O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 28 Feb 2010

    Dous artigos sobre economía

    Nas  páxinas  salmón  de  “El  Páis”  -estupendas  dende  hai  un  par  de  anos- poden  lerse  dous  artigos  de  interese.

    O  primeiro  é  debido  a  Antón  Costas,  Catedrático  de  Economía  vigués  e  vicepresidente  do  Círculo  de  Economía  catalán. Introduce unha  miga  de  optimismo  na  economía  española  dende  o  seu  ánimo  sempre  mesurado http://www.elpais.com/articulo/primer/plano/paciente/espanol/elpepueconeg/20100228elpneglse_5/Tes

      O  segundo  é  debido  a  Paul Krugman, que  narra  a  estratexia  da  dereita  estadounidense  e  universal  para  desfacerse  do  Estado  de  Benestar  e de  calquera  cousa  que  se  lle  pareza.  Un  non  deixa  de  sorprenderse  nunca  das  similitudes  entre  as  posicións  dos  Republicanos  USA  e  a  dereita  global  -incluída  a  máis  perto  de  nós-.

     ¿ Será  porque  no  mundo  global  a  emulación  -tamén  a  emulación  no  peor-  derruba  todas  as  fronteiras?. O  impulso  de  imitación  é  xunto  co  sexual  tal  vez  o  máis  forte  para explicarse  o  comportamento  humano,  iso  sábese  dende  hai  moito  tempo..    http://www.elpais.com/articulo/economia/global/chicos/quiebra/elpepueconeg/20100228elpnegeco_2/Tes

      Polo  demais,  agora  que  iso  que  chaman  cultura  volveuse  asunto  de  rutina  e  gadget  aburrido  -cando  non  directamente  aborrecible-,  as  páxinas  de  economía  ( as  do  domingo  na  Vanguardia  tamén  están  ben )  teñen  o  suspense  e  o  elemento  de  xadrez  intelectual  que  hai  que  desenredar  para  decidir  (e localizar )  ao  criminal.

    6 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 26 Feb 2010

    De qué é signo o de Rosa Díez?

    Que  todo  o  mundo  saíra  en  tromba  en  relación ás  declaracións  de  Rosa  Díez  ¿De qué  é  signo ?.

    Rara  vez  se manifesta  tanta  unanimidade  en  Galicia. Da  Voz  ao  Faro  e  na  totalidade  -sí,  na  totalidade-   dos  outros  medios,  do  PP  ao  BNG  pasando  polo  PSdeG,  nos  comentarios  na  prensa  dixital. Unha  reacción  inusual  e  sorprendente,  con  repercusión  na  prensa  estatal,  no  Telediario  de  TVE,  na  Sexta,  etc.

    Dende  logo,  hai  quen  está  interesado  en  sentirse  ou  facerse  o  ofendido,  outros  realmente  o  están,  pero  ¿realmente  en  Galicia  estamos  xa  na  fase  de  xerar  formas  colectivas  de  oposición  a  menosprezos  alleos ?.

      Fago  esta  pregunta  con  inocencia,  por  se  a  alguén  se  lle  ocorre  algunha  explicación  convincente..

    15 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 25 Feb 2010

    Unha carta no Xornal

    Sobre  Isidoro  Nicieza:  efectivamente  gran  debelador  de  Galicia  nas  páxinas  de  La  Nueva  España  http://66.102.9.132/search?q=cache:wuK28vgUaB4J:www.xornal.es/article.php%3Fsid%3D20081002000101+Isidoro+Nicieza+OPUS&cd=6&hl=es&ct=clnk

    Noutro  post  “Cortar  e  pegar”  poden  lerse  outras  observacións  acerca  do  actual  director  xeral do  Faro

    2 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 25 Feb 2010

    Éstanlle tomando o pelo, aparentemente..

      Máis  que  unha  negociación  parece  un  vodevil. http://www.elpais.com/articulo/espana/Suspendidas/sorpresa/negociaciones/Xunta/Gobierno/cajas/elpepuespgal/20100225elpepunac_23/Tes

      Ao  goberno  éstanlle  tomando  o  pelo, aparentemente. Rueda  debe  estar  cheo de  Raiba..  ¿cal  será  o  próximo  enredo ?. Atentos  á  pantalla.

      Foi  Fernando  Macías  quen,  no  seu  artigo  de  La  Opinión,  foi  presciente  http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2010/02/25/opinion-previsible-fracaso-dialogo-imposible/361614.html 

     Mentres,  este  pouco  necesario  artigo  de  Xosé  Luís  Gómez  http://www.xornal.com/opinions/2010/02/25/Opinion/quien-hijo-mendez/2010022422111700310.html

    10 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 25 Feb 2010

    Caixas: parece que desta vai..

    Hoxe  volven  a  reunirse  Xunta  e  Goberno  central. Parece  que,  finalmente,  a  probabilidade  dun  acordo  é  maior  http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/02/25/0003_8317290.htm  ( non porque  o  diga a  Voz,  preciso ).

      Se  a  Lei  de  Caixas  é  desbloqueada,  como  así  se  asegura ( os  fundamentos  do  recurso  de  inconstitucionalidade  eran  moi  frouxos  e,  en  efecto,  quen  lea  a  Lei  andaluza  comprobará  que  foi  redactada  con  similar  inspiración  e  obxectivos )  pasaremos  á  seguinte  fase,  na  que  dependerá  da  proporción na  que  se  renoven  os  órganos  das Caixas  que  estas,  finalmente,  se  fusionen ou  non.

      O  resultado,  visto  dende  hoxe,  é  incerto. Porque  en  Galicia  hai  moitos  galegos,  dito  sexa  sen  ánimo  pexorativo..

    3 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 23 Feb 2010

    Feijóo&López

    Sen  dúbida  sería  o  desexo  de  Feijóo  copiar  o  modelo vasco,  pero  ao  revés (co  PSdeG  apoiando  dende  o  exterior  un  goberno  conservador ). http://www.elpais.com/articulo/espana/Naufraga/negociacion/Xunta/Gobierno/Lei/Caixas/elpepuespgal/20100223elpepunac_14/Tes

      Por  outro  lado,  Feijóo  pretende  inspirarse  no  modelo  vasco  ( tamén  axitado  por  GB )  para  o  sistema  educativo. Na  filosofía,  por  suposto,  dado  que  a  separación  por  idiomas  non  parece  moi  popular  en  Galicia..

      Feijóo  emite  sinais contraditorias  sobre  o  particular. Un  día  fala  do  50% / 50%  o  outro  erguese  remedando  a  campaña  de  hai  un  ano. Hoxe  a  Voz  relata  a   supresión  da  esixencia  dun  exame  de  galego  nas  oposicións. Continuamos  coa  progresiva  deconstrucción  http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/02/23/0003_8313032.htm

    14 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 23 Feb 2010

    Aló vai..

    Aló  vai  a  negociación  sobre  a  Lei  de  Caixas  http://www.elpais.com/articulo/espana/Naufraga/negociacion/Xunta/Gobierno/Lei/Caixas/elpepuespgal/20100223elpepunac_14/Tes

    Parece  confirmarse  que  o  que  se  busca  por  parte  de  Pachi  Vázquez  e  Pepe  Blanco-ou de  quen  sexa-  é  frustrar  a  fusión  para  endosarlle  o  fracaso  a  Feijóo, coas  perdas  electorais  consecutivas  en  Vigo  e  A  Coruña,  por  camiños  diferentes.

      É  unha  estratexia  intelixente ?  A  min  non  mo  parece,  pero  teremos  ocasión  de  comprobar  como  acaba  todo  isto  e  quen  é  responsable  de  qué.

    7 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 22 Feb 2010

    Un contrato electoral para 2013

    ¿ Estamos  ante  unha  crise  da  democracia ?. Non  o  creo,  se  un  toma  como  referencia  Galicia. Ao  contrario,  nestes  momentos  hai  máis  pluralidade,  máis  dinamismo  social,  máis  debate  político  do  que  era  o  caso  antes  da  experiencia  do  bipartito.

      En  Galicia  o  PP  non  posúe  hoxe  o  control  do  territorio  social,  o poder  -aí  están  os  grandes  e medianos  concellos  e  dúas  deputacións-  está  máis  repartido e  a  opinión  pública  ten  ao  seu  dispor  medios  de  comunicación  un  chisco  ! ai,  só  un  chisco ¡  máis  diversos.

      Outra  cousa  é  o  que  iso  signifique: os  medios  de  comunicación  é  obvio  que  están  intentando  ser  punta  de  lanza  de  lobbys  locais,  nunha  estratexia  que,  dende  logo,  ten pouco  que  ver  co  deseño  racional  e  eficiente  de  políticas  nas  súas  urbes.  Pero  é  certo  que  están  claras  as  dificultades  da  Xunta  para  marcar  un  criterio  sen  verse  abocada  a  negociar  con  eses  grupos  de  presión  ( véxase  un  post  anterior  sobre  “El  armisticio”  co  comentario  de  Arume ).

      Por  outro  lado,  Losada  ou  Caballero  non  son  para  lanzar  cohetes,  como  revelan  os  seus  últimos  movementos  tácticos. E  que  imos  dicir  dun  BNG  coa  súa  tendencia  a  culpar  ao  entorno  dos  erros  que  comete  tan  soberanamente.. ( véxase  a  interesante  entrevista  con  González  Mariñas  no  Xornal http://www.xornal.com/artigo/2010/02/21/unknown/mais-bng-deberia-constituirse-partido-dentro-do-propio-bloque/2010022120415600625.html ).  

     A  confusión  é  enorme,  no  entanto,  dende  que  a  lea  das  caixas  enguedellou  un  primeiro  ano  da  oposición. Antes  ela  poidera,  gracias  ao  movemento  pro-galego,  saír  moi  rapidamente  do  seu  letargo  e  depresión.

    Na  miña  opinión  esa  lea  non  debera  terse  producido  -prexudica  os  intereses  de  Galicia  e  favorece  ao  PP  desmontando  a  incipiente  polarización-  pero  non  cabe  dúbida  de que  mostra  a  incapacidade  de  Feijóo  de  marcar  o  paso  e  evidencia  -como  foi  o  caso  co  financiamento  autónomico-  que  ter  un goberno  central  enfronte  crea  grandes  dificultades. No  actual  combate  PP-PSOE  non  se  admiten  feridos:  só  mortos. A  actual  lea  das  caixas  está  teledirixida,  como  é  obvio,  por  Pepe  Blanco.

      Esa  confusión  crea  interrogantes  para  o  futuro  que  veremos  como  se  despexan,  pero  o  ano  que  pasou  dende  a  toma  do  poder  por  Feijóo  non  foi  bo  para  o  PP  e  atrévome  a  suxerir  -con  permiso  de  Calidonia-  que,  no  caso  de  que  puidese  descontarse  a  baixa  do  PSOE  por  motivos  ligados  á  crise,  o  bipartito  podería  gañar  con  certa  facilidade  as  eleccións  do  ano  2013.

      A  condición  mínima:  crear  dinámicas  de  polarización,  non entorpecerse  BNG  e  PSdeG,  non retornar  dende  a  oposición  a  aquelo  que  lles  fixo  perder  votantes  no  goberno.

     E,  de  poder  ser,  ter  políticas  racionais,  non  de  pura  contestación. Nos  gustaría  saber  que  farían, se  chegaran  ao  poder  outra  vez  coa  política  lingüística,  coa  eólica  e,  en  xeral  coa  medioambiental,  coa  do  territorio,  coa  relación  cos  medios. En  definitiva:  sería  bo  que  firmasen  un  contrato  cos  seus  electores  especificando  o  seu  programa. Ademais,  sería  bo  que  cambiasen  o  farruco  estilo  de  goberno  que  tanto  lles  perxudicou..

      Isto  non  é  ignorar  a  forza  do  PP  nos  medios,  entre  o  empresariado  e  etc. Calquera  que  teña  anos  -e  eu  xa  os  teño-  sabe  que  iso  é  así:  por  tanto,  non  é  eximente  de  nada:  calquera  que  chegue  ao  goberno ten  que  saber  e  estar  preparado  para  iso. Si  no  sabes  torear  pa  que  te  metes..

      Para  acabar. Outra  cousa  é  a  nivel  macro. Aí  si  que  é  posible  falar  de  crise  da  democracia. A  recente  tormenta  económica  mostrou  ás  claras  que  foron  os  mercados  os  que crearon  a  crise,  que  foron  os  gobernos  os  que,  de  momento, a  intentan  capear,  e  que  os  mercados  teñen  capacidade  para  facerlle  chantaxe aos  tales  gobernos.

      Ningunha  política  progresista  está  saíndo da  crise:  ao  contrario  mostrase  con  máis  crueldade  o  cinismo  e  a  desvergoña  dos  mercados,  e  a  falta  de  horizonte  da  esquerda  en  calquera  parte  do  mundo    http://www.publico.es/dinero/296721/sistema/pensiones/sobrevive/expertos e  tamén   http://www.publico.es/dinero/296901/grandes/fortunas/tranquilas/zapatero    O  que  houbo  foi keynesiasmo  de  dereita:  usar  aos  estados  para  sanear  as  contas  privadas.

    50 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 21 Feb 2010

    A ver que pasa o martes

     O  martes,  día  da  próxima  -e  disque  última- reunión  entre  Goberno  central  e  Xunta  posiblemente  saíremos  de  dúbidas  acerca  de  se  a  fusión  das  caixas  terá  lugar  ou  non. No último  número  de Tempos  Novos  ven  un artigo  de  Enrique  Sáez  Ponte  que  ilumina  unha  cuestión  sobre  a  que  reina  tanta  confusión   http://www.temposdixital.com/?p=2920 

      Non  creo  necesario  insistir  en  que  servidor  non  consigue  entender  os  puntos  de  vista  daqueles  que  se  opoñen  á  fusión. Aos  meus  ollos  só  a  frivolidade  e/ou  a  venalidade  pode  explicar  unha  actitude  que,  de  ter  éxito,  significa  apoiar  os  intentos  do  Banco  de  España,  do  Ministerio  de  Facenda  e  do  PP-PSOE  estatais  de  proceder  a  esta  particular  modalidade  de  Loapa  financeira. Admito,  naturalmente,  e  con  todo  o  fair  play  do  mundo,  que  podo  estar  equivocado,  pero  non  atopo  argumentos  convincentes que  me  fagan  cambiar  de  posición.

     Polo  demais,  a actitude  do  PSdeG  crea  espazos  para  o  dobre  xogo  de  Losada  e  Caballero  e  alimenta  identidades  locais  equivocadas. Hainas  acertadas,  pero estas dúas  non  o  son:  están  feitas  a  medida  das  respectivas  elites.

    Pode  rexistrarse,  con  todo,  o  despertar  dunha  meditada  estratexia  en  Vigo  que  repite  a  que  foi  liña  de  actuación  do  vazquismo. Hoxe  no  Xornal  Pérez-Lema  da  conta  do  que  el  chama  ”o  devalo  do  lobby  coruñés”  http://www.xornal.com/opinions/2010/02/21/Opinion/devalo-do-lobby-corunes/2010022100023700338.html

    1 Comentario
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 20 Feb 2010

    Un ano de Feijóo

    Acercase  o  aniversario  da  vitoria,  contra  prognóstico,  do  PP. Touriño  e  Quintana  puxeron  naquel  momento  rostro  de  estupefacción. De  ningún  modo  esperaban  ser  derrotados  por  un  partido  que  carecía  de  poder  e  por  un  candidato  que  ata  o  momento  só  tivera  unha  experiencia  política  limitada  e  unha  vida  nas  bancadas  do  parlamento  máis  ben  plácida,  apenas  alterada  por  un  par  de  instantes  de  presenza  en  primeira  liña  a  conta  do  non  nato  novo  Estatuto. Non  obstante,  sucedeu.  O  Pobo  soberano,  con  razón  ou  sen  ela,  mandou  aos  dous  mandatarios  non  só  fora  do  goberno  senón  tamén  a unha  especie  de  exilio  no  interior  dos  seus  propios  partidos. A  vitoria  ten  moitos  pais,  pero  as  derrotas  están  orfas. Todo  dirixente  ten  que  ler  a  Séneca  ou  Cicerón,  estar  preparado  para  o  estoicismo  e  ata  para  ser  o  branco  do  cínico  puñal  dos  milites. 

      A  partires  de  aí  Núñez  Feijóo  pasou  a  ser  unha  promesa  non  só  en  Galicia,  na  que  o  Partido  Popular  gozaba  outra  vez  da  mel que  pinga  das  consellerías:  parecía  que,  nun  partido  enguedellado  en liortas  continúas  entre  Aguirre  e  Gallardón,  con  Camps  posto  na  picota  polo  caso  Gürtel  e  Mariano  Rajoy  exercendo  de  líder oblicuo  e  preguiceiro como  é  o  seu  estilo  e  o  seu  instinto,  o  novo  barón  galego  podía  aspirar,  mesmo,  a  disputar  a  presidencia  do  goberno  español,  en caso  de  guerra  interna  total  no  predio  conservador.

      O  ano  que  pasou  dende  entón  disolveu  en  grande  medida  esas  esperanzas  e  mostrou  o rostro dun presidente  de  Galicia  que  nin   é  capaz  de  poñer  orde  no  seu  partido  -caso  Baltar-  nin  é  capaz  de  pechar  os  temas  que  el  mesmo  abre  - o  galego,  as  caixas,  etc.-. Galicia  xa  non  é  un  balneario  para  retiro  de  líderes  da  dereita, ten  un  dinamismo  que  poucos  podían  sospeitar. Sucede  ademais  -a  estas  alturas  parece  evidente-  que  as  virtudes  políticas  de  Feijóo   son  perfectamente  descritibles. Galicia  aprendeu  que  os  gobernos  póñense  e  sácanse  cando  ha  lugar. A  experiencia  do  bipartito  ensinoulle  a  sociedade  un  curso  básico  de  democracia:  que  os  gobernos  están  aí  para  poder  ser  removidos.    

    8 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
« Previous Entries

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Otra vez la Desafección

Después de rozar mínimos (ver gráfico de abajo: pulsar) tras las elecciones de 2004, la Desafección, medida por el [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

El verano sólo fue un paréntesis

Finalicé el último artículo, recordando los dos “dolores de cabeza” a los que se enfrentaban los grandes [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera