O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 06 Feb 2010

    Ata o momento..

    Ata  o  momento  o  asunto  das  Caixas  non  constaba  entre  os  temas  de  conversación  usuais. Podía  observarse  unha  grande  frialdade  social,  derivada  dunha  grande  diversidade  de  factores.

      O  primeiro,  que  ningunha  das  dúas  caixas  fixeron méritos  no  pasado  para  ter  o  apoio  popular. As  políticas  de  Gayoso  e  Méndez  e  as  súas  sinerxias  cos  gobernos  pasados  tiveron  beneficiarios  ben  contados  e  apenas  repercusións  positivas  para  a  economia  ou  a  sociedade  de  Galicia. 

    Se  un  considera  o  seu  papel  na  papeleira  de  Pontevedra, pasando  polas  autopistas  ou  unha  obra  social  de  puro  lucimento..  ou   vai  aos  asuntos  de  fondo:  á  ortodoxia  da  CECA  de  CG  ou  detense  na  cuestionable  política  de  créditos  e  investimentos  de  Caixanova  -non  tan  colaboradora  do  sector industrial,  como  afirman  os  seus  valedores-  hai  moi  pouco  nese  pasado  que  xulgar  positivamente.

      O  segundo  factor  é  que,  metidos  nunha  crise  con grande  desprestixio  do  sistema  financeiro  no  seu  conxunto,  poucos  ven  con  agrado  que  o  estado  axude  con  recursos  -os  do  FROB  neste  caso- ao  saneamento  de  entidades  que,  tan  rápido  como  podan,  volverán  polos  seus  foros  (  se  alguén  non  llo  impide) . 

      O  terceiro  é  a  confusión. Poucos  teñen  unha  idea  clara  do  que  se  xoga  no  que  poderiamos  chamar  a  xeopolítica  interna  do  estado  español  -a  idea  que  intentei  repetir  de  que  Galicia  sen  caixas  estará  máis  cerca  de  ser  a  praia  de  Madrid  que  algúns  buscan-  ou  do  que  se  xoga  no  aspecto  económico.

       A  medida,  para ser  máis  específico  en  que  as  Caixas  poden  contribuír, coma  nunca  o  fixeron  antes,  a  desenvolver  un  tecido  propio  -a  Lei  de  Caixas  é  boa, precisamente  porque,  por primeira  vez,  os  seus  equipos  directivos  terán  que  responder  do  que fan-  dentro  de  estratexias  precisas  para  o  desenvolvemento.

      Esa  confusión  é  maior  porque  non  só  Pachi  Vázquez  ou Pepe  Blanco -o  PSdeG,  o  PSOE  ou  quen  sexa-  e  por  suposto  Caballero  xogaron  a  lanzar  fume. Tamén  Quintana,  Beiras,  ou,  para  o  caso,   Barreiro  Rivas  lanzaron  a  idea  de  que tras  a  fusión  viría  a  absorción  por  CajaMadrid. Pero  non  se  ve  por  qué  algo  que  Feijóo  podía  facer  sen mover  un  dedo,  teno  que  organizar  de  maneira  tan  rocambolesca. Os  que  razonan  así  parecen deixarse  levar  por  prexuízos  de  non  aparente  racionalidade.

      En  todo  caso, nin  o  PSdeG  nin  esas  outras  persoas  aclararon  cal  é  a  súa  postura  de  fondo: qué  escenario  viable  apoiarían. Nese  silencio  é  onde  se  nota  unha  certa  venalidade.

      Agora  as  cartas  están  botadas. E  do  modo  en  que  parecía  seguro  que  o  estarían. O  asunto  ten  dúas  saídas, as  que  se  comentan  no  post  anterior.

     O  que  cambiou  nesta  semana  é  que  xa  estamos  metidos  no  medio  do  fregado,  cun  PSdeG  ao  que  lle  choverán  -con  razón-  as  acusacións  de  sucursalismo e  coa  fronte  antirecurso  -a  nova  aldraxe  como  lle  chaman-  posto  en  marcha.

      Agora  virá  o  momento  das  mobilizacións  sociais  e  da  extensión  do  debate  público  acerca  do  asunto. En  ningunha  cafetería  ou  fogar  se  quedarán  sen  facer  algún  escolio  ou  comentario. Levarán  as  de  gañar  no terreo  da  opinión  os  partidarios  da  fusión, porque  é  o  que  parece  máis  de  sentido común  e  porque  é  o  que  conta  con  máis  fogo  do  seu  lado.

      Era  un  escenario  que  non  debería  ter  existido,  porque  del  pode  saír  mal  Galicia  -a  súa  capacidade  económica-  ou,  en  todo  caso,  o  PSdeG  e  con  el  a  alternativa. Feijóo  sairá,  pase  o  que  pase, victorioso  dunha  batalla  que  lle  puxeron  nas  mans  non  se  sabe  que tan  intelixentes  estrategos.

      Aínda  están,  con todo,  a  tempo  de  rectificar  aqueles  que deciden  no  goberno:  establecendo  un  marco  de  negociación  sobre  o  recurso  que lle dea  luz  verde  á  fusión.O  contrario  sería  a  debacle.

    Categorías

    • Política
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame

    6 comentarios to “Ata o momento..”

    1. duarlivre comenta: 06 Feb 2010 a las 10:48

      Home o feijoo estivo meses dudando entre isto e a opción cajamadrid,meses. Tonto non é e soubo que se montaba no verám unha boa lea, se o permitía. Agora o povo xa está asimilando que se queda sen caixas e ten unha boa coartada, a típica e tópica loita pp-soe, tu mas ou a culpa do zp, progresismo-dereita, bla,bla,bla. Non fago xuizos de intencións só digo que ó feijoo ten boas razóns(todas) para o paripé ou para xogar a vermos que pasa.
      Aquí pp-soe na última campaña desgaleguizaronse, que se duvide do seu sucursalismo, pois que quer que diga.. e tan evidente.
      Se gostamos da lingua e políticos de madrid, non vexo por que non gostamos tampouco que nos mangonen os cartos, xa foron para aló tendo nosas caixas, agora con mais razóns. Non se vai crear un frob, con cartos do estado, que xa sabemos que non é de ninguén, pra que os galeguiños xoguen a banqueiros. saudos
      Graciosas as verbas de pachi.vazquez , non lle imos dar unha Caixa ao pp. Caixa galicia para o pp-madrid, é caixanova ao soe-madrilrño-asturián pode ser unha opción xusta.

    2. confusion comenta: 06 Feb 2010 a las 12:15

      Duarlivre, se os galegos queren ter poder financeiro propio e as caixas marchan fora téñeno fácil. Retirar os aforros desas caixas e metelos en entidades financeiras daquí con sede social aquí como as que exiten (banco gallego, banco etcheverria, etc.). Pero muito me temo que neste tema como no do idioma e outros a maioría da xente non está a favor nin en contra, directamente pasa de todo e así nos vai. Pero iso da galeguidade non se sostén nin supera unha análise minimamente seria. Aquí o que hai son intereses particulares e de grupos moi concretos que non pensan precisamente no interese xeral.

    3. Antón do Corsario comenta: 07 Feb 2010 a las 02:25

      Confusión; nen quito nen ponho razón nas túas argumentacións das Caixas, e coido que se os galegos xa non somos moi botados pra diante, menos imos selo nun tema do que non se entende (nen se conhece) moito.
      Máis iso de que o idioma dalle igoal á maioría quén o di?, a “maioría silente”?
      Daquela, xa que logo o idioma tanto lle ten a maioría… a que ven o decretazo lingüístico? a contentar á “minoría berrona ultradereitista” e o seu porta-voz de Galicia?
      Por outra banda, se na historia da humanidade agardásemos pola implicación activa da maioría (e da maioria dos gobernos) pra acadar avances, aínda estariamos nas polas.
      Non misturemos allos con bugallos, que non é boa receita.
      Saúdos galeguistas pra quen os queira ;)

    4. Isabel comenta: 07 Feb 2010 a las 02:27

      ¿Vedes completamente imposível que se lle dea algún tipo de papel a González Laxe nisto das Caixas?

    5. confusion comenta: 07 Feb 2010 a las 13:36

      Antón eu penso que a marioría (silente ou non) pasa olímpicamente do tema do idioma. De feito estou convencido de que o gran problema do idioma non é os “enemigos” declarados estilo GB, o gran problema do idioma é a indiferenza xeralizada da xente que ve como un idioma vai morrendo e non lles parece nin ben nin mal nin regular. Tes razón no das maiorías e as minorías. Sempre hai vangardas que fan que os demais se movan, pero eu penso que é bastante claro que se houbese unha maioría social concienciada co tema do idioma a súa situación sería ben outra. Nestas mobilizacións xuntouse un pouco de todo: xente concienciada, xente anti-pp que usan o idioma para atacar a Feijóo, xente do ensino que se ve afectada por un decreto que multiplica a burocracia e crea problemas de convivencia nos centros, etc. Cunha maioría social preocupada polo idioma un partido como o PP non pode sacar maioría absoluta.

    6. Antón do Corsario comenta: 08 Feb 2010 a las 09:50

      Confusión, eu respeito a tua opinión (faltaría plus), máis non a comparto, cecais sexa porque na minha contorna hai xente que vota o PP e non lle gosta un pelo o decretazo.
      Comparto si que hai moita indeferenza (e ignorancia), pero de ahí a comparalo co asunto das caixas… non sei.
      un saúdo

    Deja tu comentario

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Nuevo curso en Madrid y en Galicia

Metido ya en harina madrileña, y refrescado por una lluvia fina que cae sobre la capital del reino, con una [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

A puertas de las elecciones autonómicas y municipales

Hola amig@s: he tenido algunos problemas de conexión con la página, que ya han sido resueltos. Por eso, hace varias [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera