As declaracións que onte fixo Adolfo Domínguez son sorprendentes: no pasado gardou as formas e evitou entrar nun terreo tan político. Teño constancia directa desa prudencia agora abandonada.
Non é só que o antigo maoísta, militante do PCI, se enrole agora nas filas dos que propoñen o retorno ao capitalismo do século XIX ou predique a dureza empresarial, ao estilo inclemente dun facendeiro, ademais, para non quedarse atrás, chama a derrotar a Zapatero, na presencia de Feijóo.
Naturalmente, as reaccións multiplicáronse inmediatamente. As chamadas ao boicot das súas prendas -eu apúntome- non foron as menos escoitadas.
Nos comentarios dos xornais poden lerse algunhas notas instructivas: dende a que refire como se pasea con un Ferrari por Vigo ata a de Santiago Gómez-Reino dende Bruselas que mostra, unha vez máis como ás veces parece que vivimos nun país de capitalismo para os probes e de socialismo -que pague o estado- para os ricos ! que jeta ¡.

Subscríbete por e-mail!




Unha das frases que destaca hoxe Xornal paréceme do máis brutal que levo escoitado en moito tempo: “Un non ten os dereitos que non pode pagar”.
É aterrador que alguén poida pensar así.
Será que pensa realmente que moitos dos nosos concidadans máis desafortunados non teñen dereito á educación dos seus fillos, nin dereito á defensa nos tribunais de xustiza, nin a unha asistencia sanitaria mínima, nin a unha vivenda digna, nin á seguridade e protección, nin a prestacións non contributivas…
Unha tarde cun grupiño de empresarios un pouco achispados polo whiskey dá nunha diatriba continuada contra tododiós. Non pagar impostos, matar ao sindicalista, despedir ao traballador, ridiculizar a los socialistos (sic) cando non rojos. Negarán que o dixeran, porque se cadra saben que unha palabra fóra de lugar lles perxudica. Pero como AD haivos moitos con semellante catadura moral.
Iso si, cobrar subvencións, axudas, investimentos tecnolóxicos, adaptacións a normativas europeas con cargos aos orzamentos públicos: o que queiran.
A verdade é que estiven discutindo o tema en Renovar o BNG e tampouco é cousa de me repetir.
Creo que a Adolfo Domínguez se lle está indo a pinza e que o problema que ten a súa empresa neste momento é de deseño, ou I + D, ou o que sexa. Pero é algo que afecta á moda galega.
Non a outras empresas galegas do textil que non se poden calificar de moda galega, como Inditex ou Bimba & Lola -se se lles puidese chamar galegas-.
Pode ser aconsellable ver o inicio da web de Bimba & Lola para opinar sobre a cuestión.
http://www.bimbaylola.es/
Á final a cousa vai ser como na literatura.
É posível que haxa quen pense que o de Bimba vai por Bimba Bosé.
En realidade, Bimba Bosé con quen ten relación é con David Delfín -por amizade, relación profesional como modelo, e polo seu home, que fai parte da empresa-.
¿Resulta neoliberal este comentario?
Pois eu sinto discrepar co autor do blog no tema do boicot. Penso que denota moi pouca cultura democrática iso dos boicots por expresar unha opinión. Eu non estou dacordo nin co fondo nin coa forma dalgunhas das cousas que di AD, pero non se me pasa pola cabeza boicotear a súa empresa por esas opinións, cousa diferente sería boicotealo porque use man de obra clandestina, sexa un defraudador, etc., pero por unha opinión non. Así non vamos a ningures se os que opinan dunha maneira boicotean aos que pensan de outra. Por outra parte eu xa pasei os trinta anos e nunca vin a AD paseando en Ferrari por Vigo e se é así marabilloso porque cada quen fai cos seus cartos o que lle peta.
Co das subvencións estou totalmente dacordo que non se lle deberían dar nin a el nin a ninguén. Pero as subvencións viñéronlle de todas partes, incluido o bipartito pois un dos proxectos estrela de Quintana era o famoso parque empresarial do Val da Rábeda creado para variar por César Portela.
Luou esa frase dos dereitos está sacada de contexto. No seu contexto eu concordo con ela. Os cidadáns dun país non poden ter dereitos (económicos) ilimitados, non pode haber un salario universal de 1.000 euros sen traballar porque non nolo podemos permitir. Isto é unha esaxeración, mais é o que viña dicindo AD. Se o sistema de pensións é inviable e non o podemos pagar, entón non podemos manter ese dereito tal como é, haberá que modificalo.
Arumes, tamén habería que ver o que dan de si falando un grupiño de sindicalistas un pouquiño achispados
Isabel o de Bimba e Lola ven do nome de dúas cadelas, as pijas sonche así.
Sobre o Ferrari: en efecto, cada un fai cos cartos o que lle peta. E AD pode gastalos no que considere.. Sobre isto total acordo
Pero é natural que ofendan afirmacións do tipo “un non ten os dereitos que non pode pagar”. Iso é, directamente, unha crueldade. O seu non foi un discurso máis ou menos razonable, dentro dunha óptica ou outra do pensamento: foi unha provocación.
Sobre como ergueu a súa empresa, se pagaba ou non impostos, e tiña a xente contratada habería moito que falar. Os pequenos talleres ou galpóns de mulleres cosendo a destajo sen relación laboral algunha foi práctica usual e tal vez o siga sendo.
Cando se produciu o incendio das súas naves en Ourense ¿ a administración non deu subvencións moi substantivas ?
Se un é un frade franciscano, perfecto, pero Domínguez non o é. Convén a prudencia en Díaz Merchán. E tamén en AD
Sobre o boicot: tal vez se me pase, en aras da libre opinión, pero a bote pronto ¿non é natural molestarse ? ¿como pode unha persoa de tradición progresista expresar con tanta naturalidade semellantes barbaridades ?.
Entendo que a xente que pensa dunha determinada maneira se poda sentir ofendida, pero penso que falta na nosa cultura democrática algo fundamental que é aprender a discrepar sen sentirse ofendido, crisparse e automaticamente meter unha liña de división co que pensa de diferente que delimita onde estou eu e onde queda o outro e a partir dai nin eu paso esa liña nin deixo que o outro se meta no meu espazo.
O de poder pagar os dereitos insisto en que está tirado dun contexto no que se refire a dereitos económicos exercidos de maneira colectiva. E ten todo o sentido dicir que España como país non se pode permitir outorgar uns dereitos aos cidadán se España como conxunto non pode pagar eses dereitos (económicos). E finalmente sintetiza nesa frase de “un non ten os dreitos que non pode pagar”.
Eu o da fraude e a explotación non o puxen como afirmación senon como un exemplo ao chou. Moito se ten dito sobre as orixes do textil galego e os famosos galpóns de mulleres cosendo nas aldeas. O sorprendente é que un feito que a maioría daba por certo como que durante anos, talvez décadas, como que este señor e outros foron levantando empresas “explotando” traballadoras non foi motivo de ningún boicot, aínda ao contrario eran os anos dourados de namoro entre este e outros modistos coa progresía panhispánica. E agora que sae dicindo (só dicindo, non facendo se cadra porque non pode) que é partidario do despido libre móntase a de san Dios con chamamentos a boicots, levantamento de bulos, ameazas e tal.
Eu penso que o que pasa aquí é que a xente máis metida no mundo da esquerda de repente ve a este señor como unha especie de desertor do arado e é sabido que Roma non paga a traidores. Eu vexo neste asunto moita pataleta.
Chamar ao boicot é un xeito de expresarse e manifestarmos un rechazo bastante menos agresivo que chamar ao recorte xeneralizado dos dereitos dos traballadors e dependentes nun contexto de autoridades políticas, empresariais e mediáticas.
Xa só faltaba que,ante a ola reaccionaria que se nos aveciña nin tivésemos dereito de articular a nosa resposta.
Pois nada, segundo Confusión haberá que dicir que chove… e porlle boa cara á mexada.
Será que só eles tenhen direito a dicir o que lles pareza. Nos non temos direito a chamar ó boicote porque os cartos vánsenos en subvencións para estes elementos e non podemos pagar o noso direito á liberdade de expresión.
Non me vale, Confusión, que ti digas que AD ten direitos e nós non. Podes expresar o teu desacordo co chamamento ó boicote pero hai que comenzar a que esta xente se acostume a atinxir coas consecuencias do que, no seu direito, botan pola súa boca.
LIBERDADE DE EXPRESIÓN PRA TODOS
Un saúdo a todos
Eu non sei o que se falaría nos despachos e “boites” do “establishment”, pero noutros ambientes hai xa moitos anos que este home ten sona (merecida) de explotador; outra cousa é que os medios lle fosen ó pelexo.
Se es un explotador é un chucha subvencións, daquela cala a boquinha e non botes a lingoa a pacer, que diria a sabedoria popular…
De novo saúdos.
Eu durante dous anos nun despacho de avogados de recoñecido prestixio gañei 700 euros ao mes (10. 700 euros brutos anuais) e facía demandas, contestacións -en asuntos de cuantía aproximada 120.000,00 euros), abría a porta e contestaba ao teléfono. Estaba asegurada, iso sí.
Conste que o que era o meu xefe é un excelente avogado, aprendín bastante e fun bastante feliz menos nos últimos meses.
Bueno, creo que o primeiro ano eran 750 euros ao mes, e o segundo deberon subir as retencións.
Confusión,
Xa sabía que o de Bimba e Lola ía por dúas cadelas e que ás pijas se lles dá por poñerlles nomes así aos animais (coñecín a un labrador estupendo que atendía ao nome de Cosme, e viña a sustituir, se iso fose posível ou correcto como plantexamento, a outro labrador, negro e non chocolate, que se chamaba Lucas).