O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 26 Dec 2008

    Presión do aire

      Do  negocio  eólico  sabemos  dúas  cousas. A  primeira  que  xerará  uns  rendementos  moi  elevados. Dado  que  esa  forma  de  enerxía  está  subvencionada  - tamén  é  o  caso  da  solar-  é  un  negocio  sen  risco  e  un  bo  destino  para  o  diñeiro  que  quedou  orfo  despois  do  estoupido  da  burbulla  no  sector  da  vivenda. A  segunda,  que  pode  provocar  cataclismos  dentro  do  goberno  galego  sen  que  poidamos  avistar  exactamente  por  qué.

     

       Non  cabe  dúbida  de  que  o  lado  socialista  do  goberno  teme  que  os  nacionalistas  tezan  vínculos  íntimos  co  empresariado  e  tal  vez  esa  sexa  a  razón  última  da  actitude  obstrucionista  dos  representantes  das  consellerías  de  Medio  Ambiente  e  Ordenación  do  Territorio  na  comisión  que  tal  vez  hoxe  mesmo  dea  a  coñecer  os  nomes  daquelas  empresas  que  recibirán  a  concesión. Pero  un  se  pregunta  se  ese  temor  pode  ser  causa  bastante  para,  a  dous  meses  da  convocatoria  electoral,  facer  tan  explícita  a  división  do  goberno.

     

       Ten  razón  Anxo  Guerreiro  cando  opina  que  para  os  electores  o  espectáculo  pode  ser  tremebundo. A  mera  sombra  da  sospeita  de  arbitrariedade  na  concesión  de  licencias  para  un  negocio  tan  avultado   non  pode  resultar  nada  edificante  para  os  electores  de  ambas  as  dúas  forzas. Non  pode  deixarse  de  facer  notar  que,  ata  onde  sabemos,  as  diferenzas  maiores  entre  as  dúas  forzas  non  foron  de  perspectiva  ideal  senón  en  ámbitos  -medios  de  comunicación, etc.-  nos  que  o  que  se  xogaba  era  o  poder  e  a  influenza.

     

      Complica  máis  as  cousas  o  feito  de  que  ”La  Voz  de  Galicia”  teña  desencadeado,  por  este  motivo  e  tamén  pola  apertura  do  “Xornal  de  Galicia”  en  A  Coruña  unha  campaña  en  toda  regra  contra  Anxo  Quintana. Como  indicaba  Fernando  Macías  non  convén  que  un  xornal  sexa  xuíz  e  parte. En  todo  caso,  como  experimento  social  pode  ter  interese  esta  campaña  de  prensa. Veremos  se  ten  continuidade  ata  o  día  das  eleccións  e  se  ten  efecto  nos  electores. Se  non  é  así  teremos  pasado  unha  páxina  en  Galicia:  tal  vez  o  goberno  aprenda  a  ser  máis  independente  dos  medios  e  estes  do  goberno. Claro  que,  de  ter  éxito,  o  medo  do  goberno  as  presións  aumentará:  e  xa  non  é  pouco.

     

                

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 20 Dec 2008

    Un Xornalista

    Durante dous anos Félix Monteira tivo como misión poñer en marcha a edición de Galicia de El País. Iso permitiunos coñecer a un xornalista. Un xornalista, nin máis nin menos.

    Félix podería ter saído directamente dunha película de Billy Wilder. Se nas redaccións dos xornais aínda houbese tinta se lle vería pasar entre as mesas cos seus dedos manchados de negro, na boca un cigarro tras outro, soltando maldicións ao aire, meténdolle presión ao seu equipo “sois una pandilla de cabrones” e preguntando, como se fora un xuízo libre indirecto sobre a nosa época, “Pero, ¿quién cojones lee el segundo párrafo?

    Seríamos moi afortunados se os periódicos que lemos cada mañá fosen dirixidos por cascarrabias capaces de montar unha treboada para defender a súa independencia de criterio. A Félix non é difícil escoitalo a grandes voces no seu despacho dicíndolle sen empacho a un interlocutor, non importa se ministro, presidente, conselleiro ou criador de bivalvos: “Eso no se lo consiento”. Atención ao pronome: nese trato de vostede está toda a ética do periodismo.

      Facer un periódico non consiste en poñer todos os días -pero hai quen o fai- na súa primeira plana “O goberno é cojonudo”. Tampouco, naturalmente, en xogar co sensacionalismo e a desinformación, nin en chufar á propia sociedade para mellor manipulala. Hai persoas que poden romper, pero non se dobran. Félix é dos que dan as batallas intentando gañalas, porque non é un esteta que ande por aí querendo quedar ben ou poñendo cara de bo para ir ao ceo dos que non romperon un prato. Pero se as perde o toma como un gaje do oficio, porque máis grave que perder un batalla é perderse a un mesmo, as manías e valores que fan que poidamos mirarnos todos os días no espello sen avergoñarnos.

    Temos coñecido moitos periodistas na vida. Hainos cínicos, resabiados, quebrados, periodistas que aprenderon a descrer do seu oficio pero tamén os hai como Félix: entrañables e honestos.

    1 Comentario
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 12 Dec 2008

    Custos silenciosos

        Como  estaba  previsto  a  actual  lexislatura  galega  terminará  sen  que  se  teña  aprobado  a  Lei  da  CRTVG  nin  a  Lei  de  Publicidade  Institucional. A  primeira  tería  que  garantir  un  maior  pluralismo  nos  medios  de  comunicación  públicos  e  a  segunda  evitar  o  uso  arbitrario  das  campañas  institucionais  para  comprar  a  aquiescencia  dos  medios  de  comunicación  privados  ás  políticas  do  goberno. Trátase  de  dúas  medidas  que  forman  parte  do  que  se  deu  en  chamar  a  “rexeneración  democrática”  e  que  formaron  parte  substantiva  do  programa  de  goberno  que  firmaron  ambas  forzas  nun  espírito  de  contrato  coa  cidadanía.

     

       De  ningún  modo  esas  dúas  leis  esgotan  o  terreo  das accións  que  hai  que  tomar  para  facilitar  a  democratización  do  país. Por  exemplo,  ademais  da  publicidade  institucional  son  moitas  as  formas  que  un  goberno  ten  de  negociar  o  apoio  dos  medios  de  comunicación  privados:  dende  a  concesión  de  licencias  ás  subvencións  de  diverso  tipo  e  á  encarga  de  programas  para  a  CRTVG. O  PP  usou  todos  eses  medios  con  descaro  para  acalar  a  voz  da  cidadanía. Creou  unha  cultura  política  que  perdura.

     

       Entendámonos. Todos  os  gobernos  en todo  o  mundo  usan  os  seus  recursos  para  garantir  o  favor  ou,  polo  menos,  á neutralidade  dos  medios. Pero  hai  límites  máis  alá  dos  cales  o  pluralismo  real  corre  un grave  perigo. E  ademais,  non  é  só  o  pluralismo.  Galicia  é  un  país  pequeno  e  controlable  nun  sentido  en  que  non  o  é  España  no  seu  conxunto, e se  un  goberno  establece  alianzas  de  ferro  con  determinados  medios  e  determinadas  elites  é  claro  que  ten  moitas  probabilidades  de  perdurar. Pero  ó  prezo  de  reducir  o  dinamismo,  de  facer  máis  lentos  os  cambios  sociais  e  económicos,  de  bloquear  as  transformacións  de  fondo  e  de  colocar  nos  postos  aos  incompetentes  da  familia  ou  o  partido. Foi  o  modelo  do  PP  e  tivo  graves  custos  non  contabilizados  no  PIB  galego. Foron  custes  silenciosos. Custes  que,  hai  que  dicilo,  contaron  co  beneplácito  de  tantos  que  estaban  interesados  en  calar  pero  que,  máis  tarde  se  puxeron  á  fronte  da  manifestación  para  arrogarse  méritos  dos  que  carecían. Ese  modelo  social,  económico  e  moral  é  o  que  hai  que  evitar.  

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 08 Dec 2008

    A Coruña na Baixa Idade Media

       O  concello  de  A  Coruña  celebrou  o  presente  ano  como  o  oitocentos  aniversario  da  cidade,  tomando  como  data  que  marca  o  seu  despegue  o  ano  1208,  que  é  o  momento  en  que  Alfonso  IX  lle  concedeu  o  foro  de  Benavente. Dende  logo,  a  ocasión  debería  ter  sido  propicia  -pero  non  parece  que  o  fose-  para  suscitar  traballos  sobre  a  historia  da  cidade. En  Galicia  as  cidades  teñen  sido  obxecto  dunha  atención  moi  reducida,  e  todo  o  que  sexa  aportar  elementos  para  a  elaboración  das  respectivas  culturas  urbanas,  e  para  a  comprensión  das  súas  identidades  locais  non  pode  senón  ser  ben  vido.

     

      De  feito,  A  Coruña  posúe  unha  moi  forte  identidade  local  que  o  anterior  alcalde,  Francisco  Vázquez,  soubo  manipular  moi  eficazmente  pero  que  vén  de  moi  lonxe. Só  dous  pequenos  datos:  era  en  A  Coruña  onde  estaba  a  Sé  da  Audiencia  de  Galicia  -o  que  a  convertía  en  capital  do  antigo  reino,  ben  certo  que  cando  este  se  desvanecía  pouco  a  pouco-. Tamén  resulta  notable  que  foi  A  Coruña  convertida  en  capital  de  provincia  polos  liberais  porque  era  aquí  onde  estes  tiñan  maiores  apoios,  fronte  a  un  Santiago  no  que  as  vehemencias  carlistas  eran  moi  fortes. Se  “Os  libros  arden  mal”  a  novela  do  Manolo  Rivas  pode  lerse  como  un  fresco  literario  da  Coruña  do  XX  aínda  espera  a  luz  algún  traballo  histórico  que  ilumine  como  a  capital  da  Galicia  republicana  pasou  a  ser  a  do  franquismo  e,  máis  tarde,  a  de  Vázquez  -un  émulo  do  tardofranquismo  de  Alfonso  Molina-.

     

       Pero  entender  unha  cidade  é  entender  as  súas  capas  de  significado,  a  secuencia  histórica  que  a  vai  constituíndo,  coas  súas  voltas  e  viravoltas. “A  Coruña  en  la  baja  edad  media” (José  Manuel  Sánchez  Chouza. Ed. Do  Castro, 2005)  analiza  ese  período  con  erudición  non exenta  de  amenidade. Se  un  quere  saber  cantos  eran  naquela  altura  os  habitantes  da  cidade,  os  seus  oficios  e  ocupacións,  a  súa  división  parroquial,  tanto  como  a  súa  economía,  estrutura  social  e  organización  do  concello,  terá  nesta  obra  un  manual  rigoroso. É  un  libro  que  merece  atención  por  todo  aquel  interesado  na  historia  da  cidade.

     

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 05 Dec 2008

    ETA, outra vez

    ETA  pode,  naturalmente  matar,  e  é  de  temer  que,  ó  asasinato  de  Azkoitia,   lle  sigan  novos  atentados. A  organización  busca restablecer  ante  os  seus  seguidores  o  prestixio  da  banda. Pero  ETA,  que  quedou  tocada  despois  da  tregua,  dado  que  a  policía  aproveitou  o  tempo  para  acumular  información  e  facilitar  a  súa  desarticulación,  xa  non  pode  condicionar  a  axenda  política.    

     

       Fíxoo  na  lexislatura  pasada  non  tanto  pola  súa  forza,  como  pola  presión  que  o  PP  meteu  buscando  réditos  electorais. Pero  o  certo  é  que  no  País  Vasco  o  apoio  do  que  gozaba  diminúe  a  ollos  vista. Á  fatiga  do tempo  únese  o  soberanismo  de  Ibarretxe,  que  si  provoca  tanta  reacción  fora  de  Euskadi,  quítalle  argumentos  a  ETA,  ao  mostrar  un  camiño  de  método  democrático. Ademais,  o  vínculo  entre  a  esquerda  abertzale  e  ETA  é  cada  vez  máis  tenue. Posiblemente  non  rompa  nunca,  pero  a  cerrazón  das  armas  e  a  ausencia  de  camiños  para  a  política  que  implica  acabará,  máis  cedo  que  tarde,  pasando  factura  nese  mundo.

     

        Presos  nos  cárceres,  ausencia  de  representación  nas  institucións,  un  apoio  en  declive:  os  máis  intelixentes  se  verán  abocados  a  tomar  decisións  e  a  reaccionar  ante  a  súa  lenta  asfixia,  que  o  estado,  con  moita  paciencia  e  esforzo,  está  conseguindo.  Hai  unhas  semanas  falábase  da  posibilidade  dunha  “lista  branca”  da  esquerda  abertzale. Algúns  analistas  estiman  agora  que  esa  posibilidade  resulta  remota  e  que  non  é  do  agrado  da  banda. Segundo  esa  visión  a  consigna  é  resistir  e  impoñer,  unha  vez  máis,  o  seu  diktat  tamén  aos  seus:  que  ninguén  se  mova  máis  alá  do  plano  da  actividade  armada. Pero  non se  ve  que  perspectiva  poida  ser  esa. Todo  parece  suxerir  que  ETA  está  ao  final  do  seu  ciclo.  

     

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 05 Dec 2008

    INERCIAS

       ¿ Qué  posibilidades  hai  de  que  o  candidato  Feijóo  chegue  a  converterse  no  Presidente  Feijóo ?: moi  poucas. Hai  dous  motivos  moi  evidentes,  e  case  axiomáticos. O  primeiro,  que  nun  sistema  de  tres  partidos  para  que  o  Partido  Popular  gañe  ten  que  obter  a  maioría  absoluta,  e  iso,  dende  a  oposición,  non  parece  fácil,  por  dicilo  dun  modo  suave. O  segundo,  que  os  ciclos  políticos  en  España,  no  goberno  central,  pero  especialmente  nas  comunidades  autónomas,  tenden  a  ser  máis  longos,  ao  menos  de  dúas  lexislaturas.

     

        Esas  dúas  razóns  son,  digamos,  de  libro,  e  valerían  tanto  para  aquí  como  para  Andalucía  ou  Murcia. Pero  é  que  ademais,  como  a  experiencia  indica,  a  velocidade  do  país  tende  a  ser  inercial. O  que  podemos  esperar,  pois,  é  un  mapa  político  con  poucos  cambios. O  PP  baixará,  pero  non demasiado. O  PSdeG  subirá,  pero  menos  do  esperado  polas  trompetas  que  tocaban  nos  ouvidos  do  presidente  Touriño doces  melodías  de  sorpasso. Tamén  o  BNG  recibirá  do  desgaste  conservador  unha  migalla,  pero  insatisfactoria  para  os  que  esperaban  milagres  das  Consellerías.

     

       A  lección  que  tomarán,  por  tanto,  os  líderes  das  tres  formacións  será  esta:  ningunha. Cada  un  sentirase  reconfortado  na  liña  tomada,  aínda  cando  os  resultados,  salvo  que  bordeasen  o  disparate,  serían  moi  parecidos  se  tomasen  outra  moi  distinta. A  actitude  real  do  PP  consistirá  en  agardar  por  Rajoy. Ou polo  substituto,  se  finalmente  as  poderosas  forzas  que  traballan  na  súa  contra  -e  que  de  ningún  modo  se  esgotan  en  Esperanza  Aguirre  e  José  María  Aznar-  gañan  a  batalla. Pero  tampouco  os  dous  partidos  de  goberno  intentarán  detectar  as  transformacións  de  fondo  na  orografía  do  país. Confirmados  no  goberno  resultará  moi  improbable  que  entendan  que  Fraga  primeiro  perdeu  credibilidade,  despois  lexitimidade  e,  finalmente,  o  poder  da  Xunta.

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Otra vez la Desafección

Después de rozar mínimos (ver gráfico de abajo: pulsar) tras las elecciones de 2004, la Desafección, medida por el [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

El verano sólo fue un paréntesis

Finalicé el último artículo, recordando los dos “dolores de cabeza” a los que se enfrentaban los grandes [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera