Mentres Núñez Feijóo pregunta “se alguén non ve presión na fotocopia que se publica na prensa catalana” La Voz de Galicia enuncia o punto de vista da dereita local -e non só da dereita- http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/11/26/0003_8131792.htm “o modelo catalán condiciona o futuro da cohesión autonómica.
O que se busca é o descrédito do Estatut sobre a base do modelo de financiamento. No fondo, xógase coa idea que opera no subconsciente colectivo de que Galicia é unha sociedade subsidiada, por tanto con medo a perder a subvención. Esa é a grande liña argumental de Feijóo e de todos os que se opoñen ao cambio que representa a nova xeración de estatutos.
”Virgencita que me quede como estoy”, exclámase dende ese temor. Ese é o chan sobre o que argumentar o interese de Galicia en apoiar a visión centralista de España. Sendo probes, debemos opoñernos ao egoísmo catalán, como o fan estremeños e casteláns.. É un discurso que ten forza, e que se apoia nalgúns datos certos e tamén nalgunhas falacias. Desmontalo non é fácil.
Na oposición cálase, por iso. Cálase, ademais, porque o PSdeG non se atreve a ser federalista e porque o BNG pensa que a autodeterminación mola máis. Non hai ambición, nin realismo. Todo se resolve en escaparse pola tanxente. Non habendo ideas claras sobre Galicia ¿como ía habelas sobre a súa inserción en España ?.

Subscríbete por e-mail!



