O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 31 Xul 2009

    Bo verán

     

    A  mente  ten  que  descansar. As  neuronas  teñen  que  irse  a  durmir. O  encefalograma  plano  é  unha  utopía  que  hai  que  intentar  en  Agosto. Vémonos  a  fins  do  próximo  mes. !Saúdos  a  todos  os  que  len  este  blog  e  que  teñades  un  bo  verán ¡

        Coidádevos. Sede  felices ¡

    6 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 31 Xul 2009

    Coruñesismo 2

    Reproduzo  como  post  un  comentario  a  Xoteño

    Xoteño, gracias por reproducilo. Internet serve ás veces para esquivar o bloqueo de determinados puntos de vista. Que o inclúas no blog do barrio é un modo que serve á formación dunha opinión pública ilustrada e democrática.

    Todo se acaba, tanto o bo como o malo. Houbo un tempo no que todo o mundo pensaba que Francisco Vázquez seguiría aí, eternamente, pero pasou. Nunca La Voz de Galicia estivo tan identificada cun partido -o PP- como o está hoxe. A perda de lexitimidade tardará anos en evidenciarse, pero xa comezou. E para un xornal a credibilidade é case todo.No que fai referencia ao terceiro vértice -o poder financeiro- despois do verán veremos que nos depara o Banco de España.

    En todo caso, hai que vencer a opacidade. O tipo de coruñesismo que impulsaba Francisco Vázquez prexudicaba os intereses da Coruña facendo pasar por grandes logros cousas tan estúpidas coma que se instalara na cidade El Corte Inglés ou Continente -pasa algo parecido agora con Ikea- como se esa ubicación non respondera a un mercado interesante para esas grandes superficies.

    Mentras, todo o que se parecía a traballo -o porto pesqueiro- foi desaparecendo dunha cidade que se deixaba cautivar polo señoritismo dalgúns poucos. Tamén Francico Vázquez impediu toda proposta de área metropolitana ou de colaboración co entorno. O resultado foi que Coruña perdeu poboación. As operacións urbanísticas foron de resutados fabulosos para alguns construtores amigos -outros foron apartados-, o centro da cidade e a zona vella estivo artificialmente paralizado -¿a quen interesaba iso?-, non houbo urbanismo digno dese nome e o prezo dos pisos subeu mesmo por riba do que sería normal dunha cidade dese tamaño en pleno boom da vivenda.

    O disparate do Porto Exterior agora é xa público e notorio. Pero contanse cos dedos dunha man os que avisamos en público do que todo o mundo informado sabía polo baixo: que se trataba dunha operación de carácter especulativo, ligada -unha vez máis- ao interese por encher de viendas de luxo o porto. Nin Pedro Solbes nin Magdalena Álvarez quixeron darlle para diante a ese fiasco -ese é o seu mérito- pero o público dificilmente podería enterarse de ler as sesgadas informacións da única fonte dispoñible. Que non había nada pensado sobre o papel do porto demóstrao o feito de que nin vale para contedores nin parece que poida valer como porto refuxio nos meses en que hai temporal.En fin, unha historia triste na que nin mariñeiros expertos nin enxeñeiros foron tomados en consideración. E o peor é que todo iso pase desapercibido. Que todo o mundo cale, incluíndo forzas políticas que non queren ir contra a corrente manipulada da opinión.

    A Coruña carece, neste momento, dun modelo de futuro. A vivenda e as finanzas -os dous sectores en crise- compoñen parte substancial da súa capacidade de crecemento. Non pode deixar de notarse, incidentalmente, que Amancio Ortega nunca formou parte do cónclave e que o fenómeno Zara tivo orixe e desenvolvemento non ligado a ese núcleo.

    Pero o peor, insisto, é a falta dunha opinión pública informada, racional, ponderada e non sometida á chantaxe dos que se envolven na bandeira do coruñesismo para que ninguén poña en cuestión os seus máis que cuestionables negocios. Non se pode escapar do perigo se un non sabe nin que existe.

    Unha aperta.

    5 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 30 Xul 2009

    Coruñesismo

    En  realidade,  na  Coruña  goberna  unha  oligarquía  que  non  para  de  darse  medallas  os  uns  aos  outros como  tan  ben  apunta,  coa  súa  gracia  usual,  José  Manuel  Ponte

     http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2009/07/28/opinion-medallas-reconocimientos/307513.html

     

      É  a  mesma  xente  que  está  conseguindo  que  A  Coruña  perda  peso  e  que  mudase  o  papel  que  tivo  en  Galicia. Hai  que  lembrar  que,  contra  o  prexuízo  xeral,  ata  que  se  convertiu  na  capital  de  verán  de  Franco,  A  Coruña  foi  unha  cidade  na  que  o  federalismo  republicán  -a  ORGA-,  os  anarquistas  e  socialistas  e  o  PG  na  súa  facción  máis  liberal  e  política  -por  oposición   á  dereita  culturalista  ourensán  de  Risco &co-  tiña  o  seu  asento. Nada  que  ver  co  que  certas  elites  contemporánneas  fixeron  dela,  falsificando  o  seu  pasado.

       Esa  oligarquía  fai  profesión  de  fe  de  coruñesismo,  pero  todas  as  decisións  que  tomou,  tan  beneficiosas  para  eles,  prexudicaron  á  súa  cidade. Fixeron  dela  unha  cidade  de  servizos  pouco  competitivos  e  practicaron  unha  política  cun  único  sentido:  favorecer  aos  que  formaban  parte  do  concláve.

      Nos  últimos  anos  hai  signos  de  que  se  foi  debilitando  o  seu  poder,  que  chegou  a  ser  omnímodo. Todos  os  materiais  acaban  mostrando  a  súa  fatiga   e   así  pode  notarse  que  debaixo  da  superficie  hai  algo  que  se  move  nesa  cidade. Nin  unha  parte  das  elites  locais  traga  xa  coas  rodas  de  muíño  que  durante  tanto  tempo  foron  o pan  noso  de  cada  día  nin  a  marxe  de  manobra  é  tan  grande  como  foi  para  eles.

    A  oligarquización,  a  combinación  entre  un  periódico,  as  institucións  financeiras  e  a  política  demagóxica  da  que  Vázquez  foi  só  unha  das manifestacións  fixo  desa cidade,  en  tempos,  un  lugar  de unanimidades  á  búlgara.

       Unha  das  tarefas  importantes  en  Galicia  é  desactivar  os  fenómenos  de  oligarquización local  alí  onde  se  produzan. É  responsabilidade  das  forzas políticas,  dos  cidadáns,  dos  empresarios  -que,  se  non  son  do  grupo,  son  tamén  prexudicados-  e  tutti  quanti.  Na  Coruña  unha  maior  pluralidade informativa  - La  Opinión, Xornal  de  Galicia-  está  favorecendo  pouco  a  pouco  esa  evolución. Lendoiro  tivo  que  pagar  peaxes  importantes  por  este motivo,  como  é  notorio.

       Pero  a  marcha  das  cousas é  a  que  é  e,  en  efecto,  o  patriotismo  canalla  de  certo  coruñesismo  prexudica  á  Coruña. Non  anda  enteiramente  descamiñado  Precedo,  pero  moitos  outros  argumentos  poderían  darse nesa  mesma  dirección

     http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/07/30/0003_7877778.htm

    8 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 26 Xul 2009

    Sobre Alemania e as caixas

    Velaí  un  traballo  interesante

    http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/07/26/0003_7870264.htm

    refuta  algunhas  verdades  demasiado  obvias

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 24 Xul 2009

    De nación a provincia

    Galicia está perdendo peso demográfico a cada paso. A participación do seu PIB no total estatal está en pleno proceso de redución en lóxica coherencia co seu menor índice de crecemento. O novo modelo irá quitándolle parte do financiamento que ata agora lle correspondía -e que facilitou investimentos irresponsables por parte de gobernos mediocres-, e cabe tamén que perda as súas institucións financeiras -tal vez Caixa Galicia acabe sendo unha sucursal de Caja Madrid, en perfecta metáfora de por onde van os tiros-. Ademais, está no camiño de disolver os principais trazos da súa identidade histórica -incluído o lingüístico- e a indiferenza social avala a ausencia dunha discusión sobre un novo estatuto que puidera intentar limar algún destes aspectos.

    Como o que avisa non é traidor, anuncio: de todo iso infírese que estamos ao comezo dunha inflexión. Galicia parece estar cruzando unha liña que a conducirá a converterse no bo tipo de comunidade autónoma, vista dende os ollos de El Mundo e tutti quanti: a que asume a súa condición de provincia sen maiores complexos ou prexuízos. Nos primeiros tempos da democracia o feito de ter aprobado, nas difíciles condicións da guerra, un Estatuto de Autonomía, validaba a súa condición de nacionalidade histórica e dáballa argumentos a aqueles que impediron que se aprobase o chamado Estatuto da aldraxe. Galicia, aínda con menos forza, parecía que podía ir no mesmo cesto que Cataluña ou o País Vasco.

    Esa ilusión parece estar desvanecéndose. Nas condicións de hoxe teñen aparecido novos actores -Madrid, Andalucía, Valencia- que reducen o seu peso político. O PP de Galicia, o principal partido do país, renunciou a ser a CiU galega para converterse nunha versión sen matices de Génova, 13. O principal periódico do país recorre similar camiño e a opinión pública e os últimos resultados electorais non parecen desconformes con esa orientación global. Todo parece conformar unha imaxe coherente.

    7 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 16 Xul 2009

    Dúas escolas de pensamento

     

       É  posible  atopar  dúas  escolas  de  pensamento  sobre  a  liña  de  conduta  que  vai  seguir  no  futuro  o  PP  acerca  da  cuestión  lingüística. A  máis  nutrida  imaxina  que,  feitas  un  par  de  filigranas  para  contentar  aos  sectores  máis  castelanistas,  os  conservadores  retornarán  ao  statu  quo  ante. É  a  esperanza,  por  exemplo,  de  todo  o  galeguismo  institucional  que,  doutro  modo,  se  vería  nunha  posición  difícil  e  desairada  e,  tal  vez,  dunha  parte  do  PP,  do  PSdeG  e  ata  do  BNG.

     

       O  que  esperan  os  que  confían  nesa  volta  ao  rego  é  que  o  PP  aprobe  un  decreto  que  substitúa   ao  anterior  -que  instituía  unha  porcentaxe  de  ao  menos  un  50%  por  cento  para  as  materias  en  galego  por  outro  que  sexa  dalgún  modo  aceptable. Esa  é  a  verdadeira  e  complicada  tarefa  de  Anxo  Lorenzo. Esa  esperanza  vese  menoscabada,  no  entanto,  pola  desaforada  actividade  do  goberno  galego  en  orde  á  súa  deconstrución.

     

     A  suposición, que  provén do  período  de  Fraga,  de  que  o  goberno  non  quere  complicacións  nesta  materia  tal  vez  non  ten  en  conta  que  este  PP  xa  non  é  aquel  PP. Dende  a  toma  de  posesión  as  múltiples  iniciativas  contra  a  presenza  do  galego  -supresión  do  seu  exame  nas  probas  do  Sergas-  ou  a  continuación  da  liña  de  ataque de  liberdade  fronte  a  imposición -a  enquisa  ofrece  material  para  esa  guerra- suxiren  que  a  posición  de  fondo  é  máis  belixerante  do  que  foi  o caso  no  pasado. Infinitamente  máis.

     Agora  xa  sabemos  quen  son  os  birretes,  e  polo  que  se  ve,  non  andan  sobrados  de  ilustración,  pero  saben  canalizar  moi  ben  a  frustración  e  o  resentimento  de  certos  segmentos  sociais. A  ofensiva  en  curso,  se  continúa  deslexitimará  a  todo  aquel  que  se  acerque  demasiado. É  un  aviso  para  navegantes.    

     

          Dende  logo,  todo  parece  apuntar  a  que  o  cabalo  de  batalla  vai  ser  o  novo  decreto  inspirado  na  filosofía  do  33%  para  cada  idioma. É  un  obvio  intento  de  contentar  a  todos  que,  na  súa  aplicación  práctica,  pode  ofrecer  interesantes  posibilidades  de  adaptación  ao territorio  ou,  pola  contra  xerar  aínda  máis  conflito. Veremos  o  que  pasa.

     

       A  segunda  escola  de  pensamento  infire  da  liña  de  actuación  de Núñez  Feijóo,  tomada  das  pías  nas  que  beben  os  conservadores  de  toda España  que,  moi  ao contrario,  o  que  virá  é  unha  ofensiva  sistemática  contra  o idioma  que,  no  límite,  intentará  convertela  nunha  lingua optativa,  por  oposición  ao  castelán,  que  sería  o  idioma  por  defecto. Isto,  naturalmente,  como  tipo  ideal, dado  que  a  administración  galega  non  pode  dar  tan rápido  ese  xiro,  por  moi  diversos  motivos.

     

       De  ser  certa  esta  segunda  opción  o  que  hai  que  ter en  conta  é  que  estamos  ante  algo  moi  novo. Se  o  PP  recorre  este  camiño  é  porque  xulga  que  pode. Porque  supón,  con  razón  ou  sen  ela,  que  no  actual  nivel  de  castelanización  do  país  e  coa  inimiga contra  o  galego  que  xa  ten  masa  crítica,  poden  reducir  aos  seus  adversarios  a  cinzas. Son  eles  os  que  escolleron  este  campo  de  batalla,  hai  que  lembralo.

     

       O  fiel  da  balanza  vai  ser  a  sociedade  galega. Na  miña  opinión  non  é  evidente  cal  vaia  a  ser  nin  o  guión  polo  que  discorra  o  asunto  -os  xiros  de  cada un  dos  actores  non  deberían  deixarnos estupefactos  aos  que  xa  imos tendo  anos- nin  que  novo  consenso  de  fondo  vai  establecer,  a  través  de  procesos  inducidos  ou  espontáneos,  a  sociedade  galega. Non  quero  que  isto  pareza  pesimismo  pero moi  ben  pode  gañar  esa  visión  que  só  lle  concede  ao  galego  un  estatus  optativo,  concedido  desde  a  magnánima  condescendencia  da  sociedade  que  vive  como  natural  e  maioritario  o  seu  criterio.

     

       Non  quero  que  pareza  pesimismo: estou  establecendo  unha  hipótese  que  hai  que  considerar. En  Galicia  hai moita  xente  que  le  a  Gramsci  ao  revés:  non  era  “Optimismo  da  intelixencia,  pesimismo  da  vontade”  senón  o  seu  contrario  “Pesimismo  da  intelixencia,  optimismo  da  vontade”. Ou  para  dicilo  co  refrán  que  lle  da  título  a  este  blog  “non  é  o  mesmo  tomar  as  trincheiras  no  café  que  o  café  nas  trincheiras”. 

    1 Comentario
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 14 Xul 2009

    A aposta catalá

      O  significado  do  novo  modelo  de  financiamento  autonómico  é  este:  un  paso  máis  no  camiño  do  federalismo. 

      Ese  modelo  é  consecuencia  das  demandas  de  Cataluña,  derivadas  da  aprobación  do  novo  Estatuto  -que  está  pendente  de  ser  convalidado  polo  TC- e  implica  un  incremento  do  autogoberno  de  Cataluña  e  das  outras  comunidades  que  teñan  aprobado  estatutos  que  vaian  na  mesma  direción  -o  que  non  é  o  caso  de  Galicia-  ao  aumentar  a  corresponsabilidade  fiscal  e  a  capacidade  normativa. 

      Os  instrumentos  definidos  polo  estatuto  catalán  -axencia  tributaria  propia, etc.-  sumados  á maior  capacidade  de  decisión  sobre  o IRPF,  o  IVA,  e  dos  impostos  especiais teñen  este  significado  político.

      É  de  supoñer  que  Feijóo  firmará  o  acordo  para  recoller  o  novo monto  de  diñeiro,  aínda  que  a  súa  oposición  a  elaborar  un  novo  estatuto  de  Galicia  levaba  implícita  a  renuncia  á  creación  desa  axencia  tributaria  e  etcétera. Falto  de  visión  estratéxica  limitouse  a  seguir  o  guión definido  por  Génova 13. Moi  poucas mentes  en  Galicia  están  atentas  ao  encaixe  galego  na  España  que  se  está  fraguando. Pásalle  a  Feijóo,  pero  non só  a  él.

      O resumo:  a  boa  noticia  política  vése  compensada,  vista  dende  Galicia,  con esta  outra:  o  máis  probable,  unha  vez  quede  clara  a  letra  pequena  do modelo  é  que  Galicia  saia  económicamente  prexudicada.

    2 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 12 Xul 2009

    Lisbeth Salander

    A  pasada  semana  fun  ao  cine  a  ver  “Os  homes  que  non  amaban  ás  mulleres”,  a  versión  cinematográfica  da  primeira  das  tres  novelas  do  xa  famosísimo  Stieg  Larsson. É  unha  película  moi  entretida,  na  que  o  espectador  de  cine  de  serie  negra  non  quedará  defraudado. A  trama  inclúe  corrupción,  violencia  sexual  e   asasinatos. Nese  sentido, as  regras do  xénero  de  ningún  modo  son  desprezadas.

      O  que  Larsson  describe  é  unha  Suecia,  ou  un  mundo,  no  que  detrás  do  aspecto  amable  e  civilizado,   é  posible  descubrir  o  inquietante  e  oculto. As  idílicas  paisaxes  do  país  nórdico  son  tamén  o  escenario  do  macabro  e  sórdido. Todas  as  familias,  e  máis  se  son  da  alta  burguesía,  ocultan  un  cadáver,  como  mínimo.

      En  realidade,  a  personaxe  central,    Lisbeth  Salander,  unha  hacker  de  infancia  arrasada  e  que  practica  un  código  de  xustiza  privado  baseado  no  principio  “Ninguén  é  inocente,  só  hai  diversos  graos  de  responsabilidade”  recorda  dalgún  modo  ao  do  inspector  Wallander  que  fixo  famoso  a  outro  autor  sueco,  Henning  Mankel.

       Máis  alá  das  diferenzas  o que   une  a  Salander  e  Wallander  é  o  seu  estrañamento  dun  mundo  que  saben  cruel. Son  seres  solitarios  que,  sen  embargo,  seguen  entregándose  a  un  certo  sentido  da  xustiza. Un  podería  dicir  que  é  posible  rastrear  neles  o  fío  da  responsabilidade  dos  protestantes  ante  si  mesmos  e  ante  Deus.

      O  matiz  que  introduce  Larsson  en  relación  a  Mankel,  radica  en  que  Salander  pode  moi  ben  tomarse  a  xustiza  pola  man. Non  só  non confía  na  lei  nin  nas  autoridades,  tampouco  ten  reparos  en  ser  ela  mesma  o  brazo  executor  da  xustiza,  implacable  e  agresiva. Salander  posúe  o  tipo  de  intelixencia  máis  raro:  aquel  que  consiste  en  aceptar  a  realidade. A  fascinación  que  exerce  deriva  desa  falta de  ilusións  que  nin  por  un  momento  a  leva  a   abandonar  principios  morais  inviolables:  os  dun  certo  anarquismo  da  idade  informática.

    1 Comentario
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 11 Xul 2009

    Inventario de Albert

    Reproduzo  un  inventario  de  Albert  aparecido  nos  comentarios  á  noticia  aparecida  en  Público  http://www.publico.es/espana/238008/nueva/iniciativa/feijoo/liquide/gallego

    Para depende (14:32). Que típico argumento de los supremacistas castellanos. Por que el gallego es menos útil para la ciencia que el castellano? Acaso el castellano es el idioma científico universal?

    Es la continua insistencia de la extrema-derecha de intentar colar que el gallego solo para hablar con las vacas.

    Le recomiendo a esta gente el manifiesto al respecto de los profesores de ciencias de Galicia (http://www.vieiros.com/nova/74718/o-galego-e-o-ensino-da-ciencia) y la opinión de una serie de científicos gallegos de máximo nivel en el CERN (http://www.vieiros.com/nova/74351/cientificos-galegos-no-exterior-fan-publico-un-manifesto-en-defensa-da-lingua), extremadamente clarificador. Además del manifiesto que se reporta en el artículo de Público (http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/), que por cierto, el enlace que da público no me va, es impresionante comprobar como la ciudadanía gallega se moviliza ante la política gallegófoba de Frijol. Primero la manifestación a favor del gallego más numerosa de la historia (50.000 personas en Compostela, recordar que la asociación gallegófoba Galicia Bilingüe obtuvo más promoción con una manifestación de 2.000 personas, muchas traídas de fuera de Galicia, que llevaban el paraguas con la bandera española y vasca típico de las manifas de AVT). Outras reaccións: Colectivo Casaescola (http://www.blogoteca.com/casaescola/index.php?cod=65023), estudantes galegos emigrados (http://ogalegoeutil.wordpress.com/), equipos de normalización (http://www.xornal.com/artigo/2009/04/18/galicia/mas-equipos-normalizacion-firman-apoyo-decreto-gallego/2009041812260075657.html), sindicatos y colectivos educativos (http://www.vieiros.com/nova/74699/sindicatos-e-colectivos-educativos-unen-voz-a-prol-do-respecto-ao-galego-nas-aulas), Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (http://www.vieiros.com/media/vieiros/manifesto-psicologos-lingua.pdf), Nova Escola Galega (http://bretemas.blogaliza.org/files/2009/06/neg_opina_09_02.pdf), ILG (http://www.anosaterra.org/media/media0000015638.pdf), Profesores de gallego de la Universidad de Barcelona (http://defensemlallenguagallega.blogspot.com/2009/06/comunicado-do-equipo-docente-de.html), profesores de lengua castellana (http://www.blogoteca.com/cenlf/index.php?cod=64957), o la coordinadora gallega de equipos de dinamización lingüística (http://www.coordinadoraendl.org/doc/linguassuman.pdf), entre otros.

    Yo sólo quisiera añadir una cosa: ¡¡Frijol, dimite!!

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 10 Xul 2009

    7´1

      7´1:  ese  é  o mantra  do momento. As  tres  principais  forzas  políticas  do  país  concordan  na  cifra  que  a  Galicia  lle  debería  corresponder no  novo  modelo  de  financiamento  autonómico. As  razóns  son  coñecidas:  o  estado  debe  ponderar,  máis  alá  da  porcentaxe  de  poboación   a  súa  dispersión e  envellecemento. Agora  ben  ¿ existe  algunha  posibilidade  de  que  o  goberno  central  atenda  esa  demanda?. Non  se  ve  por qué.

     

        Como  moi  ben  apuntou  Pablo  González  Mariñas  tal  vez  Núñez  Feijóo  terá  que  lamentar  ter  pechado  a  porta  na  pasada  lexislatura  á  aprobación  dun  novo  Estatuto  para  Galicia. Privado  dese  instrumento  legal  -que  outras  comunidades  da  súa  mesma  corda si  posúen-  a  súa  defensa  desa  cifra  terá  menor  lexitimidade. Por  outra  parte,  o  peso  político  de  Galicia  é  mínimo. A  demografía  non  axuda,  o  tamaño  relativo  do  PIB  galego  no  conxunto  español  tampouco  excesivamente,  pero  á  hora  do  facerse  valer  non  é  probable  que  nin  o  goberno  nin  a  opinión  pública  galega  fagan  ouvir  en  exceso  a  súa  voz.

     

        No  complicado  sudoku  que  nestes  momentos  tece  Elena  Salgado  non  é  probable  -dirémolo  de  modo  prudente-  que  Galicia  saia  beneficiada. O  rompe cabezas  debe  cadrar  esixencias  moi  contrapostas  nun momento  no  que  as  finanzas  do  estado  tampouco están  para  grandes  alegrías. Ao  final,  Galicia  perderá  algunhas  das  vantaxes  que  tiña  co  antigo  modelo  pero  entre  nós  ninguén  se  inmutará. Se  Núñez  Feijóo  dura  no  cargo  terá  menos  diñeiro  pero el  mesmo  contribuíu  a  este  previsible  resultado.

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
« Previous Entries

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Otra vez la Desafección

Después de rozar mínimos (ver gráfico de abajo: pulsar) tras las elecciones de 2004, la Desafección, medida por el [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

El verano sólo fue un paréntesis

Finalicé el último artículo, recordando los dos “dolores de cabeza” a los que se enfrentaban los grandes [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera