Gracias a Calidonia polo seu comentario e crítica ao post anterior. A súa desconfianza en relación á enquisa da Voz está xustificada pola baixa calidade do traballo de Sondaxe e polas fundadas presuncións acerca do modo en que traballa á carta.
A súa inferencia de que Alfonso Rueda -sen dúbida o factotum na trastenda do PP- quere ter “mobilizados aos seus e confiados aos adversarios” é coherente coa súa lectura dos datos da enquisa.
Sendo isto así, manteño no entanto a liña de argumentación dese post aínda co razonamento máis debilitado polos seus comentarios.
Dende logo, concordo tamén con Arume en que os dous presuntos candidatos de PSdeG e BNG non son competitivos en absoluto con Feijóo.
Tampouco o son os dous partidos, escasamente competitivos coa tan enraízada extensión do PP. Terían que facer reformas en profundidade pero non está previsto..
Dito todo iso, e sen máis fundamento que a miña capacidade para mollar o dedo e intentar decidir a dirección do vento, sospeito que aínda que a crise favorece o reforzamento dos conservadores o PP non pode sentirse seguro.
Se fose posible mobilizar aos electores distantes do PP parece probable que este perdese as eleccións dada a tendencia de fondo..

Subscríbete por e-mail!




Facer predicións demoscópicas a un ano vista (xa non digamos a tres anos) coa que está a cair non ten ningún sentido. Eu penso que nas elecións municipais todo vai depender basicamente da evolución da economía. Se a cousa segue en caida libre seguramente arrase o PP. Despois está o tema das caixas que penso que pode ter incidencia principalmente en Vigo e na Coruña segundo acabe todo este asunto. Ao BNG ese pseudoinquérito (ao que lle dou tanta credibilidade como ao que lle fixeron aos pais en xuño) dalle catro concelleiros en Vigo. Coñecendo esa cidade (que é a miña) parécenme muitos concelleiros co papelaso que están a facer no tema das caixas.
Nas elecións galegas de dentro de tres anos tamén pode influir muito o tema das caixas, e non polas disputas norte-sul, senon polo efecto de auténtico golpe democrático que vai supor deixar máis do 50% dos aforros dos galegos e o 40% da masa crediticia (son os datos que se veñen dando do peso das caixas no sector financeiro galego) en mans dos políticos. É unha auténtica barbaridade porque estes señores non teñen bastante con decidir que fan cos impostos que nos quitan a diario, senon que van decidir que se fai cos aforros que quedan nas caixas e en todas as empresas que controlan: Banco Gallego, Banco Etcheverría (outra anomalía é que as caixas poden comprar bancos, pero non á inversa), Pescanova (Caixa Galicia ten o 20% e Caixanova o 5%), a concesionaria da AP9, constructoras, adegas, etc., etc., etc. Se todo isto está en mans dos políticos e estas e outras empresas son ás veces os principais donantes aos partidos eu non sei que democracia vai haber aquí. Non me extraña que haxa xente (non precisamente de esquerdas) en foros que xa se refira a Núñez Feijóo como Chávez Feijóo e mesmo haxa quen propón como nome da fusionada Caixa Xunta de Galicia.
A mala posición do Bloque en Vigo ten pouco que ver co tema das caixas, e si cun desnorte xeralizado desde tempos da ruptura Castrillo/Ventura. Non se recuperou daquela. Non creo que o das caixas lle afecte, nese sentido agradécese que non haxa baronías no bloque, que xa era o que lle faltaba á fronte. (claro que mal pode haber baronías se non tes poder municipal forte). A caída do Bloque en Vigo é debida a moitas cousas.
Porque a ver, ¿alguén que se sinta galeguista (en sentido amplo), ou alguén que se sinta de esquerdas (en sentido amplo), ten opción en Caballero e Domínguez? Porque o panorama é para non votar
Tes razón Xos, pero o das caixas pode ser o golpe definitivo do BNG en Vigo sobretodo por querer ser máis papistas que o papa. Hai que lembrar que son tan parvos que foi un representante do BNG no consello de administración de Caixanova o que presentou unha moción favorable á fusión. Iso non era necesario e son cousas que quedan na memoria da xente. É bastante probable que o BNG quede en algo anecdótico nas eleccións do 2010 en Vigo, non me sorprendería que quedasen con 1-2 concelleiros e hai que lembrar que hai dúas lexislaturas o alcalde era do BNG.
Escoitar hoxe na radio ao amigo Domínguez contra a manifestación de mañán debía de estar producindo de todo entre os seus votantes, estivesen ou non de acordo coa fusión. O ton, que pretendía ser moderado pero traslucía unha irritación monumental, non era o do tenente alcalde: era o da oposición. Iso dificilmente se entende. O silencio ás veces non está tan mal.
“Non soporto a Abel Caballero. Jódeme (sic) que diga o que quero escoitar no alcalde da miña cidade”.
Frase dun amigo pouco afectado de viguismo.
Xa sei que sona a pachochada (con perdón), mais levo semanas preguntando física e cibernéticamente: para que serve unha caixa?
Non é unha pregunta retórica. Quero dicir que eu xa sei para que deberian estar as caixas, o que xa non teño tan claro é para que están “de facto”. Estamos a defender os nosos intereses realmente, ou mais ben uns intereses alleos ao pobo galego? É dicir, por que teño eu que estar preocupado pola fusion si, fusion non, mais alá do feito de que eu poida ser accionista delas? Estaría entón defendendo os intereses da miña sociedade, ou mais ben os de alguen (asi, un alguen espureo) que di falar no meu nome. Non deberiamos acaso esixir, fusions aparte, que as caixas comecen a funcionar como tales? Coa que esta caendo dende o punto de vista economico, estan estas entidades ao servizo do cidadán? Coido que non, a nivel persoal, o único que Caixa Galicia fixo por min foi chantar unha marquesina de autobus na aldea da miña muller (claro que dende que ardera nun dos incendios forestais daquel infausto verán, nen sequera temos iso..)
E conseguirán afundir o Bloque dunha vez, tras case unha década de previsión afundidora? Falo de afundir de vez, quedar por exemplo con un concelleiro ou dous por cidade, no mellor dos casos.
Contemplo sen sorpresa o rexurdir dun clásico de toda precampaña. Non me motiva moito, tampouco.
Pregunta B: e ao final deberemos aceptar que o asunto Caixanova é unicamente cousa de vigueses? Nin de pontevedreses e ourensáns tan sequera? Xa non digo de lugueses meus conveciños que teñan conta aí, cuxo inexistente clamor nin se sospeitará á beira do Sereo.
Obviamente onde dixen accionista, quixen falar de equipo directivo…
Pablo,
O Banco do Sul en América Latina ten só 1000 millóns de euros -creo, habería que comprobar o dado con exactitude-.
As caixas teñen guita -dos cidadáns-, tributan, fan obra social, e poderían facer máis do que fan.
É certo que hoxe as caixas non cumpren a función que terían que cumprir, mas cando a súa direción pase a mans alleas ao país, esa posibilidade rematará para sempre.
Nin en Euscadi, nin en Cataluña, nin en Madrid sería imaxinable algo así.
Sigo dicindo que para min é máis dramática fusión con esta lei tipo chavista que da un poder omnímodo aos políticos das institucións da autonomía, que van decidir as grandes operacións económicas e crear máis desigualdades nos mercados das que xa hai, que a opción de que marchen as caixas fora. Esta última sería unha opción para crear un auténtico poder financeiro aquí, con base aquí. O que se pretende agora non é crear un poder financeiro propio, senon poder as finanzas en mans dos políticos que é algo mui diferente. Prefiro un banco que pode crecer e expandirse que unha caixiña sen opción de medrar máis porque non pode pasar do padornelo á meseta sen ser absorvida e xa non digamos cruzar o atlántico ou os pirineos. Unha empresa que non pode crecer e expandirse non ten futuro e non é poder de nada, menos aínda financeiro.
Luou aínda non sei moi ben que funcións se supón que tería que cumprir unha caixa, estaría encantado de que mo explicases.
Pode se non está claro, eu non son partidario de que as caixas marchen, só digo que me parece máis preocupante unha cousa que a outra, sen deixar de ser preocupante a opción de que marche. Como xa teño dito para min o mellor e privatizar as entidades e crear un ou dous bancos con capital galego e sede social en Galicia, a partir dai que paguen impostos e a competir no mercado financeiro.
Procurei comprimir as miñas impresións sobre os barómetros, que comecei a fiar neste foro, nesta nova anotación: http://calidonia.blogaliza.org/2010/02/09/sobre-os-barometros-de-la-voz/
Xa o dixen alí, pero reitero a miña noraboa por ese traballo. Concordo con el plenamente.
Bo dia. Onte non tiven tempo de respostar pola noite.
Agradecendo de novo o traballo de CALIDONIA no seu blog, quero comentar un par de cousas. A primeira é que, eu, como CONFUSIÓN, sigo a buscar pola necesidade dunha caixa tal e como están as cousas hoxe en dia (obra social? Isabel, non te ofendas, pero non me fagas rir). Claro que se estiveran a facer o que lles correspon eu estaría en pe de guerra minando as lomas do Padornelo, pero é que nesta situación o único que estase a debatir son as prevendas dunha clase dirixente que xa hai anos que non me está a representar (sobre todo, económicamente). É dicir, que se co tema das caixas a elite política pretende facer a sua noite de coitelos largos, pareceme ben, pero a min como cidadán que non me metan no lío. Mais, se o que queren é a miña opinión sobre o que deberiamos facer cos cartos que os cidadáns temos metidos nelas, xa saben o que teñen que facer nas vindeiras eleccións. Sinxelo.
O outro tema que quería clarificar, ISABEL, era o de se determinadas empresas deberían estar ao marxe da nosa ira so porque teñen traballadores contratados. Perdoa, pero ese é o argumento do empresario-víctima, cuxa única función no mundo é o de crear emprego e xerar riqueza. En fin, a falacia base do capitalismo.
Pablo,
Se a obra social che fai rir todo o que podo dicer é que a min desde Madrid tamén, porque aquí hai unha oferta de puta madre de teatro, pero durante anos estiven na Coruña ao que traía Caixanova, (e ás obras alternativas dos meus coñecidos e colegas, que non tiñan nada que ver, afortunadamente, con obra social algunha). Eu non riría tanto.
Polo demais, eu non riría do aspecto da tributación en todas as posturas fusión sí, fusión no, SIP, bancarización das caixas e demais.
Canto ao do boicot ás empresas. A ver, eu hai pouco consideraba noutro blog que había que pensar en facer boicot ás empresas do primeiro mundo cando as prácticas no terceiro mundo non sexan axeitadas -e entendo que se pode extender ás prácticas de aquí-. Agora ben, unha cousa é facelo nun momento no que poda facer dano, e polo tanto o boicot poda condicionar un cambio, e outra facelo nun momento no que caen empresas todos os días e o consumo está contraído.
Cando ao dos concursos de acreedores, se o empresario consigue convenio con estes, terá unha mora e/ou rebaixa nos seu crédito, pero se non o consigue ou se o incumpre, vaise á liquidación -isto é, extinción inmediata da empresa-. O BNG se iría ao tacho se se extinguise Adolfo Domínguez durante un boicot do nacionalismo galego. A verdade é que estou moi farta da expresión política do nacionalismo galego organizado, pero non tanto.
Como comentarios xa á marxe:
1.- Creo que hai empresarios que provocan o seu propio concurso para conseguir un convenio, ainda que ten certo risco porque se abre a peza de calificación de responsabilidades por dolo ou culpa grave sempre que a) o convenio teña unha rebaixa superior a un terzo dos créditos ou unha espera superior a tres anos, b) se entra en fase de liquidación.
2.-Penso que Adolfo Domínguez é un creador e non creo que se lle fose a dar por tal.
O que non acabo de comprender é o motivo de que non deseñe roupa adecuada á idade e estilo das tres fillas e toma a unha como referencia, un pouco como Carolina Herrera con Carolina Adriana. De feito eu lembro que nas primeiras campañas si usou a imaxe dunha das fillas, que creo que estudaba en Nova Iorque algo de contido artístico, se cadra arte dramática ou algo similar.
Logo está o tema da sobriña blogger, que é moi nova e que ten a moda inglesa como referencia -en realidade é unha moda de avangarda cando é a da xente nova na rúa-.
Pasei pola tenda hai uns días, como vos dixen. Estaba todo esquilmado e amontonado -demasiadas prendas en cada colgador-.Había unhas bolsas bonitas de estampado escocés, e pantalóns ao xeonllo de tecido inglés en U, pero o estilo xeral que teñan nos últimos anos é bastante ñoño, moito lacito e volantitos e tal. As tendas de Adolfo Domínguez que non son U poden ter roupa que me pareza ben para mulleres de 45 anos en adiante -ou máis novas cun estilo un pouco pureta-. Hai cousas que se poden aproveitar, porque a calidade e o deseño está nalgunhas prendas bastante ben.
Tamén se dá outra circunstancia, polo menos nas tendas de Madrid. Vexo algunhas prendas que comprei nos últimos anos colgadas todavía á venda. O das saias de corte lixeiramente A en cor negra, ainda o vexo ben, porque sempre se poden reciclar, o da saia azul de táboas de hai dous anos empeza a molestar, pero o que xa radicalmente repatea é o da saia de corte tulipa con estampado príncipe de gales de hai tres anos (eu por suposto as sigo poñendo e as hei seguir poñendo tempo).
3.- Opino que Adolfo Domínguez non ten capacidade de impoñer el sozinho o despido libre.
Pablo,
Se a obra social che fai rir todo o que podo dicer é que a min desde Madrid tamén, porque aquí hai unha oferta de puta madre de teatro, pero durante anos estiven na Coruña ao que traía Caixanova, (e ás obras alternativas dos meus coñecidos e colegas, que non tiñan nada que ver, afortunadamente, con obra social algunha). Eu non riría tanto.
Polo demais, eu non riría do aspecto da tributación en todas as posturas fusión sí, fusión no, SIP, bancarización das caixas e demais.
Canto ao do boicot ás empresas. A ver, eu hai pouco consideraba noutro blog que había que pensar en facer boicot ás empresas do primeiro mundo cando as prácticas no terceiro mundo non sexan axeitadas -e entendo que se pode extender ás prácticas de aquí-. Agora ben, unha cousa é facelo nun momento no que poda facer dano, e polo tanto o boicot poda condicionar un cambio, e outra facelo nun momento no que caen empresas todos os días e o consumo está contraído.
Cando ao dos concursos de acreedores, se o empresario consigue convenio con estes, terá unha mora e/ou rebaixa nos seu crédito, pero se non o consigue ou se o incumpre, vaise á liquidación -isto é, extinción inmediata da empresa-. O BNG se iría ao tacho se se extinguise Adolfo Domínguez durante un boicot do nacionalismo galego. A verdade é que estou moi farta da expresión política do nacionalismo galego organizado, pero non tanto.
Como comentarios xa á marxe:
1.- Creo que hai empresarios que provocan o seu propio concurso para conseguir un convenio, ainda que ten certo risco porque se abre a peza de calificación de responsabilidades por dolo ou culpa grave sempre que a) o convenio teña unha rebaixa superior a un terzo dos créditos ou unha espera superior a tres anos, b) se entra en fase de liquidación.
2.-Penso que Adolfo Domínguez é un creador e non creo que se lle fose a dar por tal.
O que non acabo de comprender é o motivo de que non deseñe roupa adecuada á idade e estilo das tres fillas e toma a unha como referencia, un pouco como Carolina Herrera con Carolina Adriana. De feito eu lembro que nas primeiras campañas si usou a imaxe dunha das fillas, que creo que estudaba en Nova Iorque algo de contido artístico, se cadra arte dramática ou algo similar.
Logo está o tema da sobriña blogger, que é moi nova e que ten a moda inglesa como referencia -en realidade é unha moda de avangarda cando é a da xente nova na rúa-.
Pasei pola tenda hai uns días, como vos dixen. Estaba todo esquilmado e amontonado -demasiadas prendas en cada colgador-.Había unhas bolsas bonitas de estampado escocés, e pantalóns ao xeonllo de tecido inglés en U, pero o estilo xeral que teñan nos últimos anos é bastante ñoño, moito lacito e volantitos e tal. As tendas de Adolfo Domínguez que non son U poden ter roupa que me pareza ben para mulleres de 45 anos en adiante -ou máis novas cun estilo un pouco pureta-. Hai cousas que se poden aproveitar, porque a calidade está nalgunhas prendas bastante ben.
Tamén se dá outra circunstancia, polo menos nas tendas de Madrid. Vexo algunhas prendas que comprei nos últimos anos colgadas todavía á venda. O das saias de corte lixeiramente A en cor negra, ainda o vexo ben, porque sempre se poden reciclar, o da saia azul de táboas de hai dous anos empeza a molestar, pero o que xa radicalmente repatea é o da saia de corte tulipa con estampado príncipe de gales de hai tres anos (eu por suposto as sigo poñendo e as hei seguir poñendo tempo).
3.- Opino que Adolfo Domínguez non ten capacidade de impoñer el sozinho o despido libre.
Xa está o reparto feito. Caixa Galicai para o PP vai ser papada por Caja Madrid. e Caixanova (Pontevedra, Vigo e Ourense) para o PSOE e vai ser fagocitada por Cajasur.
Síntoo, o comentario entrou duplicado
Síntoo, o comentario entrou duplicado no sistema