O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 05 Feb 2010

    Pepe Blanco decide

    Neste momento o futuro das dúas caixas galegas está nas mans de Pepe Blanco. O recurso de inconstitucionalidade que o Goberno central decidiu presentar contra a Lei de Caixas aprobada o pasado decembro admite dous recorridos, o que fai que existan dúas escolas de opinión acerca do desenlace do asunto. A primeira corrente sostén que se trata, simplemente, dun instrumento en mans do Goberno central que este vai a usar para intentar modificar aqueles aspectos da lei que conveñen máis aos intereses do PSOE. Segundo este criterio a fusión tería finalmente luz verde, unha vez ese partido vexa satisfeitas as súas demandas por Feijóo.

    A segunda corrente constata un dato: non sabemos cal é a folla de ruta nin do PSdeG nin do propio Pepe Blanco no que respecta á fusión. Esa indeterminación suxire que é posible que a intención última sexa frustrar a fusión. Agora ben, de ser así ¿por qué? ¿cal é o interese de impedila sabendo que iso significaría a absorción das dúas caixas? Son preguntas de non fácil resposta, salvo que exista unha operación en marcha de contornos hoxe invisibles.

    Ao fin e ao cabo, esa perda das caixas galegas tería efectos atroces para o PSdeG. Previsiblemente implicaría unha perda de peso electoral, o descrédito entre a opinión máis informada e un inmenso regalo a Feijóo que se validaría como o auténtico defensor da galeguidade financeira. A credibilidade que tivo Fraga lle sería posta en bandexa de modo gratuíto pola cegueira de Blanco. De resultas, o PSdeG volvería ao seu propio pasado, cando Abel Caballero foi o candidato. ¿Interésalle iso no comezo dun ciclo no que pode perder non só o goberno de España, senón tamén o de Cataluña? ¿Cando, tal vez, estamos ás portas dun ciclo longo de poder do PP en toda España?

    Categorías

    • Política
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame

    6 comentarios to “Pepe Blanco decide”

    1. xos comenta: 05 Feb 2010 a las 12:07

      O alcalde da Coruña xa largou contra Caballero. Si, realmente o PsdG corre moitos riscos.

    2. arume dos piñeiros comenta: 05 Feb 2010 a las 12:25

      A min o que me deixa pampo é a naturalidade con que EL PAíS (próximo a Rato) escribe que Cajamadrid vai fundirse con Caixagalicia.

    3. Confusion comenta: 06 Feb 2010 a las 02:12

      Pois eu o de Pepe Blanco xa o veño dicindo desde o principio de toda esta trapallada das caixas. Que o sr. Chavez Feijóo andaba moi contentiño porque fixera aquel pacto de caballeros no obradoiro co tal Blanco e estaba convencido de que ían ser moi amiguiños. E desde o principio dixen dúas cousas neste xogo de trileros de feira:
      1) O BNG é o tonto útil do PP.
      2) Se eu fose Chavez Feijóo non estaría nada tranquilo cando tantas cousas importantes da súa política dependen da vontade de Blanco, que non considero un tipo moi de fiar.

      Penso que hoxe fai unha reflexión moi acertada Barreiro Rivas sobre este asunto http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/02/06/0003_8276849.htm

    4. xos comenta: 06 Feb 2010 a las 05:38

      Arume, será que no PAÍS s o dan por feito pola información que teñen. Ou se cadra, é o que desexan

    5. Sarmiento comenta: 06 Feb 2010 a las 11:41

      Vale, todo está atrapallado, e as cousas non se fixeron ben dende o principio. Pero a cuestión segue no aire, se é viable a fusión porque as caixas non queren? e se elas non queren pode o poder político deixar que fagan o que lles pete? Ah, e as caixas non pensan, son os seus dirixentes, que seguro teñen intereses que non coinciden cos meus, nin cos da maioría da xente.

    6. Por un BNG de futuro e con futuro » Arquivos » Monotema comenta: 10 Ago 2010 a las 09:42

      [...] Día 5 - Post de Antón Baamonde sobre o PSdeG e as caixas [...]

    Deja tu comentario

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Otra vez la Desafección

Después de rozar mínimos (ver gráfico de abajo: pulsar) tras las elecciones de 2004, la Desafección, medida por el [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

El verano sólo fue un paréntesis

Finalicé el último artículo, recordando los dos “dolores de cabeza” a los que se enfrentaban los grandes [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera