O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 07 Feb 2010

    O PP na corda frouxa

      O  “novo  PP”  de  Feijóo  non  calla. A  nova  dereita,  de  estilo neocon,  que  recluta  e exhibe  certo  pijerío  urbano  -as  Porro  e  os  Negreira-  non  consegue  remontar  nas  enquisas. Iso  a  pesar  do  furado  aberto  no  PSOE  estatal,  por  onde  se  escapan  os  votos  a  chorro.

      A  enquisa  aparecida  na  Voz  http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/02/07/0003_8278592.htm 

      confirma  que  o  último  ano  non  foi  bo  nin  para  Feijóo  nin  para  o  seu  partido  en  Galicia.

      A  polarización  que  el  mesmo alentou  tornouse  na  súa  contra. A  arrogancia  non  vende.

     Forma  parte  do  activo de  BNG-PSdeG  que,  a  pesares  dos  seus  erros  e  inmobilismo,  non  deron  a  nota  e  souberon  tocar  cada  un  a súa  parte  da  melodía. Ata  o  momento  non  se  desmarcaron  o  un  do  outro  con  ese  tipo  de  acusacións  sectarias  que  desaniman  aos  seus  votantes. Iso  hai  que terllo en  conta.

      Gracias  a  ese  rumbo  fixo  que  souberon  manter, e  ao  desnorte  dun PP  soberbio  que  pensaba  que  podía  volver  ás prácticas  de  antano  e  que  deixou  atrás  o  centrismo  para  darlle  eco  ás  propostas  políticas  de  GB,  dos  sectores máis  reaccionarios  da  igrexa,  dos  empresarios  máis  estúpidos  e  do  electorado  urbano  máis  nesgado,  a  situación  anticipa  a  posibilidade  da  perda  das  próximas  eleccións  autonómicas. 

      Esa  unidade  de  fondo  entre  BNG  e  PSdeG  facilitou,por  outra  parte,  remontar  a  tremenda  atmosfera  que  hai  un  ano  se  impoñía  na  percepción  pública  aceca  do  galego,  ata  o  punto  de provocar  un  efecto  bumerán  sobre  o  goberno  e  de  xerar  un debate  moi  extendido  acerca  do  idioma  que,  en  conxunto,  está  sendo moi  positivo  e  está  permitindo  o  nacemento  de  novos  frames  sobre  o  particular.

      Non  pode  desdebuxarse  o  papel,  tampouco,  da  propia  espontaneidade  social,  dun  mapa  de  medios máis  plural,  dunha  sociedade,  que  se  sente  máis  “empoderada”  ( usemos  este  palabro  infame )  e  con  maior  distancia  e  autonomía  en relación  ao  PP,  pero  tamén  ás  outras  fórmulas  políticas. A  galega,  como  outras  sociedades  modernas,  ten  un  alto  índice  de  labilidade  que  lle  permite  modular  con  certa rapidez  as  súas  demandas  a  través  das  fluctuacións  electorais.

       Esa  pluralidade  e  a  capilaridade  da  información  -no  que  xa  ningún  medio  pode  en  exclusiva  condicionar  a  opinión-  e  unha  maior  autonomía  da  opinión  publicada  fixo  posible  sitúar  ao  goberno  de   Feijóo  como ineficiente  e  unha  “cuadrilla  de  afeccionados”.

      Permiteu  tamén  entender  que  Feijóo  se  ben  non  é  parvo,  tampouco  é  especialmente  brillante  -á  vista  está  a  magnitude  dos  seus  erros-  e  que  gozou  dunha  Baraka  que  está  perdendo  moi  aceleradamente.

       Está  claro  que  o  desgaste de  Zapatero  vai  a  ser  tremendo  pero  a  enquisa  da  Voz  tal  vez  suxire  que  Galicia  pode  establecer  unha  onda  non  coincidente  co  ciclo  estatal.

     Se  o  PP  gaña  en  Madrid, Feijóo  teno  moito máis  fácil,  pero  non  sería  imposible  que  perdese  aquí.

     Por  iso é  tan  importante  que  o  PSdeG  non  se  suicide  co  asunto  das  Caixas,  e  pase  esa  páxina  o  máis  rápido posible,  establecendo  unha  negociación  que  non  acabe  coa  súa  absorción  por  CajaMadrid  ou  quen  sexa.    

      Darlle  a  Feijóo  o  prestixio  da  galeguidade  foi  un  erro,  que  o  centra  e  converte  no  arbitro. O  dano  xa  está  feito,  pero  polomenos,  que  non teña  efectos moi  prolongados.

      O  BNG  está  tendo  moi  sorte  nos  últimos  meses  -a  realpolitik  coa  Voz  e  etc,  funciona-  pero  non  debería  esquecer  que  o  sectarismo  non  compensa  nin  tan  siquera  electoralmente. A  xente  xa  está  de  volta  de  certos  infantilismos.

    Categorías

    • Política
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame

    22 comentarios to “O PP na corda frouxa”

    1. Calidonia comenta: 07 Feb 2010 a las 06:23

      Non lle outorgo á enquisa de La Voz de hoxe validez ningunha, pois está baseada en 200 entrevistas en cada cidade, cunha taxa de indecisión, abstención e non resposta que se aproxima ou supera o 50%. Facer estimacións de concelleiros con 100 entrevistas é un atentado á estatística, pero facer comentarios xornalísticos e extraer conclusións para cada cidade é simplemente terrorismo informativo.

      A única validez que lle concedo, sen dubidar de aspectos metodolóxicos e do seu rigor, é a posibilidade de realizar unha análise conxunta dos 8 concellos, do conxunto da Galiza urbbana por así dicilo, e con base únicamente na intención de voto. Pero non se pode/debe tirar conclusións nin locais nin agregadas con base nesas estimacións de concelleiros, imposíbeis de cociñar con tales ingredientes. Pero claro, eses datos da intención de voto que permitirían facer esa análise non se publican.

      Á marxe da enquisa, non concordo en que o PP estea grogui, tal e como comentas. Si é certo que levou un frenazo co tema da lingua, pero é de alcance limitado, non afecta á súa base electoral, salvando a Rafa Cuíña e Vilariño de Conso, e desde logo nin sequera supón unha reactivación do conxunto da esquerda.

      O que a min me parece é que na Galiza urbana máis urbana a situación é de desmobilización e descrédito, máis acusados no caso do BNG a teor das valoracións dos seus líderes, que non se corresponde coas estimacións de concelleiros que realizan pero si cos niveis de abstención e indecisión.

    2. Xosé Gundín comenta: 07 Feb 2010 a las 06:31

      Escribir no “Debe”r:
      - Reforma do Estatuto (lexislatura pasada),
      - eólicas
      - lingua,
      - caixas (acabe como acabe o sometemento ó goberno central é seu),
      - crise económica e paro: a axuda da Xunta á superalos efectos é prácticamente nula.

      da ordenación do territorio non me atrevo aínda a aventuralo final.

      Escriba cada un o que mire no seu “Haber”.

      Fágase a comparación e tírense consecuencias.

    3. xOsse dorrío comenta: 07 Feb 2010 a las 09:33

      Concordo con Calidonia. É precipitado sacar conclusións desa sondaxe. Amais, os de La Voz non andan moi atinados coas súas enquisas, non lle outorgaban a maioría absoluta ao bipartito o 1-M?

    4. arume dos piñeiros comenta: 07 Feb 2010 a las 10:07

      Non sei, amigo Calidonia, se tanta enquisa non está desprestixiando a man cheas a profesión de sociólogo. Cada vez entendo menos. Unha enquisa con esa cantidade de xente (admitido un marxe de erro de +/-7 %, que non é moco de pavo sobre todo con esas pequenas diferencias que se marcan con respecto ás elección pasadas) e por listín telefónico (ao chou) non pode dar un resultado aceptable.

    5. Xosé Gundín comenta: 07 Feb 2010 a las 11:24

      Supoñamos pois que a enquisa non é fiable e que por non perdelo fio metémonos a vagar sobre del. ¿Quén sobirá, quén baixará?. Vagar, canto se queira, pero mantendo algunhas referencias para non perdelo rumbo:
      1) En primeiro lugar referirmos as tendencias de fondo en Galicia: desde a transición non deixou o voto de ir caendo hacia a esquerda ata o punto de que entre a dereita e a suma da esquerda hai tal equilibrio que calquera incidente e desvio é importante. Creo está claro que nas pasadas autonómicas a esquerda perdeu por causa da abstención, de que houbo xente que -polas súas razóns- viroulle as costas á esquerda sen ir hacia a dereita. ¿Cambiaron as tendencias de fondo?.
      2) Criticarmos queirades, pero á hora de votar a quen se enxuiza é ó goberno. En Madrid enxuízarase ó goberno do PSOE. En Compostela ó do PP. Se todo fose ben o goberno ten grandes probabilidades de recuncar. ¿Vai tudo bem?.
      3) Referencia firmísima: o goberno do PP en Compostela é un desastre. Como os seus feitos demostran el mesmo produce -non soluciona, senón que produce- os problemas nos que se afoga, e eso en dificil tempo de crise. Ha chegar sen alento ó final. P. Ex.: o asunto caixas de aforro, que tendo as súas causas propias a Xunta encamiñao hacia as pedras, creo que gravará sobre do goberno, e non -como o blogger supón- sobre do PSOE. Un goberno non está para crear problemas, senón para solucionalos que se presentan e prevelos que se han presentar; e se posible fose con elegancia e humor. ¿Qué é o que fai a Xunta presidida por Albarto Núñez Feijóo?. Pois non solucionalos problemas que se presentan (reforma do Estatuto, crise económica, paro, caixas) e producir outros sen necesidade (eólicas, lingua) e levalos todos ás pedras. Eso terá que se notar.
      4) Pero téñase tamén por certo que a esquerda é de temer. Que é capaz de seguir fechada en si mesma e non recuperar ós perdidos. Eso entra no posible. Sectarios coma eles…..

      As limitadísimas impresións persoais non son unha boa referencia.

    6. Isabel comenta: 07 Feb 2010 a las 13:00

      A enquisa non sei se é ou non fiável. Pero para a presentación gráfica dos dados que aparece no artigo do Blog de César Rodríguez que hai na Voz e á marxe desta noticia á que lle fas un link chama a atención. Parece pouco sensato que teñan posto en vermello sempre á forza con máis escanos -e máis tendo en conta que había empate a 8 en dous casos-. Parecería máis sensato que se asignase unha cor a cada forza e se mantivese sempre -o clásico vermello/azul/o que sexa-.

      Ademáis dá a impresión de que a marcada en vermello ten que ser sempre o PPdeG ou sempre o PS de G. Ten a súa historia que haxa un erro en reparto de escanos en contra do BNG en Pontevedra e que os seus 8 se asignen así como así ao PSOE, e o BNG fique con seis-.

      Podemos concluir -seguramente- que a política comunicativa do goberno de Feijoo é correcta.

    7. Calidonia comenta: 07 Feb 2010 a las 13:38

      Arume con efecto, pero aínda lles queda moito que enmerdar para achegar a profesión de sociólogo ao mesmo nivel de desprestixio que ten o gremio dos economistas, que é ao que pertenzo.

      Xosé:

      1) A tendencia de fondo histórica de remontamento da esquerda sobre a dereita finiquitou no 2005, xusto cando apareceu o bipartito, desde entón asistimos a un ciclo que reverte algo ou parte do que se andara nese camiño durante o comezo do século. Estou dacordo en que nas cidades segue habendo maioría social de esquerdas, pero agora mesmo desmobilizada e sen referentes nin liderados claros, como desmostra algúns dos datos desta enquisa e os resultados do 2009.

      2) Paro e economía son os problemas, e a culpa non é da Xunta, é de Zapatero fundamentalmente, Quizá máis adiante teña algún correlato co desgaste de Feijóo pero non agora. Así que en Galiza e nas cidades todo vótase antes que calquera outra cousa ciclo estatal, e iso mesmo é o que vai pasar nas municipais. Este correlato de fondo entre resultado local e nacional (as municipais anteceden nun ano ás xerais) é unha constante sobre o que despois os liderados locais fan flutuar arriba e abaixo os resultados de cada lugar.

      3) Os problemas que enumeras como o das caixas son feitos cos que podemos estar dacordo todos os que aquí escribimos pero que che aseguro non responden ás preocupacións da sociedade galega, e desde logo non á inmensa maioría do electorado. Hoxe mesmo no blogue viciño do Fermín podes consultar o estado da opinión pública galega ao respecto: http://votoconbotas.trincheradigital.com/

      4) Concordo

      Espero que as miñas impresións persoais (e as de outros coma min) lle parezan agora análises algo máis fundamentadas.

      Un saúdo

    8. Xosé Gundín comenta: 07 Feb 2010 a las 14:28

      Calidonia,
      Non creo exacto dicir que a tendencia de fondo finou. Máis exacto será -como unha gráfica faría ver- entendermos que ao se achegaren ó eixo de ordenadas (tempo) dereita e esquerda foronse facendo paralelas nun aprox 50/50 e así parecen seguir. De resultas dese equilibrio calquera cousa, grande ou pequena, obxectiva ou subxectiva, de feitos ou de comunicación, etc. decide o resultado.
      Segúndo eu miro as cousas siguen elas así.

      ¿Que a xente se desmoviliza?. Pois depende, ¿Qué te pareceron as últimas movilizacións?, ¿moi desmovilizadas?.

      O que si sucede é que pola esquerda hai unhas cantas xentes que negáronse -e négase- a iren tralos partidos. E eso pode repetirse se estes se empeñan. Tres actitudes parecen confirmalo: 1) a insubstancial frivolización da política socialdemócrata; nada novo, pero non corrixido; non se corrixe a voces, que o problema está no de “insubstancial”. 2) a esclerose maxista- leninista. 3) Siguen sendo temidos ante a dereita; siguen sen atreverse a facela súa política (¿teñen unha política propia que a xente faga súa?) por temor ó que dirán; siguen buscando o cariño da xente de dereita.

    9. Xosé Gundín comenta: 07 Feb 2010 a las 14:44

      Calidonia,
      Economía e paro son, si, os problemas máis gordos. ¿Ten culpas o goberno central?; si, este e anteriores, que o problema ten orixe vello. ¿Ten culpa a Xunta?; tamén. Os gobernos teñen sempre as culpas destas cousas.
      ¿Consigue o goberno central sair da trampa?. Parece que non. ¿Pagará por eso?. Supoño que si.
      ¿Consigue a Xunta sair da trampa?. Tampouco, e a máis: convirte os problemas pequenos en grandes; cria problemas novos que non se mira teñan razón de ser; enredaos todos -pequenos, grandes, e de factura propia, de forma que terán que vir de fora a desenredarllos.

      Non me alegro dos fallos de Feijóo, que todos pagaremos. Tampouco me alegro de que estes fallos diran paso á esquerda, pq non é seguro que tal paso sexa dado e pq non entendo pq hai que pagar -e caro- por iso. Preferiría que Feijóo gobernase ben e e esquerda mellor. De momento teño que conformarme conser gobernado por un necio -eis o problema; é persoal, non só ideolóxico- cousa que veño dicindo hai tempo.

      Sempre lle boto unha ollada ó “Voto con botas”.

    10. Isabel comenta: 07 Feb 2010 a las 23:04

      Eu creo que á xente nos partidos ás veces se lle vai a olla e lles importa máis desgastar ao adversario que que as políticas sexan as adecuadas para o país no que viven.

      Tamén podería ser que houbese demasiada xente que só está por perpetuarse no poder -ou no seu pequeno oco de oposición-. Nese caso a expresión ás veces se lle vai a olla sería demasiado amável.

    11. Isabel comenta: 07 Feb 2010 a las 23:10

      Por certo, onte me comprei unha camisa e unha saia en U de Adolfo Domínguez.

      ¿Ou é que estamos gilipollas e non sabemos que neste país todos os días entran en concurso de acreedores bastantes empresas?

    12. Antón do Corsario comenta: 08 Feb 2010 a las 01:20

      Que neste país temos sobredose de gilipollismo está ben craro Isabel, non hai falla de que nolo remexes polos fucinhos…

    13. arume dos piñeiros comenta: 08 Feb 2010 a las 02:03

      Para non callar…
      http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/02/08/0003_8280795.htm
      Sempre coa salvedade das enquisas con 400 persoas por provincia.
      Pero o meu olfato (mínimo) para a socioloxía dime que vai máis próxima ao escoitable por estes lares. O PSdG e o BNG teñen que cambiar rapidamente os dirixentes. Se queren gañar algo. Pero, como son eles e sempre eles os que deciden o cartel, pois xa verán. Logo non digan que non os avisamos.

    14. Calidonia comenta: 08 Feb 2010 a las 04:07

      Efectivamente Arume, o barómetro autonómico de hoxe confirma as miñas impresións e os meus comentarios críticos sobre o barómetro urbano de onte.

      Compárese o dato de hoxe que di que nas 7 cidades o BNG só ten o 4,7% do voto decidido, a CUARTA PARTE do do PSOE e só 3 veces máis que UPyD. É evidente que con ese dato o mantemento de posicións nas cidades que visualizaba o barómetro urbano de onte é unha patraña.

      Tal e como están publicados os resultados e tal como se comentaron as noticias dun e doutro día parece claro que o real é o de hoxe e o de onte unha conveniencia de Alfonso Rueda e do PPdeG, que ten a mira posta sobre as cidades e as eleccións municipais e que quere manter mobilizados aos seus e confiados aos adversarios, para ver de repetir a mesma estratexia de vitoria por sorpresa que lles funcionou nas Autonómicas de 2009.

    15. Pablo comenta: 08 Feb 2010 a las 04:21

      Á vista da deriva do Votoconbotas, decidín mudar de blog (para desgracia dalgúns, supoño…). Asemella que eiqui respirase un ambiente, non sei, menos exaltado para o meu gusto.
      Sobre o ano de Feijoo, penso que non foi nin bo nin malo para el; simplemente, non foi. Estase a converter nun experto do desgoberno: fai ruido, move mobles, pero a casa segue a estar como estaba, se acaso, mais desordenada (caeulle a vaixela da lingua do aparador abaixo, e despois do estruendo, seguemos a ter a mesma vaixela vella, pero agora rota). Ainda que ese movemento aparente pódelle dar réditos alá na capital do reino.
      Do que non estou tan seguro é de se foi un bo ano para a oposición, dicir que teño as miñas dúbidas, é quedarse curto: efeito de boxeador sonado describiría bastante ben a miña impresión.

      ISABEL: cos teus argumentos na man, estou por sair correndo a mercar libros de Cesar Vidal pensando só nos pobres traballadores da imprenta da editorial, non vaian quedar na rua.
      CONFUSIÓN: subscribo plenamente o teu post de onte facendo referencia ao tema das caixas galegas(?) e a asociación que fixeches co tema da lingua.

    16. luou comenta: 08 Feb 2010 a las 04:25

      Poderíanse repetir as tendencias do ano 97 ( o sorpaso). O PSdeG, como consecuencia do desgaste do goberno de Zapatero, perde votos en favor do BNG.
      Para que a esquerda teña perspectivas de goberno, a política galega tería que manterse en primeiro plano ante a opinión pública.
      Unha vez máis o papel da prensa será decisivo.

    17. arume dos piñeiros comenta: 08 Feb 2010 a las 04:59

      O sorpasso vai ter que agardar moito. Creo eu. En Vigo, polo menos, dúas lexislaturas mínimo. Mentres non muden de dirixentes, insisto, pouco hai que lles facer.
      Só coa mestura de desexo e realidade explícanse as demandas de máis esquerda para o BNG e de máis galeguismo para o PSdG. Está ben querelo así, pero dame que os votantes van por outro lado. Non polo contrario, pero por outro lado si.

    18. luou comenta: 08 Feb 2010 a las 06:59

      Isto é interesante.

      clic

    19. xos comenta: 08 Feb 2010 a las 08:45

      O BNG non ten a capacidade agora mesmo de recoller moito voto socialista. Podería atrapar algún (e perder outro), está lonxe do sorpasso, algo que penso que non é máis que un soño. En todo caso, sempre terá mellor resultado nas autonómicas que nas municipais. Tamén poderían caer os dous partidos da oposición. O positivo é que aínda teñen moita marxe para mellorar, pero para iso fai falta intelixencia na dirección, e vaia… En calquera caso, aínda nin se saben os candidatos que presentará a esquerda. Veremos cando haxa perfiles máis claros. Iso debería axudar tanto a Bloque como a PsdG

    20. Isabel comenta: 08 Feb 2010 a las 12:59

      Pablo, xa sei que é opinável.

      Non tanto como aquelo dunha peli de Kevin Smith na que alguén se perguntaba se alguén pensara nos traballadores da estrela da morte en Star Wars.

      Eu traballo en concursos de acreedores, non me gostaría empezar a mañá lendo o concurso de Adolfo Domínguez no BOE .

    21. Isabel comenta: 08 Feb 2010 a las 13:07

      Pablo,

      Continuando co comentario. Fique claro que un concurso de acreedores non se identifica necesariamente coa liquidación da empresa.

      Pero por poñer un exemplo en moda, Fun & Basics entrou en concurso o ano pasado -lembro que o lin no BOE, ainda que xa non lembro cando foi exactamente-. A colección deste ano xa non é en pel.

      Non sei se manterán a fidelidade da xente que lles compraba nen se iso vai acabar provocando, se non unha extinción da empresa, un ERE. Tamén pode ser que lles vaia moito mellor en vendas así, pero eu creo que acaban de cargarse algo que os identificaba como marca.

      Xa sei que non é un comentario politicamente crítico co capitalismo. Pero é que eu creo que hai que apostar pola calidade e durabilidade dos materiais -en calzado e bolsos, sen dúbida, en roupa eu creo que non é tan importante, pero tamén-.

    22. arume dos piñeiros comenta: 09 Feb 2010 a las 11:00

      Miren como anda o patio hoxe en Vigo.
      http://www.vigoalminuto.com/2010/02/09/caballero-acusa-a-dominguez-de-coaccionar-a-los-clubes-deportivos-para-que-no-se-manifiesten/

    Deja tu comentario

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Nuevo curso en Madrid y en Galicia

Metido ya en harina madrileña, y refrescado por una lluvia fina que cae sobre la capital del reino, con una [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

A puertas de las elecciones autonómicas y municipales

Hola amig@s: he tenido algunos problemas de conexión con la página, que ya han sido resueltos. Por eso, hace varias [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera