa liña tentaba argumentar hai unhas semanas ao fío doutro post por aquí en relación ao desfase entre o mito e a realidade, e á compracencia, bastante extendida, respecto ao primeiro, que non deixa de ser paradoxal e algo ridícula.
E se cheguei a eses pensamentos foi porque me encontrei ridículo a min mesmo pensando neses termos, que fique claro; falo desde dentro da trincheira amatoria tamén.
Bueno, bueno, sen flaxelarse. Que mentres esteamos nós, cosmopolitas, dinámicos, desenfadados e amigos dos alleos, a cidade ficará salvada. Que non se diga.
É unha conversación interesante sobre Vigo..
O lado “gris e manierista” que retrata Confusión existe -ao menos na miña percepción de visitante asiduo-. E choca no sitio que un espera sexa o máis soleado e luminoso de Galicia non só dende o punto de vista físico.
Xoán, unha aperta da muralla á chaira. Pero temos pouco que facer, parece, xa que o debate da fusión dá en metafísica da metrópole. Beatus ille, logo, qui procul negotiis.
Xa lle tocará, amigo Saavedra. Pero tamén recorde como remata ese poema de Horacio.
En diñeiro, xaora: emprestado e cobrado. O caso é que ando algo farto coa teima exclusiva entre o Alfio dos Cantóns e o de García Barbón. Que os nosos cartiños campíos tamén valerán algo; ao que dixo o Baltar antonte non por ser do Baltar lle falta xeito; e vai sendo tempo de que alguén mire para nós. Antóllaseme que o peor aspecto da manifestación caballerista sexa ese acaparamento local dunha caixa de aforro orixinada en fusión de tres; con ou sen complexo de maltrato, nin que fosen vinte nin os trescentos mil.
O verso aquel era pretexto e diversión. Pero non me quería volver localista eu, bastante filovigués aínda e de momento.
Pois é certo que moita xente nova e progre de Vigo marchou para os concellos do entorno. Coñezo a moitos, aínda que a maioría traballa en Vigo. Obsérvese a boa situación por certo, da representación nacionalista e socialista en moitos dos concellos da área, e a mala situación na propia cidade. (Ollo, o principal é polo seu desnorte en Vigo, pero algo diso pode influír). Exemplo, máis alá das mocións de censura, O Porriño e Gondomar, e O Morrazo (veremos en 2011 en Cangas). Tamén o Psoe ten alcaldías como Nigrán e Mos, tradicionalmente do PP.
O de Vieiros tamén me chamou a atención, de todas formas, agora tardan máis en actualizar información, pero a estas horas (once da noite do día despois), non din nada. Contrasta con anosaterra edición dixital, que informou axiña e mesmo ten unha fotogalería.
Sería interesante estudar ese fenómeno de xente nova e supostamente progre (e de clase media), se é que é certo, por querer vivir nos concellos do entorno. A min me sorprende. Será que a cidade (a urbe) non lles vai? Por que?
síntoo, pero non me podo resistir. Non creo que o Vigo actual sexa máis gris que o pasado, do mesmo xeito que o de Príncipe non o foi máis que o de Ramilo, por exemplo
Efectivamente, Pablo, ti tes outra percepción, diso se fala, non de realidades medibles e obxectivas. E as percepcións, Arume fanse necesariamente dende unha perspectiva persoal, e coa experiencia de cada cal, non dende esa posición de “cosmopolitas, dinámicos, desenfadados e amigos dos alleos” que retranquiramente inventas no teu comentario que, se é a túa, proxectas desenfadadamente sobre os alleos. De onde virá esa admiración polo suposto caos da cidade? esta é unha cidade perfectamente gobernable, como todas cando hai un bo goberno. Infelizmente a ninguén interesa un bo goberno en Vigo: demasiada riqueza para permitirse o luxo de que funcionen as institucións.
O fenómeno da xente nova que marcha a concellos limítrofes, probablemente me exceda en calificala de progre necesariamente, non é un fenómeno vigués exclusivamente, senón que se dá en practicamente todas as cidades contemporáneas. Nas que temos máis cerca, Santiago, Coruña, (non sei Pontevedra), sucede o mesmo. Bertamiráns, Teo, Oleiros, Sada, Arteixo, mesmo Narón en Ferrol e unha longa lista reflicten ese fenómeno común a occidente. Hai quen efectivamente atopa un entorno máis agradable, aínda que os desplazamentos son pesados e longos, e outros que se meten nunha urbanización espantosa. Danse ámbolos dous casos. Tamén hai moito polígono industrial e comercial repartido por aí diante, xa non caben na cidade tradicional, co que en realidade estás máis lonxe do traballo no centro de Vigo que en Gondomar, poñamos por caso.
Eu cando falaba de emigración non me refería ao Morrazo (onde sempre o nacionalismo estivo moi asentado), Porriño, Salceda, Val Miñor, etc. falo de Madrid, Barcelona, Baleares, Valencia, Canarias, Londres, Bruxelas, Chile, New York, etc.
Arumes, non sei con que intención vai iso de cosmopolita e tal, pero eu sei o que quería dicir cando dixen o que dixen. E aquel Vigo dos 90, onde había unha escena musical moi activa, unha cultura de música eletrónica, de cultura de club que levaba a Vigo a artistas de sona mundial neses circuitos que non pisaban Madrid nin Barcelona, esa certa explosión dunha cultura gay con muitos máis bares/locais por habitante que calqueira outra cidade do seu tamaño ao sul dos pirineos, aquela relaxación nos hábitos sociais (maneira de vestir, estética, etc.) en comparación con calqueira cidade galega (o que máis me chamaba a atención cando era máis novo e ía á Coruña, Lugo, Ourense ou Pontevedra era o arreglada que ía a xente, que parecía que ían de domingo, sempre gardando moi ben as formas). Ben pois todo iso cambiouse por unha invasión de ositos tous, cadradiños burberry’s e polos lacoste. E en lugar de clubes con programacións punteiras ao vivo temos botellón e mp3’s de radiofórmula. As tendas de roupa diferente cambiaron por H&M’s, Blancos e Mangos. O café Dublin onde grabaron os Chiefteins cambiámolo polo café con laca na terraza do Mercantil. Tiñamos un centro (o noso pequeno down town) que era un espectáculo de xente indo e vindo, comprando, paseando, falando, mirando e deixándose mirar e agora temos un paseo baleiro onde o único que locen son as pedras do chan e as farolas porque a xente anda dispersa polos centros comerciais tan necesarios para financiarse uns e outros. E todo así.
XOS quitoume o comentario pola man. É un feito indiscutible o da “progresía” dos concellos periféricos das “grandes” cidades: de seguro que se eu tivese cartos para mercar un duplex na rua General Pardiñas de Compostela, había de vivir nela, mais entón, non penso que a miña filiación fose de esquerdas.
Sobre o éxodo cara outras comunidades, bueno, é o que temos os pobres, para sair cara adiante moitas veces hai que coller un talgo, un caiuco… o que se teña a man. O que xa non teño tan claro é porque se o conto está como está os galegos seguen a confiar o seu destiño a aqueles que os maltratan; algún tipo de masoquismo mais alá da tradicional xenreira?
Xosé M. González, primeiramente unha aperta, e logo…, que che parece si invadimos a traveso do Miño a cidade de Vigo e A Coruña saindo dende Celeiro ou Burela…malo será.Coñas sí, pero parece que o problema é si Vigo é máis ou menos cosmopolita que A Coruña, as cidades están compostas dende o ponto de vista humano por xentes que sairon de Concellos máis rurais ou como os que agora son de “espallamento” como Oleiros ou Cambre ou a zona do Morrazo.Decíame un día unha persoa do rural moi filosoficamente : Eu son do monte, e estou farto de pelear coa xente da aldea, e que o pobo é o que ten, hainos moi sabios.
É certo que a imaxe que ofrecía Vigo nos anos 90 era outra que viña derivando do que chamaban “a movida”, que tamén tiña repercusión de algún xeito no resto da Galiza, era o intre de Golpes Bajos, Reixa e Os Resentidos…etc, foi unha época máis transgresora, pero…foi e non é.
Matannos os localismos en plan talibán, e Lugo e Ourense a sofrir os seus caprichos.Por certo que en Lugo no senso do traslado aos concellos periféricos ainda está lonxe de equipararse, claro que hai moito persoal que ten unha segunda vivenda ou como din agora, unha “finca”.
Home, a retranca é o que ten: un puntiño de caos. A min me gusta moito vivir en Vigo. Pero asumo para o debate os tópicos que circulan sobre a cidade. Para contrarrestalos, matizalos ou para esaxeralos a conciencia. Vivín afortunadamente en moitas das cidades que se citan: en Lugo, en Pontevedra, na Coruña, en Santiago, mesmo coñezo Ferrol. E podo dicir que Vigo ten un punto especial, moito máis atrevido, sempre informal, pouco convencional que a distingue.
O do caos ten que ver coa perspectiva do que abomina do tráfico (e reto a calquera que me diga se non hai máis atascos en Santiago ou en Coruña que aquí: porén, Vigo leva a fama), das rúas en costa, da forma de conducir, da rapidez con que se move a xente pola rúa, da acumulación de estímulos visuais. A min esto me pon: directamente.
Pero a organización da cidade, mirada ben, é moi notable: sobresainte incluso. Hai seriedade e eficiencia nos comercios, na relación coas pequenas empresas (un labor de fontanería ou de carpintería faise no momento, con total profisionalidade). O peor, con todo, é a clase política.
A min me gustaría que houbese máis xente vivindo no centro, que non prefirise vivir fóra, pero aí hai xa outros condicionantes. A min vivir nesas urbanizacións das vilas das aforas (con terrenito) non me vai. E ademais creo que contribúe a dispersar unha masa crítica urbana necesaria para o desenrolo dun país. Pero esto último podemos discutilo no Estrella Galicia da Praza de Compostela. Pago eu as cañas.
Bó lugar para tomar unha caña…teremolo en conta.
O de “arume dos piñeiros” non é logo certo, mellor o “arume dos carros, calefaccións e outros varios.
Home a min gostame Pontevedra máis que Vigo, que para o caso “casi” é o mesmo.
Dous de Vilalba por estes lares xa debe de ser moito. Pero tamén podemos ir ao Fardela, ao marathon de rock de agosto.
Confusión,
A min Vigo sigue a me gostar. Na Coruña até os alternativos van demasiado postos-de-alternativos.
En Vigo un moderno non está tan pendiente do perfil que dá (e segue a haber diso).
Hai que dicilo: fantásticos fíos estes últimos.
O Fardela ó igoal que Vigo, xa non é o que era.
Non sei como vai o do marathón de Rock, si non se fixera tamén se pode tomar unha caña alí.
E logo, quen é o outro de Vilalba? Ou eres tí?
Unha aperta
O anfitrión, logo, non é?
[...] Núñez Feijóo como Corina Porro non se sentirán totalmente defraudados, xa que a pesar de que a concentración caballerista foi grande –entre 20.000 e 30.000 persoas, estiman todas as fontes–, non acadou a categoría de «evento [...]