O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 23 Feb 2009

    La Voz de Galicia

       Sen  dúbida  algunha  “La  Voz  de  Galicia”  xa  non  é  o  que  era. Hai  quince  ou  vinte  anos  o  xornal  coruñés  podía  marcar  a  axenda  política,  decidir  o  “who´s  who”  galego  e,  en  xeral,  construír  o  marco  de  intelixibilidade  do  país  nunha  porcentaxe  moi  elevada. Pero,  dende  aquela,  pasaron  moitas  cousas. O  grupo  Voz  fracasou  no  seu  intento  de  constituír  unha  multimedia  de  ámbito  español  e  nen  o  intentou  no  que  podería  ser  o  seu  ámbito  natural,  Galicia. Ademais,  o  novo  edificio  de  Arteixo  determinou  unha  considerable  débeda  que  condicionou  a  evolución  do  grupo  e  acentuou  a  súa  dependencia  dos  diñeiros  públicos,  aínda sendo  dos  poucos  xornais  galegos  que  podería  subsistir  sen  eles. Finalmente  os  continuos  cambios  na  xestión  e  na  dirección  deixaron  tras  de  si  un  aire  de  desorientación.

       Pero,  con  todo,  non  é  iso  o  grave,  nen  o  que  compromete  o  seu  futuro. O  factor  realmente  decisivo  é  que  “La  Voz”  acostumada  a  operar  nun  réxime  de  case  monopolio  da  opinión  pública  galega,  veu  como  aparecía  en  Coruña  “La  Opinión”  e,  en  Santiago,  a  edición  de  Galicia  de  “El  País”,  ademais  de  finalmente  o  “Xornal  de  Galicia”,  tamén  na  cidade  herculina. Trátase  de  tres  xornais  que  compiten  ou  ben  na  mesma cidade,  ou  ben,  na  franxa  de  público máis  informada. A  iso  hai  que  sumar  a  aparición  dos  gratuitos,  o  consumo  de  prensa  por  Internet  nos  novos  lectores  e  a  multiplicación  de  televisións  e radios:  de  novas  canles  de  información.

      A  información,  como  se  afirma  tantas  veces  é  hoxe  un  mosaico  confuso,  un  tecido  de  voces  de  diferente  procedencia  e  ningún  medio  pode  xa  erguerse  como  referencia  única  dun  territorio,  dunha  franxa  de  idade  ou  dun  segmento  calquera  de  poboación. Fronte  a  iso  a  “Voz”  pode  moi  pouco:  non  se  pode  combater  contra  o  signo  dos  tempos,  contra  os  efectos  do  cambio  social  e  tecnóloxico.

       Na  pasada  lexislatura,  sen  embargo,  o  seu  editor  pretendeu  marcar  ao  goberno  bipartito,  tal  vez  tendo  en  mente  certo  periodismo  madrileño. O  xornalismo  demagóxico  de  “El  Mundo”  e  outros  medios  da  dereita  española  infecta  cada  vez  máis  o  estilo  da  prensa. Santiago Rey tivo  certo  éxito,  especialmente  porque  a mente  dos  dous  líderes,  Touriño  e  Quintana  segue  ancorada,  nese  respecto,  no  pasado. Os  dous  contribuiron  grandemente  a  nutrir  as  arcas  do  xornal  coruñés e  os  dous  tiveron  que  sofrer  as  inclemencias  dos  humores  do  seu  propietario.

      Neste momento,  sexa  polo  motivo  que  sexa,  “La  Voz  de  Galicia”  está  pretendendo  influír  no  resultado  electoral  dirixindo  os  seus  dardos  afiados  contra  o  BNG. O  que  ao  editor  lle  gostaría  sería  algo  hoxe  por  hoxe  imposible,  a  “gran  coalición”  PP-PSOE. É  unha  aposta   arriscada,  un  meterse  por  propia  vontade  no  tobo  dado  que  o  prestixio  de  “La  Voz”  depende  da  súa  apariencia  de  neutralidade,  de  ser  un  xornal  coruñés,  sen  adxectivos. Na  propia  cidade  herculina  a  súa  campaña  contra  Lendoiro  lle  resta  credibilidade  e  fai  aparecer a  Voz  como  un  medio  parcial. ¿ Qué  sucederá  se  o  bipartito  revalida a  súa  victoria ? ¿ como  pode  condicionar  o  futuro  dunha  Voz  desbocada ?. Sigamos  atentos.

    2 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 23 Feb 2009

    Fraguismo de esquerdas

    Conforme  se  acercan  as  eleccións  menos  claro  é  o  resultado. O  número  de  indecisos,  o  voto oculto  son  unha  oportunidade  para  o  PP. Se  gaña  non  será  por méritos  propios. Un  partido  que  carece  do  poder  da  Xunta,  que  perdeu  dúas  deputacións  nas  últimas municipais,  que  non  goberna  apenas  ningún  concello  de  certo  tamaño  -agás  o   de  Ribeira-,  que  tampouco  ten  nas  súas  mans  os  recursos  do  goberno  do  estado  e  que  leva  noqueado  dende  as  pasadas  eleccións  xerais  non  parece,  en  principio,  un  gran  adversario. A  iso pode  sumarse  que  non  puido  gozar  dos  favores  da  prensa  nin  doutros  medios  e  que  nin  tan  siquera  despregou  grandes  campañas de  oposición  salvo,  no  último momento,  a  polémica  relacionada  co  custe  dos mobles  e  o  coche  do  Presidente  Touriño  e  a  orquestrada  por  Galicia  Bilingüe  contra  a  pretendida  imposición  do  galego.

      Dado  ese  cadro,  poderá  entenderse  que  a  súa  victoria  só  podería  interpretarse  como  o  fracaso  na  xestión  do  bipartito  que  causou  unha  enorme  decepción  entre  os  seus  votantes. Digo  todo  isto  esperando  que  ese  trunfo  non  teña  lugar,  pero  dando  a  entender  que  o  bipartito  ten  que  proceder  a  unha  rectificación. Non  é  de  recibo  o  que  xa  tante  xente  chama  “fraguismo  sen  Fraga”. Galicia  necesita  que  osprogresistas  e  nacionalistas  se  tomen  en  serio  as  súas  propias  ideas.

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 19 Feb 2009

    Laboratorios de ideas

      “Think  tank”, a expresión  inglesa  que  significa  “depósito  de  ideas”  foi  usada  por  primeira  vez  na  guerra  americana  para  designar  as  habitacións  nas  que  se  planificaba  a  estratexia  militar.

     

       Os  primeiros  laboratorios  de  ideas  apareceron,  de  feito,  na  Grande  Bretaña  e  despois  nos  Estados  Unidos. Hoxe  non  hai  país  desenvolvido  que  non  conte  cun  certo  número  destes  centros  de  investigación  que  intentan  xerar  coñecemento  e  ter  influencia  no  ámbito  do  político,  do  económico,  do  tecnolóxico  e  do xeoestratéxico.     

     

       “As  ideas  teñen  consecuencias”  reza  o  lema  dun  dos  máis  famosos  laboratorios  de  ideas. Pero  parece  ser  que  teñen  máis  consecuencias,  ou  son  máis  mimadas,  nos  países  ricos. Os  lugares  máis  atrasados  sempre  teñen  certa  tendencia  a  desprezar  as  ideas,  coma  se  foran  pouca  cousa.

     

       O  certo,  sen  embargo,  é  que  o  traballo  manual  e  a  forza  bruta  cada  vez  teñen  un  papel  máis  pequeno  na  vida  das  sociedades  e  que  o  coñecemento  e  a  innovación  social,  política  e  por  suposto  tecnolóxica  son  os  aspectos  que  deciden  da  sorte  dos  países. Unha  nación  que  non  mime  o  coñecemento  está  condenada  ao  atraso.

     

        Tamén  en  Galicia  foron  creadas  nos  últimos  anos  algúns  laboratorios  de  ideas,  como  a  Fundación  Alfredo  Brañas,  Iniciativas 21  e  Galicia  Sempre   ligadas  respectivamente  a  PP,  PSdeG  e  BNG  aínda  que  teñen  escasos  recursos,  son  débiles  e  é  de  temer  que  non  moi  tomadas  en  consideración.

     

       Agora que  estamos  ante  unha  situación difícil  e  que  hai  que  reconsiderar  as  estratexias  e  o  modelo  produtivo  sería  natural  que  o  seu  papel  aumente. Pero  ¿ preferiremos  pechar  os  ollos como  as  avestruces ou  atender  á  velocidade  dos  cambios ? ¿ están  o  goberno  galego  e  a  cidadanía  preparados  para  prestarlle  atención  as  ideas  como  fan  os  franceses,  os  ingleses  ou  os  suecos  ou  seguiremos  pensando  que  son  un  luxo  para  ricos ?.      

     

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 12 Feb 2009

    Touriño

     

       Hai  tres  factores  que  hai  que ter  en  conta  á  hora  de  determinar  o  peso  de  Emilio  Pérez  Touriño  no  PSdeG. En  primeiro  lugar,  Touriño  non  aspira  a  controlar  ese  partido  nin  a  determinar  a  súa  dirección  futura. Abóndalle  con  que  o  aparato  non  interfira  nas  súas  decisións  de  goberno. Segundo  ese  criterio  Touriño,  como  fixera  Beiras  no  seu  tempo,  rodeouse  dunha  garda  pretoriana  que  está  formada,  no  esencial,  por  conselleiros  e  cargos  do  goberno  de  escasa  influencia  no  partido. Fóra  dese  cinto  de  seguridade  o  PSdeG  é  un   territorio  comanche,  con  diferentes  baróns  de  escasa  coherencia  entre  eles.Hai  que  supoñer  que  obedecerían,  no  seu  caso,  á  chamada  de  Pepe  Blanco.

     

        Segundo,  Touriño  non  é  visto  con  especial  simpatía  no  PSdeG. Dado  que  os  membros  do  seu  partido  saben  que  a  cooptación  non  ten  que  ver  coas  inexistentes  estruturas  dun  partido  carente,  por  outra  parte,  de  identidade  política  propia  -os  catro  últimos  anos  foron  baldíos  dende  este  punto  de  vista-  senón  cun  mundo  paralelo  de  relacións,  Touriño  non  é,  nin  pode  ser,  a  aposta  estratéxica  de  ninguén. Só  o  temor  a  quedar  apartado  evita  que  o  malestar  alcance  expresión  pública  ou  que  se  fraguen  coalicións  internas  diversas. Todos  os  que  teñen  a  ambición  de  substituílo  -e  non  faltan-  agáchanse  e  esperan  a  súa  hora  con  paciencia  de  mandarín  chinés.

     

       Terceiro. Non  hai  un  mercado  de  futuros  en  relación  a  Touriño. A  diferenza  de  Quintana,  que  por  idade  e  ambición  tería  moito  percorrido  no  BNG,  mesmo  se  este  quédase  apartado  do  goberno,  a  influenza  de  Touriño  acabarase  o  mesmo  día  en  que  deixe  a  presidencia. Tamén  o  poder  daqueles  que  o  rodean,  salvo  que  organicen  a  súa  supervivencia. O  valor  de  Touriño  dentro  do  PSdeG  limitase  á  súa  acción  como  presidente. De  feito,  os  catro anos  que  pasaron  dende  que  foi  investido  non  determinaron  un  cambio  xeracional,  nin  un  grado  maior  de  organización  do  PSdeG,  nin  a  asunción  dunha  nova  identidade  política. Se  nas  próximas  elección  a  súa figura  quedara  debilitada  -un  mal  resultado  do  PSdeG  despois  dunha  campaña  tan  personalizada  en  torno  a  súa  figura-  comezaría  o  tempo  atrás  para  atopar  a  nova  figura  emerxente. ¿ Sería  Pepe  Blanco o  próximo  candidato despois  de  ter  pasado  antes  polo  Ministerio  de  Fomento,  como  aseguran  diversas  fontes?.

    1 Comentario
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 09 Feb 2009

    Galicia Bilingüe, defensa del castellano

    Os  autores  do  “Manifiesto  en  defensa  de  la  lengua  castellana”,  así  como  en  Galicia  os  integrantes  das  plataformas  “Tan  gallego  como  el  gallego”  e  “Galicia  bilingüe”  incorren  en  flagrante  contradición. Afirman  defender  os  dereitos  dos  falantes  pero  propoñen  crear  unha  norma  xurídica  que  lle  outorgue  a  supremacía  ao  castelán. Se,  en  efecto,  non  se  tratase  dun  conflito  entre  diferentes  formas  de  entender  España  e,  en  última  instancia,  entre  diferentes  lexitimidades  nacionais  -e  hai  que  lembrar  que  a  Constitución  e  os  estatutos  foron  aprobados,  entre  outras  cousas,  para  modular  e  disolver  ese  conflito-  o  natural  sería  que  postulasen  unha  modificación  constitucional  para  eliminar  a  referencia  ao  dereito  e  ao  deber  de  coñecer  o  castelán.

     

       Se  así  o  propuxeran, sería  coherente  a  súa  crítica  das  leis  de  normalización  lingüística  aprobadas  nas  comunidades  con  idiomas  cooficiais. En  consecuencia,  tanto  no  sistema  escolar  como  na  administración,  todos  os  idiomas  serían  optativos: dependerían  do  comercio  entre  as  persoas  e  non  terían  aquel  carácter  obrigatorio   e  coactivo  que  distingue  a  unha  lei. A  idea  non  sei  se  sería  factible  ou  sinxela  na  súa  aplicación  -permitiría,  por  exemplo,  escolarizar  en  inglés,  ou  en  árabe  aos  nenos  inmigrantes  que  así  o  desexaran-  pero,  dende  logo,  constituiría  un  modo  de  respectar  a  vontade  dos  individuos  -aínda  que  poderían  darse  outras  ambigüidades:  que  a  vontade  de  pais  e  fillos  non  coincidira,  como  cando  algunhas  rapazas  son  obrigadas  a  levar  chador-. Un  pode  especular  con  que  unha  situación  así  posiblemente  deixaría  ao  galego  máis  débil  do  que  xa  o  está  en  Galicia  pero  que  tal  vez,  en  determinadas  zonas  de  Cataluña  e  as  Illas,  operase  en  contra  do  castelán.    

     

        Non  parece  que  este sexa  o  debate,  no  entanto. O  “manifiesto”  expresa  máis  ben  un  síndrome,  un  sentimento  melancólico,  de  perda, que  Juaristi  lle  atribuíu  nun  célebre  libro  aos nacionalistas  periféricos  pero  que  aquí  retorna  envolto  no  estilo  batallador  e  tronante  de  Fernando  Savater. É  un  estado  de  opinión  que  hai  que  ter  en  conta,  sen  embargo. O  PP  expresou  ese  malestar  nacionalista  no  pasado. Cabe  que  o  manifesto  encerre  a  pretensión,  por  parte  de  UpyD  de  facerse  con  ese  electorado  “españolista”  e  non  falta  quen  lle  atribúe  a  “El  Mundo”  a  tentativa  de  articular  una  nova  forza  á  dereita  de  Mariano,  sumando  a  Aguirre  e  a  Rosa  Díez,  agora  que  Rajoy  deserta  da  santa  intransixencia.

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 06 Feb 2009

    Méndez Ferrín

        Para  a  miña  xeración  Xosé  Luís  Méndez  Ferrín  fíxose  presente  sobre  todo  a  través  de  “Con  pólvora  e  magnolias”:  era  poesía  política  -nós  líamos  daquela  a  Maiakovsky,  a  Nazin  Hikmet,  a  Attila  Joszef-  pero  ese  libro  nos  introducía  nunha  atmosfera  estética  na  que  se  tocaba  cos  dedos  a  melancolía  e  a  beleza  da  derrota. Era  Esenin  “o  derradeiro  poeta  do  campo”  o  que  petaba  na  nosa  porta. En  certo  modo  era  fácil  ligar  o  sabor  que  deixaba  na  boca  ao  dunha  película  que  nos  causou  tanta  impresión  naquel  momento,  tanto  por  si  mesma,  pola  deconstrucción  á  que  sometía  á  familia  Panero,  como  polo  seu  título  que  se  volveu  premonitorio  “El  desencanto”.

       De  todos  os  versos  de  “Con  pólvora  e  magnolias”  aquel  “algúns  estamos  xa  para  sempre  en  Santiago  derrotados” –cito  de  memoria-  foi,  sen  dúbida  o  máis  repetido. Mirado  retrospectivamente  tal  vez  aqueles  comisarios  políticos  que  nolo  desaconsellaban  por  esteticista,  por  chamar  ao  desánimo, estaban  acertados: pero  nós,  claro,  non  podiamos  nin  queriamos  admitilo. En  realidade,  a  primeira  vez  que  eu  o  vira  declamar  a  peza  era  moito  máis  enérxica  e  militante. O “sirventés  pola  destrución  de  Occitania”  era  unha  metáfora  da  forza  que  necesitabamos  para  a  tarefa  que  nos  reclamaba.

       Porque  Méndez  Ferrín  tiña  algo  de  oráculo  literario  pero tamén  político,  tiña  un  poder  demoníaco  ao  que  non resultaba  fácil  resistir. Na  desaparecida  “Folla  do  Luns”  podiamos  ler  os  artigos  escritos  co  pseudónimo  de  Dosinda  Areses  e  cando  máis  tarde  publicou  “Crónica de  nós”  -un  libro  tan  seu,  tan  mitolóxico,  poético  e  político-  causou  sensación. Non  era  o  meu  caso  pero  podo  testemuñar  que  a  súa  prosa  tiña  a  forza  dunha  gnóse:  era  un  camiño  de  iniciación. Agora  Méndez  Ferrín  cumpre  setenta  anos: sen  que  debamos  ceder  no  que  nos  separa:  honor  ao  altísimo  poeta.

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 03 Feb 2009

    DAVOS

    Antonte  pechou  as  súas  portas  o  Foro  de  Davos,  a  reunión  anual  dos  grandes  deste  mundo  para  dar  que  falar. Para  dar  que  falar,  digo,  porque,  ao  parecer,  estas  reunións  non  teñen  moita  máis  importancia  nin  deciden  moitos  máis  asuntos  do  que  unha  excursión  de  xubilados  en  Benidorm  ou  un  congreso  de  xeriatría  no  balneario  de  Guitiriz.

        Cito  textualmente  a  información  de  axencia “O Foro  acabou  en  medio  de  pesimismo  sobre  o  estado  económico  do  mundo  e  con  grande  incerteza  acerca  da  magnitude  e  a  fin  da  crise”. Ou  sexa  que  os  vinte  ministros  de  economía,  os  43  xefes  de  estado  e  os  mil  catrocentos  altos  directivos  concluíron,  despois  dunha  semana  escoitando  aos  grandes  gurús  da  economía  mundial,  que  nin  puñetera  idea.

       En  fin,  que  quedo  máis  tranquilo. Pero,  por qué  vai  a  amargarse  un  por  estas  naderías?. Total  que  un  grupo  de  corsarios  nos  puliran  a  todos  miles  de  millóns  de  euros,  que  o  incremento  do  déficit  faga  que  dentro  duns  anos  o  estado  teña  dificultades  para  pagar  as  pensións  ou  a  sanidade  a  quen  lle  importa?.

       Claro  que  sempre  hai  optimistas. Sen  ir  máis  lonxe  o  vicepresidente  do  Fondo  Monetario  Internacional,  entidade  coñecida  universalmente  por  non  dar  pé  con  bola  e  por  ter  contribuído  xenerosamente  a  que  esteamos   metidos  no  furado,  afirma  que  dentro  duns  meses  xa  veremos  a  saída  da  crise .  Agardemos    que  desta  vez  acerte,  porque  si,  como  opina  Georges  Soros,  o  multimillonario  que  conseguiu  que  a  orgullosa  libra  esterlina  baixara  a  cerviz,  a  crise  vai  a  perdurar  dez  anos  levámola  moi,  pero  que  moi  crúa.    

        Con  razón  dicía  Galbraith,  que  hai  dúas  clases  de  expertos  de  economía  “os  que  non  temos  nin  idea  e  os  que  non  saben  nin  iso”.

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Otra vez la Desafección

Después de rozar mínimos (ver gráfico de abajo: pulsar) tras las elecciones de 2004, la Desafección, medida por el [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

El verano sólo fue un paréntesis

Finalicé el último artículo, recordando los dos “dolores de cabeza” a los que se enfrentaban los grandes [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera