Os incríbles erros do PSOE parecen anunciar un cambio de ciclo. Instalase a sensación de que o goberno central andas ás atoutiñadas, coma un boxeador noqueado, que xa non distinguira ao seu contrincante.
A semana pasada foi un erro enorme de Zapatero acudir a Davos -non fixo outra cousa que situar a España no centro da tormenta dos mercados financeiros- e non menor dar á luz, tal vez como consecuencia desa estadía, as proclamas -tan da liña social-liberal de MAFO- en favor de retrasar a xubilación e outros recortes do Estado do Benestar.
O goberno xa non ten iniciativa, nin goza de credibilidade. O único que o protexe, en realidade, é a oposición, un PP que asusta, e a paz social que, ata o momento, lle garantiron os sindicatos. Os ministros parecen unha orquestra carente de coordinación. Ademais, como Fermín Bouza ten insistido, a política de comunicación é ou inexistente ou atrabiliaria.
Será moi difícil que nas próximas municipais e autonómicas, e despois nas xerais, o PSOE obteña bos resultados. Pero o problema non radica só na perda do poder. O que sería moi lamentable é que se abrise un ciclo longo de instalación do PP no poder, favorecido por ese desnorte do PSOE. E iso é o que parece poder albiscarse se un intenta mollar o dedo e decidir a dirección do vento.
Visto dende Galicia trátase de malas noticias. Porque ese é o mellor escenario para Feijóo. Se a ese desnorte xeral do PSOE se lle engade o particular do PSdeG no asunto caixas que parece que fai regresar a ese partido aos tempos en que era unha confederación de alcaldes a perspectiva non pode ser máis complicada.
O BNG, no entanto, será o principal beneficiario dunha dialéctica na que ninguén o toma como obxectivo a bater e no que pode, se mide os seus pasos, recuperar espazo. Pero, iso sí, sen que a suma, previsiblemente, permita o regreso á Xunta.
O resultado de todo isto pode ser unha Galicia en Stand-by

Subscríbete por e-mail!




Ten moi difícil o BNG para atraer o voto que perda o PsdG, aínda que terá que intentalo todo. A cousa está complicada por razóns alleas á política galega, o que amosa aínda máis a nosa dependencia total da política española. Desde logo, se Feijóo repetira, (en canto a motivos internos, non o ten nada doado, pero gracias a elementos da política externa á galega é máis fácil), non sería o mesmo que caeran en votos os dous partidos da oposición que só un deles. Malia todo, é pronto, aínda queda moito, mesmo para as xerais. Eu vexo por primeira vez seriamente tocado a nivel popular o goberno de Zapatero, o das pensións fixo agromar unha oposición clara en moita xente que non era tan negativa con respecto ao goberno socialista
De seguir ZP pode estar a cavar a tumba do PSOE e do socialimos en España, algo que por outra parte tampouco ten porque ser negativo. De feito, na miña opinión, a desaparición do PSOE en Galicia é o mellor que nos podería pasar.
Unha vez fóra do goberno non vexo que argumentos nin que lavado de imaxe poden facer para recuperar o poder cando xa van dúas veces que os botan do goberno deixando o país patas arriba e ao borde mesmo do abismo. Que van ofrecer á sociedade: “xustiza social” cando é o partido que máis axuda da á banca e aos ricachóns da SGAE e o partido que por dúas veces meteu o país na “miseria”?, progreso económico cando máis dun terzo de España supera o 30% de desemprego, cun déficit galopante, unha débeda que habemos ver como a pagamos, etc.?
Este goberno socialista pasará á historia como o peor da democracia borbónica, como unha especie de experimento naif, cun incompetente á cabeza que se rodeou de mediocres e fixo da mediocridade, da incompetencia e da irresponsabilidade virtude. Quedará no recordo como o partido que premiaba indocumentados e vagos (Pajín, Aido, etc.).
Teñen sorte de ter enfronte unha banda de incompetentes rancios como son os do PP e esa pode ser a súa salvación.
E o problema dos partidos de control férreo é que impiden a renovación constante dos seus dirixentes e cadros medios. Ninguén, despois dunha derrota, quere participar en proxecto algún: desbarátase por un tempo unha alternativa progresista.
No caso do PSdG é o que está a suceder: os que andaban chez caetano están xa na casa e non artellan nada fóra do puro ámbito parlamentario. E iso trae como consecuencia que as súas cabezas visibles, ou sexa os alcaldes (todos masculinos e de certa idade e un pouco rabudos nesto da política: obsoletos, por mal palabra), sexan os que manden no partido.
Do BNG, tres cartos do mesmo: o que pasa é que sempre tivo unha militancia, que, aínda que escasa, é moi fiel e combativa: distribuida en miles de asociacións parecen máis sempre do que son.
Feijóo teno fácil, non precisa manter dous frentes abertos (PSdeG, BNG), chégalle con un. Do Bloque pode desentenderse. Con iso garantiza o goberno.
Se o Psoe perde o goberno en Madrid, pode haber desembarco de candidatos, ou Blanco ou Caamaño. Blanco non me parece moi galeguista, que digamos, pero é un político de moito peso. E Caamaño ten un perfil magnífico para unha aposta polo galego. Podería haber partido, malia todo. Pero claro, se Feijóo é hábil botándolles a culpa da posible perda das caixas…
Sobre o dito querería facer unhas “reflexións”:
- En España a esquerda sempre ten mala sorte. Pensemos só o contexto en que chegou a II República (Crise do 29). Pensemos tamén o contexto en que chegou o primeiro goberno socialista da Transición. Pensemos agora o contexto en que se desenvolve o goberno socialista actual (e comparémolo co contexto no que se desenvolveu o de Aznar). Hai un contexto.
- As análises económicas os que as viven fanse sempre no corto prazo. Co tempo, cando se fagan as análises históricas comprobarase que os culpables do que está a acaecer foron os gobernos de Aznar por basear o crecemento económico español nas mesmas urdimbres que o “desarrollismo” dos 60: construción e turismo (antes emigración, agora inmigración). Unhas bases que xa se demostraron febles entón e que a dereita é incapaz de modificar.
- Como vai saír España desta? está claro que nunca máis imos ter a un sector da construción tirando da economía (esgotamos, afortunadamente, o modelo). España non é Francia, nin Alemaña (nunca o foi por moito que o pensasen algúns). España só poderá empezar a medrar se Alemaña e Francia, ou os británicos tiran da nosa economía. Algún español sensato pensa que a solución está en Rajoy?
- O goberno actual está experimentando un xiro nas súas actuacións “obrigado” polas circunstancias, pola presión do FMI que, xa sabemos, sempre aplica as mesmas recetas e sempre cos mesmos resultados: crise social. É o que hai. Se queremos obter créditos internacionais, o FMI impón as súas condicións. ……. Ou é que pensamos que os países son autónomos e soberanos?
Galaicus, o que dis de que a esquerda sempre ten mala sorte só pode dicilo alguén que se considera de esquerdas para autocomplacerse, autoxustificarse, autoreafirmarse ou calqueira cousa que comece por auto. Eu como non me considero de esquerdas e non teño que xustificar o que fan, simplemente penso que a esquerda fracasou hai moito tempo como ideoloxía e que o único que fai é crear problemas e no caso económico destruir riqueza baixo o pretesto da xustiza social. Eu non creo na esquerda como non creo na mala sorte. Creo no traballo ben feito e a esquerda non fai ben o traballo porque os resultados son pésimos. Eses resultado están á vista de todos en España (Felipe e ZP) e en Galicia (González Laxe e Bipartito).
O da política de comunicación do goberno do PSOE o dixeron tamén estes días na SER pola mañá -é a emisora que escoito de sempre polas mañás, xa ven daquel tempo en que a miña nai me peiteaba para ir á escola coa saga dos Porretas de fondo, ainda que así entre nós, e sabendo que vou estar mal vista por isto, teño que dicir boto de menos a Gabilondo-.
Lembroume ao de cando dicían que ao bipartito o que lle fallara fora a política de comunicación.
En realidade eu creo que Iñaki Gabilondo é un profesional como a copa dun pino -ainda que non coincida con el en todo-.
Tamén que ten axudado moito a templar o discurso no tema do nacionalismo, e que na cuestión do conflicto basco a súa voz non é a dominante en PRISA. As enquisas da Ser, polo demais, sempre foron moito máis fiáveis que as de El País.
Sempre pensei que por ser quen é -profesionalmente-, se podía permitir disentir en parte da liña da empresa que lle puña o prato na mesa -ainda que desde o nacionalimo isto non se lle recoñeceu nunca-.
Eu non sei nen se teño CNN + sintonizada na tele, creo que non. Nunca fun de ver telexornais, e se algún teño visto algunha vez é o de cuatro -porque tiña “á voz”-.
Tamén lle agradezo a Iñaki Gabilondo, como filla dunha galega votante socialista que naceu no 39 e carece case por completo de formación académica -malia ser moi intelixente- pois comezou a traballar a xornada completa con nove anos, o que fixo por esa xeración durante tantos anos na radio.
Polo que vexo Confusión está encantado coa Galicia que temos (somos un lugar punteiro) e que a dereita creou. Tamén vexo que vostede está igualmente encantado coa España que a dereita creou, porque o que temos, non hai que esquecelo, é obra da dereita que foi a que gobernou practicamente sempre. Ten sorte. Que o disfrute!. Outros non temos esa sorte. Ah, e sí, son de esquerdas e, como din vostedes (os de dereitas) “sin complexos”. Xa ve, eu penso que os problemas deste país os creou sempre (dende hai case dous séculos) a dereita.
Galaicus eu doulle a razón en todo menos en que eu estea encantado coa Galicia que temos. Non o estou en absoluto, mais dubido bastante que Galicia estivese mellor no caso de ter sido gobernado de sempre pola esquerda. Ademais non creo que a solución aos problemas de Galicia veñan dos partidos da esquerda e tampouco do actual PP. A solución aos problemas que temos virá doutro PP ou doutra dereita chámese como se chame ou directamente non virá. Os exemplos máis próximos de gobernos “de sempre” da esquerda témolos en Andalucía, Extremadura e Castilla-La Mancha, non encontro un lugar no noso contorno máis próximo con goberno de esquerdas de sempre que me pareza un exemplo máis ou menos a seguir. E temos outros exemplos próximos de gobernos de dereitas “de sempre” Euskadi (veremos a desfeita que fai o PSOE alí e o que dura), Navarra, Cataluña (a desfeita da esquerda está á vista de todos, o que era Cataluña e o que é) que si me parecen modelos mellores que os que padecemos aquí. Hai outras dereitas que non son a rancia e casposa do PP.
¿Outra dereita? Non hai, así de simple, haina en Cataluña, si, no País Vasco, tamén, en Alemaña, por suposto, en Francia, a pesar de Sarkozy, tamén a hai. Mesmo os antieuropeos conservadores británicos son plenamente demócratas. Pero en Galicia e en España non hai outra dereita máis que a do pelotazo. Eu non coñezo outra. E non vai cambiar.
En canto a Andalucía, e Estremadura, perdón pero partindo de ser as máis pobres, melloraron moitísimo coa esquerda, a todos os niveis. (E por certo, Extremadura dálle mil voltas a Galicia en canto á relación con Portugal) Oxalá a esquerda tivera gobernado en Galicia 16 anos como Fraga, este sería un país moi diferente
A min góstame moito a xente extremeña, teñen un bo sentido do humor. Se cadra sonme máis afíns os de Cáceres, onde se nota a pegada salmantina, que os de Badajoz. E si, eu creo que teñen claro que é unha vantaxa a aprendizaxe do portugués para a empresa privada.
Con todo, eu noto no centro de España no tema de muller e costumes morais, un salto grande se o comparamos con Galiza. Podemos exceptuar Madrid, supoño, e dependendo dos ambientes.
E logo tamén, con isto da política estatal, creo que El País está facendo moito dano co seu apoio a Gallardón e a oposición vergonzante ao goberno do PSOE.
E francamente, creo que é ben mellor Esperanza Aguirre -que en realidade é un peso pesado da política española, teña feito o que teña feito Caiga quien Caiga- que Rosa Díez.