O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 28 Mar 2009

    Agardando

      De  momento  Núñez  Feijóo  non  se  deixa  ver. Non  sabemos  nada  dos  nomes  que  formarán  o  seu  goberno. O  seu  sixilo  é  natural:  ata  o  momento  en  que  sexa  investido  presidente  da  Xunta  nada  está  decidido. Pénsese  no  que  sucedeu  no  seu  momento  na  Asamblea  de  Madrid. Así,  hai  que  gardar  as  formas  e  os  prazos.

      Cando  coñezamos  eses  nomes  poderemos  facernos  unha  idea  de  que  camiño  pretende  seguir. Se vai  buscar  a  confrontación  -dende  logo  non  vai  a  ser tan  elegante  e  inocuo  no  trato  á  súa  oposición como  o  foi  Touriño-  ou  se  intenta  gobernar  facendo  algún  xesto  que  vai  máis  aló  do  campo  popular -aparentemente  iso  sería  máis  favorable  aos  seus  intereses-.

      A  súa  acción de  goberno  non  vai  a  ser  fácil. Primeiro,  porque  non  PSdeG  e  BNG  senón  as  súas  bases  sociais  están  máis  crecidas  do  que  foi  o  caso  nunca. A  diferencia  de  votos  é  mínima. Todos  sabemos  iso. Segundo,  a  crise  económica,  que  non  vai  a  darlle  tregua. Terceiro,  as  xentes  que  cren  telo  levado  ao  poder. De  “La  Voz  de  Galicia”  a  “Galicia  Bilingúe”  todos  quererán  cobrar  os  seus  réditos. Cuarto,  ¿que  PP  é  este  novo  PPdeG ?  ¿Está  realmente  unido? ¿Qué  tensións  internas  poden  ir  aparecendo?. Todos  eses  factores  poden  conxugarse  nunha  lexislatura  infernal. Se  a  oposición  non  disparata,  sabe  manterse  coa  cabeza  fría,  non  errar  os  tiros  e  interpretar  axeitadamente  a  sensibilidade  popular  Núñez  Feijóo  pode  pasar  toda  a  lexislatura  sentido o  alento  na  caluga.

    3 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 27 Mar 2009

    Novas incógnitas

     ¿ Qué  nos  deparará  o  novo  goberno  popular ?. Iso  é  unha  incógnita. Hai  que  lembrar   que  cando  Manuel  Fraga  retornou  a  Galicia  non  o  fixo  sen  darlle  un  punto  de  sal  e  pementa  á súa  acción  de  goberno. Dende  os  desfiles  de  gaiteiros  ata  a  idea  da  administración  única  e  a  correlativa  de  reforma  do  Senado  Fraga  intentou  crear  unha  maioría  natural  asentada  nun  galeguismo  morno,  sen  substancia  efectiva,  pero  que  sabía  traballar  ben  os  símbolos.

      Dende  aquela,  moita  auga  ten  pasado  baixo  o  río. A  dereita  perdeu  os  seus  complexos  -aqueles  que  tiñan que  ver  co  feito  de  ser  unha  transubstanciación  do  franquismo-  e  a  hexemonía  cultural  da  esquerda  está  en  crise. A  dereita  practica  hoxe  non  tanto  un  conservadorismo  de  corte  tradicional  como  unha  estratexia  de  mobilización  constante,  copiada  dos  vellos  movementos  de  masas  de  esquerda  e  que  ten  os  seus  alvéolos  na  constelación  de  medios  de  comunicación  -Intereconomía, Veo  TV,  Popular  TV,  a  COPE,  La  Razón,  El  Mundo-  que  practican  un  periodismo   groso,  demagóxico,  pero  moi  eficaz  á  hora  de  acovardar  á  esquerda  e  ao  nacionalismo  democrático. 

      Agora  ábrese  un  tempo  que  non  é  a  continuidade  coa  época  de  Fraga  senón  algo  novo,  dunha  dereita  máis  urbana  pero  non  necesariamente  máis  urbanizada. A  Galicia  de  hoxe  está  máis  segmentada  do  punto  de  vista  da  ideoloxía. Veremos  como  esa  división  se  acompasa  co  cambio  social  e  se  a  esquerda  e  o  nacionalismo  conseguen  crear  un  espazo  de  discurso  propio  ou  se  limitan  a  xogar  no  terreo  minado  dos  seus  opositores. Moi  en  concreto,  será  interesante  observar  se  a  nova  Galicia  con  estándares  de  educación  relativamente  altos  e  oportunidades  escasas  -a  Galicia  na  que os traballadores  compoñen  a  ampla  maioría  social-  se  decanta  e  cristaliza  en  conservador  ou  buscará  outro  norte.

    1 Comentario
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 24 Mar 2009

    Demisión

      Acabo  de ler  en  “El  Correo  Gallego”  a  demisión  de  Roberto  Mera,  membro  da  executiva  do  BNG  nos  últimos  anos. Roberto  Mera  ten  trinta  e  sete  anos  e  vinte  de  experiencia  política:  é  un  rapaz,  con  moita  vida  -política-  por  diante. No  entanto,  decide  demitir  e,  tal  e  como  o  refire  o  xornal  compostelán,  “Reprocha  a  outros  cargos  que  levan  trinta  anos  na  primeira  liña  que  queiran  continúar  a  toda  costa”.

       Este,  en  efecto,  non  é  un  tema  menor. O  BNG  é  un  partido  extremamente  conservador,  de  flexibilidade  nula. A  súa  estructura  interna  está  pensada  para  evitar  toda  cesión  de  poder  do  núcleo  dirixente,  cos  conseguintes  efectos  negativos  á  hora  de  remozar  os  rostros  e  as  políticas:  rexe  a  cooptación  estricta,  isto  é,  a  fidelidade  e  a  obediencia. Observese  que  iso  non  é  certo  para  o  caso  do  PPdeG  nin  para  o  PSdeG. Os  conservadores  foron  os  que  máis  modificaron  as  súas  listas  nestes  anos  -non  só  no  último  período-  e  no  caso  dos  socialistas  -outro  partido  conxelado  nos  tempos  en  que  estaba  secuestrado  por  Paco  Vázquez-  non  houbo  continuidade  entre  o  agora  embaixador  e  Touriño,  que  tivo  moitos  defectos,  pero  que  non era  un  monicreque  do  seu  antecesor  na  secretaría  xeral. Os  socialistas  puxeronse  a  andar. Non  necesariamente  na  dirección  que  a  ún  lle  gustaría,  pero  ese  é  outro  cantar. 

     

       O  mesmo  vale  para  a  dimensión  española. Tanto  o  PSOE  coma  o PP  -os  dous  partidos  que  gobernaron-  cambiaron  nestes  anos  varias veces  de  liderado. Non  houbo  continuidade  entre  Gónzalez  e  Borrell,  nin  tampouco  entre  Gónzalez  e  Zapatero  -Almunia  foi  un  intermezzo  fallido-. Tampouco  entre  Fraga  e  Aznar -odiábanse,  como  todo  o  mundo  sabe-. O  mesmo  pode  afirmarse  do  PNV  -de  Garaicoetxea  a  Ibarretxe  hai  moito  treito-  e  de  CiU. Todos  os  partidos  con  experiencia  de goberno  souberon  deixar  paso,  cando  as  vicisitudes  da  vida  política  o  fixeron  necesario,  a  outra  xeración  ou,  simplemente,  a  outros  rostros. Vale  o  mesmo  para  unha  organización  -IU-  que  sempre  estivo  na  oposición.

        Iso  é  así  porque  non  podería  ser  doutra  maneira. Os  ciclos  sociais  van  cada  vez  máis  rápido. E  os  ciclos  políticos  están  obrigados  a  acompasalos,  baixo  pena  de  acabar  na  irrelevancia. As  sociedades  de  masas  son  moi  sensibles  e  lábiles:  os  partidos  que  as  representan,  aínda  sendo  un  factor  de  estabilidade,  teñen  que  reaccionar  a  demandas  cada  vez  máis  crecentes  e  complexas.

      En  Galicia,  no  entanto,  a  estadía  na  oposición  conxelou  en  formol  non  ao  goberno,  senón  a  oposición. No  BNG  e  no  PSdeG  a  renovación  foi  mínima. As  personas  que  dirixen  e  encabezan  ambas  formacións  están  aí  dende  sempre. Repiten  os  seus  mesmos  erros  ata  o  infinito. Cunha    capacidade  de  adaptación  mínima,  cunhos  vicios  adquiridos  enormes  parecen  un  tiovivo  interminable,  desesperante.Están  aí  dende  antes  da  transición  e  non  parecen  ter  a  menor intención  de  desaparecer  da  escea.

       Por  suposto,  a  experiencia  dos  seniors  debe  ser  aproveitada,  aquí como  en Pekín. O  senado,  as  fundacións,  determinados  organismos  públicos  e  privados  están  para  iso. O  cainismo  e  a  mala  educación  de  dar  por  cancelada  a  unha  persoa  só porque  cumpre  anos  deben  de  ser  evitados. Pero  iso  é  unha  cousa  e  outra,  moi distinta,  é  impedir  por  medios  burocráticos  que  a  vida  flúa.       

        

       

    2 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 23 Mar 2009

    Ollo: perigo

        Non  había  plan  B. O  BNG  non  considerou  en  ningún  momento,  nin  como  mera  hipótese  de  traballo,  a  posibilidade  de  perder  as  eleccións. Despois da  renuncia  de  Quintana  os  nacionalistas  non  teñen  a  menor  idea  de  quen  pode  ser  o  seu  futuro  candidato  á  Xunta  de  Galicia. A  diferenza  do  PSdeG,  que  de  inmediato  anunciou  a  candidatura  a  secretario  xeral  de  Pachi  Vázquez   -aínda  que  tal  vez  sexa  un  entremés  antes  da  volta  de  Pepe  Blanco-  o  BNG  deuse  un  prazo  para  a  reflexión  non  só  acerca  do  candidato, senón da  enteira  liña  política  da  organización.

        A  situación  dos  dous  partidos,  sen  embargo,  é  parecida:  se  non  acertan  a  facer  os  cambios  de  rostro,  talante  e  ideas  arríscanse  a  unha  costa  abaixo  prolongada. O  BNG  porque  despois  de  ter  baixado  durante  dúas  lexislaturas  seguidas  pode  entrar  en  crise existencial  e  poñer  en  perigo  o  enteiro  proxecto  político.  En  política  todo  o  que  non  sobe  baixa  e  se  non  conseguen  abrirse  á  sociedade, se  persisten  nos  seus  modos  e  maneiras,  poden  camiñar  ao  borde  do  abismo. Se  pechan  a  súa  crise  sen  facer  o  diagnóstico  apropiado  tal  vez  a  sociedade  galega  non  lle  dará  máis  oportunidades.

       O  PSdeG  porque   o  ciclo  político  español  xoga  agora  na  súa  contra. Falto  de  apoios  no  parlamento  central,  coa  crise  galopando,  con  Cataluña  e  o  País  Vasco  agardando  á  volta  da  esquina  é  probable  que  non  aguante  a lexislatura. O  financiamento,  a sentencia  do  Estatut,  o  probable  apoio  do  PP  a  Patxi  López,  vanlle  facer  suar  sangue. Fíxense  por  onde,  Rajoy  -que  xa  se desfixo  de  Esperanza-  teno  agora  moito  máis  fácil.

       As  próximas  eleccións  son europeas:  un termómetro. Nada  comparado  coas  próximas  municipais. Como  non espabilen  poden  perder  dous  ou  tres  concellos  -A Coruña, Vigo, Lugo-  e  ofrecer  a  penosa imaxe  de  partidos  conxelados,  atados  a  candidatos  antigos,  procedentes  de  algún  instante  da  Era  Cuaternaria.

    1 Comentario
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 17 Mar 2009

    Reflexión no PSdeG e no BNG

      Veremos  que  da  de  si  o  proceso  de  reflexión  que  se  impuxeron  a  si  mesmos  PSdeG  e  BNG. A  rápida  elección  de  Pachi  Vázquez  parece  responder  ao  desexo  de  Pepe  Blanco  de  que  alguén  lle  conserve  a  cadeira  mentres  non  se  decide  a  vir  a  Galicia. Non  é  probable,  en  efecto,  que  o  ourensán  sobreviva  aos  próximos  dous  anos. Este  vai  ser  un  tempo  caótico  no  que  os  concellos  do  bipartito  van  a  estar  en  perigo. A Coruña,  Lugo  e  Vigo  poden  cambiar  de  mans. Ademais,  non  parece  que  el  poda  ser  o  candidato  da  renovación  e,  menos  aínda,  o  que  faga  do  PSdeG  un  partido  con  criterio  propio,  de  estructuras  sólidas  e  unha  idea  de  Galicia  congruente. Nin  que  dicir  ten  que  o  ciclo  político  en  España  parece  deparar  malas  noticias  para  o  PSOE. Será  difícil  que  acabe  a  lexislatura  sen  apoios  estables  no  parlamento. Euskadi,  co  PSE  en  mans  do  PP  vaille  pasar  factura,  por  non  falar  da  esperada  sentencia  sobre  o Estatut. De  fondo,  a  crise  galopante.. 

      O  BNG  segue  co seu  factor  eterno  de  bloqueo:  a  UPG. Non  cabe  dúbida  de  que  ese  partido  -a  verdadeira  e  única  estructura  orgánica  eficaz   do  bloque-  aportalle  estabilidade,  serenidade  e  pespectiva  a  longo  prazo  ao  BNG. Fora  da  UPG  todo  é  lixeiro  e  gaseoso. Pero  tamén  é  certo  que  a  un  custe  altísimo. É  como  se  no  PSOE  tivera  gañado  a  mediocridade  guerrista. O  control  da  estrutura  faría  inviable  a  adaptación aos  diversos  tempos  políticos,  reduciría  a  amplitude  da  mirada,  impediría  a  renovación  das  elites  do  partido,  o  diálogo  coa  sociedade  e  a inclusión  de  novos  militantes  -dado  que  disputarían  o  poder  dos  vellos,  o  que  é  intolerable  para  estes-  bloquearía  a  autonomía  do  goberno  e,  en  fin,  conduciría  a  inanidade  política.

      Se  O  BNG  quere  medrar  ten  que  renovar  a  mensaxe  e  ter  capacidade  de  seducción  na  Galicia  urbana, o  que  presupón  cambios  que  os  nacionalistas  nin  se  atreven  a  pensar,  ancorados  como  están  en  non  se  sabe  qué  mundo. Quintana  intentou  -dun  modo  fallido-  evitar  ese  ensimesmamento.  O  autismo  e  o  sectarismo  son  os  dous  principais  perigos  para  os  nacionalistas…  non  é  fácil,  considerando  a  experiencia,  que  os  eviten.

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 14 Mar 2009

    Dixerindo a derrota

      Anxo  Quintana  acaba  de  facer  pública  a  súa  renuncia  a  presentarse  de  novo  como  candidato  á  Xunta. Ao  mesmo  tempo,  a  executiva  do  BNG  presenta  en  bloque  a  súa  dimisión. Tardou  unha  semana  e  non  sabemos  -pero  é  o  máis  probable-  se  foi  obrigado  a  facelo. Do  lado  socialista  parece  que  Touriño  foi  instado  por  Zapatero  a  presentar  a  súa  dimisión  inmediata. O  BNG,  seguindo  a  súa  tradición  de  tomarse  as  cousas  con  lentitude  e  só  obrigados  polas  circunstancias  obrou  con  menor  dilixencia  para,  ao  final,  ir  ao  mesmo.

      Así  pois,  os  dous  responsables  do  desastre  pagan  coa  súa  cabeza  a  derrota  electoral. ¿ Significa  iso  que  os  dous  partidos  acertarán  coa  mensaxe?. Veremos. 

      Dende  logo,  o  manifesto  sumandoideas,  feito  público  por  alguns  sectores  do  PSdeG  pode  ser  que  sume  vontades  ou  intencións  pero  ideas,  o  que  se  dí ideas,  non  aporta  nin  unha  triste. O  texto  é  unha  morea  de  lugares  comúns  que  podería  firmar  calquera  progresista. E  no  único  punto  no  que  parece  destilarse  unha  novidade  resulta  que  é  para  darlle  validez,  non  sen  certa  ambigüidade,  á  idea  da  imposición  lingüistica.

       Habería  que  recordar  que  Política  Lingüistica  estivo  en  mans  do  PSdeG,  que  o  decreto  impugnado  polos  enragés  da  dereita  e  combatido  pola  Voz  de  Galicia  e  outros  xornais  -a  iso  é ao  que  lle  temen  de  verdade-  foi  aprobado  pola  Consellería  de  Educación. Foi  unha  polémica  impostada,  ideolóxica,  que  o  goberno  non   soubo  encarar:  como  no  caso  da  Cidade  da  Cultura  e  ata  nas  acusacións  da  campaña  electoral  o  bipartito  non  tivo  a  ben   defenderse  a  si  mesmo  e  darlle  argumentos  aos  sectores  que    apoian.

      Ao  contrario,  coma  nenos  pequenos  correron  a  excusarse  e  a  dicir  “Non  o  fixen  adrede”. O  goberno  demostrou  a  súa  covardía  unha  e  outra  vez. Se a renovación  consiste  niso  -en  que  todos  faigan  o  mesmo-  entón,  volverá  a  pensar  o  electorado,  que  goberne  a  dereita. Sobre  a  pretendida  imposición  lingüistica  -un  trunfo  da  dereita  cavernícola  e  da  esquerda  xacobina-  abondaría  con  preguntar  isto: ¿alguén  coñece  a  un  só  profesor  que  fose  instado  a  cambiar  o  idioma  no  que  se  expresa  ante  os  alumnos?. Ese  decreto  non  tivo  lugar,  simplemente,  como  sabemos  todos  os  que traballamos  na  educación,  e  quen  afirme  outra  cousa  minte.

      Non  deixa  de  ser  indicativo  de  en  qué  clase  de  país  estamos  que  o  BNG  recoñeza  con  toda  naturalidade  que  confundiron  o  voto  ao poder  co  voto  ao  PP. É  unha  acusación  contra  eles  mesmos:  indica  que  pensaban  continúar  gañado  as  eleccións  simplemente  por  estar  aí.

        Se  algo  deberan  aprender  os  uns  e  os  outros  é  que  teñen  que  dar  un  xiro  ás  ideas. Galicia  é  un  sitio  coma  outro  calquera  tamén  neste  respecto. Se  volven  a  gobernar  teñen  que  ter  un  proxecto  que  vaia  máis  alá  de  vender  a  moto  dun  feixe  de  ideas  vagas. Como  nesta  ocasión,  o  seu  electorado  lles  pedirá  que  se  note  que  quen  está  ao  mando  é  alguén  distinto. Senón  ¿para  qué ir  votar?.

    3 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 10 Mar 2009

    As eólicas

         Esta  información   non  necesita  ser  abrumada  con  prolixos  comentarios. http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/03/10/0003_7580455.htm?idioma=galego

     Non  son  necesarias  grandes  sutilezas  para  que  o  máis  lerdo  dos  lectores  entenda  que  se  xogaba  o  día  un  de  marzo  do  punto  de  vista  de  determinadas  empresas,  incluíndo  as  periodísticas. É  materialismo  vulgar.

      Pero  quen  o  entenda  ben,  saberá  que  as  eleccións  gañouna  non  en  último  lugar  o  lobby  de  A  Coruña. Fraga,  Touriño&Quintana  -a  eles  perdeunos  a  soberbia  e  a  vaidade-  ou  agora  Feijóo  son  asunto  circunstancial  e  pasaxeiro. Os  presidentes  son  continxentes,  o  lobby  é  eterno.

    1 Comentario
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 07 Mar 2009

    Volta a empezar

      A  batalla  das  interpretacións  avanza  imparable. Xa  están  aí  Pepe  Blanco,  Méndez  Romeu  e  outras  voces  no  PSdeG  afirmando  que  a  culpa  é  de  gobernar  co  BNG. Pero,  coñece  Méndez  Romeu  outra  forma  en  que  o  PSdeG  poida  gobernar  en  Galicia  senón  é  en  coalición? Polo  seu  lado  Beiras,  no  BNG,  pide  a  refundación  e  non  faltan  os  que  acusan  da  derrota  ao  PSdeG  por  un  motivo  ou  por  outro. Esperemos  que,  nun  segundo  momento,  haxa  máis  sentidiño.

       En  todo  caso  é  un  combate  importante,  porque  se  non  hai  un  bo diagnóstico non  pode  haber  unha  boa  rectificación. De  momento,  e  máis  aló  das  paranoias,  nas  filas  dos  perdedores  imponse  o  pesimismo: a  idea  de  que  podemos  estar  ante  un  ciclo  longo  de  poder  en  mans  do  PP. Dende  logo,  ben  puidera  ser. Nada  hai  escrito.

      Tamén  se  impón  esta  dobre  lectura:  o  PP  gañou  pola  incapacidade  de  PSdeG  e  BNG  de  ofrecer  a  imaxe  e  a  realidade  dun  goberno  forte  e  pola  decepción  que  causou  aos  seus  propios   votantes  que  non  foi  compensada  pola  captación  de  votos  conservadores. Derívase  de  aí  que  no  futuro  as  dúas forzas  terían  que  facerse  responsable  de  todas  as  políticas  que  poñan  en  marcha,  por  un  lado,  e  deixarse  de  medias  tintas  e  gobernar  coa  mirada  posta  nos  propios  electores  -máis  que  nos  quiméricos  votos  dunha  dereita  que  se  pasaría  “en  masse”  á  vista  da  inocuidade bipartita-.

       A  grande  lección  das  urnas  é  que  en  Galicia  o  voto  funciona  como  en  todas  partes. Un  pouco  pola  variable  ideolóxica  e  outro  pouco  polo  humor  do momento. A  outra  é  que  as  dúas  forzas  teñen  que  renovar  rostros,  discurso,  talante. Se  continúan  empeñándose  en  candidatos  grises,  antipáticos  e  sen  unha  soa  idea  perderan  as  cidades  onde  gobernan. Esa  é  a  próxima  cita  real. 

       Mariano  Rajoy expresou  esta  sentencia  “Galicia  é  do  PP”. É  unha  idea  falsa,  consoladora   para  os  que  perderon. Se  nos  últimos  vinte  anos  non  houbo  máis  período  de  goberno  bipartito  que  o  que  acabou  o  pasado  domingo  foi  porque  non  podía  habelo. Non  había  competencia,  senón  cohabitación  entre  Fraga  e  Vázquez. Quero  dicir  que  a  relación  de forzas  entre  PP  e  PSdeG  e  BNG  -entre  os  dous  campos-  nunca  foi  tan  descompensada. Os  dous  campos  son  relativamente  simétricos,  aínda  que  teñan  tres  vectores.Se  no  futuro  PSdeG  e  BNG  conseguen  convencernos  gañarán  e  se  non,  non. Así  de  simple. Claro  que  tamén  está  aí  a  caverna  mediática..  En  realidade,  o  gran  dato  das  últimas  eleccións  foi  a  súa  capacidade  de  impoñer  a  axenda  e  a  indefensión  do  bipartito,  despois  de  ter  regado  con  cartos  a  moreas  entre  outros  aos  medios  que  lle  fixeron  perder…  Pero  esta  é  outra  historia

    3 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 02 Mar 2009

    A Batalla das lecturas

     Unha  vez  consumada  a  derrota  abrese  o  combate  pola  interpretación. É  unha  batalla  importante. Agora  os  cidadáns  pero,  sobre  todo,  os  dous  partidos  teñen  que  establecer  a  súa  visón  dos  factores  ou  causas  que  a  produciron. Dependendo  de  cómo  o  faigan  así establecerán  a  liña  de  conducta  a  seguir  no  futuro.

      Non  é  descartable  que  no  PSdeG  reapareza  Paco  Vázquez  -ou  calquera  outro  émulo-  argumentando  que  o  mero  feito  de  gobernar  co  BNG  é  un  suicidio. Tampouco  que  no  BNG  se  lle  atribúa  o  fracaso  á  ousadía  -ao  concurso  eólico- e  ao  freo  que  os  socialistas  supuxeron,  máis  ben  que  a  erros  propios. Se  os  dous  partidos  se  xustifican  así  internamente  están  perdidos.

      Non  hai  outra  alternativa  ao  PP  que  a  reedición do bipartito. Pero  uns  e  outros  necesitan  facer  a  súa  propia  catarse.

      Para  o  elector  progresista  e  nacionalista  o  peor  de  todo  é  que  non foi  unha  derrota  honrosa. Non  foi  que  se  perdera  un partido  que  os  xogadores  sairon a  gañar  arriscando. Ao  contrario,  perderon  un  partido  que  confiaban  en  gañar  pechandose  en  redor  da  portería. Moi  pouco  deixa  o  bipartito  tras  de  si  que  ao  que  o  PP  teña  que  darlle  a  volta.  Esa  é  a  verdadeira  derrota.

    2 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 01 Mar 2009

    Derrota

      A  derrota  do  bipartito  non  ten  paliativo. Polo  que  parece  -cando  escrebo  isto  apenas  pasou  unha  hora  do  que  o  suceso  fose  anunciado- a  victoria  do  Partido  Popular  foi  total  e  absoluta. Gaña  dende  a  oposición,  sen  gobernar  nos  grandes  concellos  e  cunha  porcentaxe  de  participación  moi  elevada. É  unha  victoria  indiscutible.

        Non  cabe  dúbida  de  que  “La  Voz  de  Galicia”  pode  ufanarse  tamén  do resultado. A  perda  do  escano  do  BNG  por  A  Coruña  probablemente  se  lle  poda  atribuír  á  campaña  que  despregou  este  xornal. Santiago  Rey  é  o outro  grande  vencedor  da  noite.

      ¿ Qué  fixo  mal  o  bipartito?. Gobernar  dende  a  pura xestión. Cando  gañaron  non  se  trataba  só  dun  mero  cambio  de  goberno. As  expectativas  eran  moito  máis  grandes  do  común  porque  tratábase  case  dun cambio  de  réxime. Ni  Touriño  nin  Quintana  souberon  responder  ás  expectativas.

      Ademais,  non  tuveron  coraxe  para  facer  o  que  tiñan  que  facer  cando  o  tiñan  que  facer. Non  teren  aprobado  unha  Lei  de  Caixas,  nin  a Lei  da  CRTVG,  nin  ter  regulado  as  subvencións  á  prensa  ao  comezo  da  lexislatura  convertiunos  en  reféns  da  súa  propia  pasividade. Cando  máis  tarde  Quintana  saca  o  concurso  eólico  e  sae  á  rúa  o  “Xornal  de  Galicia”  obtén,  por  parte  do  editor  de  “La  Voz”,  unha  nemiga  ante  a  que  pouco  podía facer.

      Agora  xa  sucedeu  a  derrotas. PSdeG  e  BNG  terán  que  cambiar  o  seu  estilo,  os  seus  rostros,  o  seu  discurso. En  grande  medida  trátase  de  estructuras  obsoletas  con  enormes  vicios  derivados  dos  seus  respectivos  pasados. A súa  evolución  é  máis  lenta  que  a  da  sociedade  galega  e teñen  que  proceder  á  súa  propia  reinvención. Se  non  entenden  isto  non  entenden  nada.

    5 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Otra vez la Desafección

Después de rozar mínimos (ver gráfico de abajo: pulsar) tras las elecciones de 2004, la Desafección, medida por el [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

El verano sólo fue un paréntesis

Finalicé el último artículo, recordando los dos “dolores de cabeza” a los que se enfrentaban los grandes [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera