Hai uns días facía unha pregunta tal vez ociosa neste mesmo post ¿ como pode evitarse a defección da clase media urbana -a que o é, a que cre selo e a que quere selo- do uso do galego?. Responder a este pregunta abriría, polo menos, un sentido do desexable e do factible.
Se a pregunta pode ser ociosa é por este motivo: as clases medias -as tradicionais e as recentes- intentan, por diversos medios, crear distancia social a respecto das clases traballadoras- e, en moitos casos da súa mesma orixe inmediata, que é vivida como un estigma que merece ser borrado.
A riqueza e o estatus teñen que ser postos en circulación e converterse en feito ostensible. Non importa que esas clases sexan, en tantos casos, culturalmente indixentes: precisamente ese dato agrava a súa inseguridade e o seu desexo de pertencer ao novo segmento social de acollida, cos seus ritos e mitos.
O idioma castelán é un dos ritos de paso da nova pertenza, sen dúbida. A pesar da democracia e do tempo que pasou, a ansiedade en relación a un pasado persoal inmediato vivido con vergoña está aí e ten ao idioma como unha das súas marcas. Non é a única, por suposto: como en todas partes a roupa, as casas, coches e iates, as diferentes formas de consumo ostensible están aí para dar un sentido de seguridade na nova localización social.
En definitiva: máis alá de todas as transformacións dos últimos anos volvemos ao punto de partida: a unha segmentación social que toma o idioma como campo de batalla. A novidade é, en todo caso, que hai segmentos importantes das clases medias e das elites que agora son galegófilas, pero coa contrapartida de que fraccións importantes dos traballadores teñen sucumbido á sedución cultural da que o castelán funciona como metáfora.
Avala esta idea o feito de que a recente enquisa sobre o idioma, segundo parece, mostra notables diferenzas entre o ensino público e o privado e concertado. Non é ningún secreto que as novas clases medias que queren segregarse socialmente adoptan esas modalidades educativas de modo preferente.
Aínda que as veces se aducen criterios de calidade educativa o certo é que a socioloxía da educación non avala a idea de que eses centros -salvo casos excepcionais de elite, ningún en Galicia- ofrezan unha mellor educación.
Non creo que sexa equivocado entender que esas clases aborrecen do galego por unha ansiedade de pertenza, de delimitación social, por un neopijismo dun país pródigo en xentes con mentalidade de novos ricos e que fan as contas do Gran Capitán: que se conducen coma se esperasen que os seus fillos brillasen en Harvard ou Oxford facendo abstracción das súas economías e posibilidades de facto. A linguaxe competitiva dese neoliberalismo de andar por casa axuda grandemente a eses soños de grandeza.
Outra confusión colabora a ese engano. Aínda que, en conxunto, os sectores galegófilos da clase media se confunden cos máis cultos e de maiores posibilidades de estatus, e mesmo diñeiro, non consta así no imaxinario social. Certas formas de coquetería do politicamente correcto crean eses efectos perversos sobre a conciencia social dada.
O curioso do asunto é que a dereita, que detectou esa tendencia social de fondo, soubo converter nun ítem de éxito a idea da imposición. Algo que debe ser rexeitado de plano. O decreto do 50% puido ser mal explicado, pero foi aprobado por un goberno lexítimo no exercicio das súas funcións. Que os grupos que o impugnaron organizaran unha casa de bruxas -pois a idea da imposición identifica ao adversario como un inimigo interior, máis ou menos como se identificaba aos comunistas nos tempos do franquismo- indica o pobre sentido da democracia que posúen. En realidade, para eles, tratase da Lei do Embudo.
Tamén é claro que esa mesma dereita espera ter réditos nas próximas eleccións municipais de atizar esa fractura social. En Vigo e Coruña agardan que esa baza os leve ao concellos, onde continuarán coa súa política de liquidación. Debo insistir na posibilidade de que ese factor teña, en efecto, unha certa capacidade de movilización da dereita. Pechar os ollos, facer a política da avestruz ante iso, é absurdo e pernicioso. As cousas pasan.Queirao un ou non.
Obsérvese, sen embargo, que nos mesmos centros concertados e privados, onde a inimiga en contra do ensino do galego tense convertido nunha bandeira, non existe a posibilidade de escoller materias optativas á relixión. A actual lei concédelle aos centros relixiosos -pois relixiosos son a inmensa maioría destes centros-, en virtude do ideario do centro esa posibilidade.
De maneira que os mesmos pais que afirman querer decidir sobre o uso do galego, non parecen ver inconveniente algún en que centros financiados con diñeiro público, e que teñen a función de colaborar a garantir o ensino obrigatorio e universal, non dean esa opción. É de supoñer que unha parte dos pais que levan alí aos seus fillos así o quererían. É unha contradición que mostra como o uso da palabra liberdade por eses sectores é puramente instrumental.
Tampouco as direccións deses centros -que afirman ser cristiáns- teñen inconveniente en usar miles de argucias para seleccionar o seu alumnado, evitando que aqueles indesexados por diversos motivos -os inmigrantes e xitanos levan a palma- se matriculen en aquelas escolas e institutos nos que a caridade e outras virtudes evanxélicas ( ¿saberán en que podería consistir iso? )procurase que se practiquen…todo o lonxe que se poida.
O que ese centros pretenden é, con fondos públicos, deseñar unha oferta que expulse a todo aquel que non poida pagalo ou resulte discordante -xentes doutras relixións, etc-. Falar de limpeza étnica é, por suposto, excesivo: pero non é tolerable que o ensino público sexa o destino case único dos rapaces considerados problemáticos. Alguén debería velar polo cumprimento da legalidade e retirar, se fora o caso, os fondos públicos a aqueles centros nos que se detecten irregularidades.
Non hai nin que dicir que no que respecta ao galego son centros onde non é que non se cumpra o decreto aprobado polo bipartito: tampouco os que existían previamente. Funcionan nunha ilegalidade manifesta neste sentido coma noutros e a Consellería sabeo. Pero, claro, a depende qué xente podemos permitirlle certas licencias.
Parece que os sindicatos, a igrexa de base e outras organizacións deberían denunciar non só a dobre moral de centros pensados para efectuar unha selección social por diñeiro, contra a lóxica da igualdade de oportunidades e o que debería de ser o desiderata dun estado non confesional. Deberían tamén instar á administración a investigar aqueles casos nos que se burla a normativa e a sancionar a pais e centros. No límite debería ser derrogada a lei que tolera, en nome do ideario do centro, a imposibilidade dos pais de escolleren outra materia que relixión.
No fondo da lea do galego está, de feito, a contraposición entre o público e o concertado e privado. A contraposición entre a parte da poboación que quere segregarse de todo aquilo que lle molesta ou considera inconveniente e o ideal de integración social e igualdade de oportunidades característico do ensino público. No caso dos concertados eses pais queren para máis inri que o seu privilexio sexa pagado polo estado. Queren ter posibilidade de decidir… nin máis nin menos que a segmentación social.
¿ Qué quere esta xente, en definitiva?. Non unha Galicia bilingüe senón unha Galicia monolingüe. Unha Galicia na que os seus fillos e eles mesmos non teñan que entrar en contacto con algo que consideran impuro e socialmente baixo. Queren un party de entrada selectiva pero, iso si, pagada polo estado.
Transcribo unha información interesante referida a Vigo -cidade na que no centro dáse unha total ausencia de centro públicos, sen dúbida para protexer os intereses da privada, tal e como Povisa é sacrosanto para o Sergas-.
Galicia: El cobro de tasas extra frena la entrada de extranjeros en colegios concertados
El comedor cuesta el triple que en los públicos y pasan facturas por conceptos tales como «desgaste de patio»
· Entrevista: «Los inmigrantes no cubren el 80% de las plazas que se les reservan porque saben que no podrán pagar»
· El material escolar sale casi 300 euros más caro en los centros privados
· Padres de alumnos: «Nos preocupa que escojan antes a niños hispanohablantes que a otros que no conocen el idioma»
Los colegios concertados deberían ser gratuitos, pero no lo son. Lejos de eso, estos centros privados subvencionados al 100% por la Consellería de Educación suelen cobrar cuotas extra de hasta 100 euros por mes, según confirman los sindicatos y los colectivos de padres de alumnos. Esta irregularidad, habitualmente camuflada como «donación voluntaria», desencadena un efecto secundario perverso: aleja de los concertados a las familias inmigrantes, que disponen de menos recursos.
Y de ahí las estadísticas, que retratan el desequilibrio existente en la educación viguesa: según los datos de Educación, en los centros de titularidad pública hay el doble de niños inmigrantes que en los concertados. «El problema está en el coste del transporte y el comedor, además de las famosas cuotas extra, que hacen que muchos inmigrantes no puedan ir a un concertado», comenta la directora de un centro público en el que el 10% del alumnado es extranjero.
Los propios colegios concertados asumen que el dinero es la clave que explica que en el curso actual les quedasen vacantes plazas de las que la ley reserva a inmigrantes, mientras para el resto de la matrícula había lista de espera. «Simplemente no pueden permitirse servicios como el de comedor, que es más caro», resume el presidente de la Asociación de Centros Privados de Vigo, José Manuel Álvarez.
Cuotas encubiertas
Y no es para menos, porque la diferencia de precios es grande. Muy grande. Empieza en el comedor: mientras en los colegios públicos el menú sale por 2,85 euros al día, a los que se une una subvención del Concello y la Xunta de 1,50 euros, en los concertados el menú llega a costar el triple, entre 70 y 120 euros al mes. Y a eso hay que sumar los gastos de transporte y las cuotas encubiertas. «Eso es grave, porque no está permitido. Hemos visto recibos de concertados en los que figuraban cuotas por conceptos como desgaste de patio y de escalera, calefacción o teléfono», detalla el vicepresidente de la Federación de Asociaciones de Padres de Vigo.
Tal vez haxa, en definitiva, que tomar esta dirección neste conflito. Poñer en evidencia os intereses de grupos sociais específicos e centros educativos da igrexa que, dunha banda, incumpren a lei, e, doutra, traballan na conversión do galego nun estigma, coma nos vellos tempos. Facer crítica, en definitiva, do neopijismo dos novos ricos e do horizonte social fragmentado que teñen en mente.
E como antes se colle a un mentireiro que a un coxo instar a un maior control das matrículas, dos custes adicionais pensados para a segregación social, etc.