O café na trincheira

Just another WordPress weblog
RSSRSS Contacta Subscríbete por e-mail!

Sobre este blog

  • O autor
  • A liña editorial

Seccións

  • Cultura
  • Política
  • Uncategorized

Arquivo

  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008

Blogroll

  • Blogroll

    • Alicerces
    • Alter economía
    • Arume dos piñeiros
    • As túas balas
    • as uvas na solaina
    • Bretemas
    • Cabaret Voltaire
    • Cafradas Financieras
    • Calidonia
    • Croques
    • De paso
    • Dissent
    • Feijóo mente
    • Fundació Rafael Campalans
    • Infraestructuras de Galicia
    • Krugman Blog
    • landoas
    • O funanbulista coxo
    • Peter Singer
    • Peter Singer
    • Renovar o BNG
    • Si home si
    • The Nation
    • Tom Paine
    • Vicenç Navarro
    • Vigoblog
    • Xavier Carro
  • 23 Xuñ 2010

    Con Arcimboldo ven o verán..

     

     

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.

      Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  Trincheira. Grazas a  todos  aqueles  que  enriqueceron  este  blog  cos  seus comentarios  e  formaron  parte  dun  diálogo.

      Quixen  que  fora  un  espazo  de  análise  política  distanciada,  máis  alá  das  preferencias  propias.

      A inserción  de  artigos  relevantes  tomados  da  prensa  intentaba  chamar  a  atención  sobre  os  centros  neurálxicos  de  cada  momento  e  dar  pistas sobre  por  onde  ían  os  tiros.

       Formar  criterio,  cultivar  o  bo  xuízo  político  é  algo  moi  difícil,  pero  hai  que  intentalo.

       Dende  logo,  non  hai  que  deixarse  levar polo  que  a  un  lle  gustaría,  senón,  idealmente,  por  algo  así  como  a  impasibilidade  ao  xeito  de  Spinoza.

     “Non  ridere, non  lugere, neque  detestari,  sed  intelligere”.

     “Non  rirse,  non  lamentar,  non  detestar as  accións  humanas,  senón  entendelas”.

      Josep  Pla  expresouno  máis  ou  menos  así:  “O  que  distingue  a  unha  persoa  intelixente  é  a  capacidade  de  distinguir  entre  o  que  é   e  o  que  non  é. Non  -iso  faino  calquera  parvo-  entre  o  que  é  do  que  debería  ser”.  

     Ignorar  as  relacións  de  forza  e  soster  puntos  de  vista  puramente  expresivos,  coma  se  a  vida  social e  política puidera  tratarse  coma  un  desafogo sentimental,  non  é  unha  alternativa.

      A  desorientación  permanente  non  pode  axudar  a  ningunha  estratexia  construtiva  e  realista.

     Esas  palabras,  “estratexia”  “construtiva”  e  “realista”  son  importantes.

      En  Setembro  volvemos… ou  non.

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 16 Xuñ 2010

    ¿ A decisión dos pais ? Quen dixo iso..

    A Xunta nega a inmersión en galego nas cidades

    Educación advirte aos 47 centros que mantiñan este programa pedagóxico que non poderán continuar con el
    XORNAL.COM Actualizado 16/06/2010 - 14:36 h.

    Prohibida a inmersión… en galego. O decreto aprobado polo bipartito permitía esta técnica pedagóxica na lingua propia en Educación Infantil nas contornas urbanas para favorecer así que os máis pequenos que teñen un contacto nulo coa lingua o poidesen ter nas escolas. Esta posibilidade existía grazas á lexislación aprobada en 1995 polo goberno de Manuel Fraga e que posteriormente foi desenvolvida no decreto de 2007 que agora foi suprimido polo Executivo.

    Algúns colexios de ámbitos castelánfalantes podían potenciar este modelo para garantir unha competencia mínima en galego dos rapaces de entre tres e cinco anos. O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) lembra que xa o ano pasado a consellaría xa optou por eliminar as axudas económicas para este programa. Agora, Educación acaba de comunicarlle aos 47 centros que mantiñan estes programas de que non poderán levarse a cabo no vindeiro curso

     Dende o STEG aseguran que “esta decisión non ten en conta a demanda constante de numerosas familias que constatan diariamente a imposibilidade de garantir o bilingüismo para unhas nenas e uns nenos que, a partires dos 6 anos terán que coñecer ben o galego para comezar o ensino obrigatorio.” “As únicas novidades lexislativas deste goberno en materia educativa non se preocupan da calidade do ensino, senón de eliminar todas as medidas existentes de protección da lingua”, aclara.

    1 Comentario
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 14 Xuñ 2010

    A creación das identidades nacionais

    Acabo  de  ler  “La  creación  de  las  identidades nacionales. Europa,  siglos  XVIII-XX”  da  autoría   de  Anne  Marie  Thiesse  e  publicada  moi  recentemente  pola  editorial  Ézaro  nunha  excelente  traducción  debida  a  Perfecto  Conde  http://perfectoconde.blogspot.com/  .

      É  un  libro  interesante,  que  se suma  a  esa  longa  lista  de  autores  que,  na  xeira  de  certo  estruturalismo,  sosteñen  que  as  nacións  europeas  foron  inventadas  hai  dous  séculos  e  que,  para   resultar  exitosas,  tiveron  que  crear  mitos  fundadores,  máis  ou  menos  ex  nihilo.

      Por  suposto,  o  momento  crítico  foi  o  romanticismo. Ossian,  Walter  Scott,  Hamann,  Herder  constitúen  o  inicio  do  relato. En  especial,  a  narración  que  fai  Thiesse  de  como  se  entrelazaron  os  diversos  motivos  de  recuperación  dun  pasado  nacional  inventado  nos  diversos  países  europeos  resulta  do  máis  convincente. 

      Na  tese  da  autora  as  diversas  ficcións  “nacionais”  confirmáronse  unhas  ás  outras  nun  xogo  de  espellos  que  lle  daba  carta  de  natureza  e  lexitimidade  ao  novo  espírito  político.

      Fose  en  Chequia  ou Polonia,  en  Serbia  ou  Escocia,  en  Finlandia  ou  Estonia,  tanto  como  en  Alemania, Francia  ou  Inglaterra  por  todas  partes  foi  posible  detectar  esa  ansiedade  por  construír  un  pasado  prestixioso  que  lle  ofrecera  credibilidade  a  un  proxecto  político  rigurosamente  contemporáneo.

      É  certo,  no  entanto,  que  as  teses  da  “invención”  e  do  “artificio”, que  proveñen  do  estruturalismo  dos  sesenta,  poderían  ser  adobadas  cunha  miga  máis  de  sentido  histórico,  o  que,  sen  dúbida,  lle  engadiría  riqueza  e  precisión  ao  argumento.

      Pero  para  o  relato  xacobino  inspirado  polos  estados  resulta  máis  tranquilizador  facer  abstracción  dos  procesos  históricos   para  centrarse  na  “construcción  social  da  identidade”.

      Non  sei  por  qué  vénseme  á  mente  a  exitosa  Historia  de  España  de  Fernando  García  de  Cortázar  convertida  en  episodios  televisivos  por  direta  inspiración  de  Aznar  -a  Cortázar  pode  vérselle  hoxe  nas  tertulias  de  Veo TV- a  maior  gloria  desa  construcción  social  ou  ao  tremendo  gusto  pola  historia,  pasada  e  presente,  que  é  característico  da  dereita  española  de  hoxe  que  quere,  así,  darse  o  gusto  de  refutar  todas  as  invencións  propaladas  polos  nacionalistas  “periféricos”.

         Como  todo  o  mundo  sabe,  nacionalistas  só  son  os  outros.

         Aposto  a  que,  mentres  facía  a  traducción,  o  Perfecto  bufaba  de  cando  en  cando:  ao  fin  e  ao  cabo  a  construcción da  identidade  Francesa  daría  moito  de  si,  se  houbera  gañas  de  escribila..

    12 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 10 Xuñ 2010

    En Galicia confidencial

    Información  tomada  de  Galicia  confidencial

    Faro de Vigo, Xornal de Galicia e Depor Sport. As tres cabeceiras destacaron esta semana o avance dos datos da OJD, nos que por vez primeira La Voz de Galicia baixa dos 50.000 exemplares no quiosco.

    “Las ventas en bloque, las suscripciones colectivas y los repartos gratuítos suavizan el descalabro del diario de Sabón, que paga las ‘guerras’ de Rey”, interpreta Depor Sport, xornal deportivo controlado por Augusto César Lendoiro, presidente do Deportivo da Coruña e ex-líder do PP local, e que leva anos enfrontado a Santiago Rey. Galicia Confidencial informou a semana pasada do reparto masivo de exemplares en Barcelona co patrocinio do Xacobeo.

    “En los últimos diez años, el diario coruñés ha perdido 33.469 ejemplares diarios, pasando de vender en Galicia 82.989 a 49.520, según los datos certificados oficialmente”, sinala Xornal de Galicia, financiado ao igual que A Nosa Terra polo construtor próximo ao nacionalismo Jacinto Rey.

    Faro de Vigo, do Grupo Prensa Ibérica, foi o primeiro en criticar a La Voz. A cabeceira olívica, número dous en Galicia, cifra en 1.123 as vendas que perdeu o diario de Santiago Rey no último mes e informa que só Marca caeu máis.

    Antes da publicación do OJD, La Voz curouse en saúde publicando que segue a ser o diario máis lido, “el 53,5% de los lectores gallegos que siguen la prensa de información general eligen La Voz“. A cabeceira da Coruña non aludía ao último OJD mensual, unicamente citaba a difusión media da última anualidade, 100.666 exemplares. De ser certo os dato de 49.520 exemplares vendidos en quiosco, isto implicaría que máis da metade da difusión de La Voz fórmano subscritores e promocións gratuítas.

    Cambios en Sabón

    O portal PR Noticias, referente no sector dos medios no Estado, informa que Santiago Rey prepara cambios para o ano próximo, incluídos relevos na cúpula directiva para dar “un impulso a la difusión del diario, estancada en los últimos años”. Esta fonte tamén indica  que haberá deseño novo en 2011. O único que se sabe é que haberá máis cor, aproveitando a nova rotativa, comprada cos dous millóns de axuda da Xunta.

    En todo caso, as noticias sobre a caída de vendas de La Voz hai que contextualizalas. Todos os xornais e semanarios galegos e españois en papel perderon difusión no último ano, como proba o OJD. En abril tamén caeron todos no país, salvo Faro e a edición galega de El País.

    “Diario de Pontevedra sufrió un descenso del 5,48%, quedándose en los 2.413 ejemplares y Atlántico Diario cayó un 28,4%, situándose en los 348″ publica Xornal.com sobre as vendas en quioscos certificadas pola OJD, organismo de control ao que aínda non se incorporou o propio Xornal de Galicia.

    5 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 06 Xuñ 2010

    Martinez Buján sobre a consulta

    Un  artigo  en  El  País  do  xurista  Carlos Martinez  Buján  sobre  a  consulta.

      É interesante  destacar  o  que  suliña:  que  se  deriva  da  actitude  de  Feijóo  que  -tal  vez  polas  súas  pretensións  de  substituir  a  Rajoy-  vai  a continuar  en  pé  de  guerra  contra  o  galego.  Vai  a  continúar  aprobando  lexislación  que  delimite  o  seu  uso a  espazos  moi  precisos. Certamente,  os  problemas  de  constitucionalidade serán  graves,  tal  vez  irresolubles  para  as  súas  pretensións,  pero  iso  non  lle  impide  usar  esa  estratexia  como  argumento..

    CARLOS MARTÍNEZ BUJÁN

    La consulta a los padres

    CARLOS MARTÍNEZ BUJÁN 06/06/2010El aspecto más discutido del Proyecto de Decreto sobre el plurilingüismo fue el relativo a la consulta vinculante a los padres, tanto en la educación infantil como en la primaria y la secundaria. Un buen número de juristas, asociaciones y órganos institucionales, incluyendo el Consello Consultivo, alertaron acerca de la ilegalidad de una consulta en los términos en los que se recogía en el proyecto, no sólo desde la perspectiva constitucional sino también desde el punto de vista de la legalidad ordinaria.

    El Decreto vulnera la Carta Europea de Lenguas Regionales y Minoritarias

    En el Decreto finalmente aprobado se eliminó la consulta en primaria y secundaria, y esta decisión fue justificada por el Ejecutivo gallego, atendiendo la sugerencia del Consultivo, con el argumento de que no había cobertura legal para efectuar dicha consulta. De este modo, desaparece ciertamente la objeción de legalidad dirigida a los artículos 6 y 7 del proyecto; ello no obstante, la supresión de la consulta fue acompañada de una declaración del presidente Feijóo en la que se anunciaba la elaboración de una ley que otorgase la debida cobertura a la consulta. De tal declaración se desprende que el Gobierno gallego únicamente ve problemas de legalidad ordinaria en la consulta, pero no problemas de constitucionalidad, con lo cual habrá que esperar a la aprobación de esa anunciada ley para comprobar si, efectivamente, el PP pretende limitarse a dar rango legal en el Parlamento a la consulta vinculante en los mismos términos reflejados en el Proyecto de Decreto. Ni que decir tiene que, si ello fuese así, quedaría en pie la tacha de inconstitucionalidad que el Consultivo señaló. De hecho, todo hace pensar que el PP llevará adelante su decisión, dado que en el ámbito de la educación infantil el texto del decreto mantiene la consulta vinculante a los padres en el artículo 5 (pese a introducirse algunas modificaciones que matizan la redacción inicial), en virtud de lo cual el Ejecutivo está asumiendo la constitucionalidad del precepto.

    Por lo demás, dejando ahora al margen la cuestión de la constitucionalidad de la consulta (que queda para una columna posterior), interesa subrayar que el Gobierno gallego tampoco ha visto problemas de legalidad ordinaria en el caso de la educación infantil. Y lo sorprendente ha sido el razonamiento del presidente Feijóo para explicarlo: a diferencia de lo que sucede en la educación primaria y secundaria, en la infantil hay cobertura legal para realizar la “pregunta” (como se dice en el texto definitivo) a los padres, porque existe una sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Cataluña que la avala. Ante semejante razonamiento hay que contestar: ¿qué tiene que ver aquí una sentencia del tribunal catalán? Si estamos situados en el plano de la legalidad ordinaria, el análisis del Decreto gallego tiene que ser efectuado, ante todo, de acuerdo con la ley gallega en la que se inserta, o sea, la Lei de Normalización Lingüística.

    Pues bien, frente a lo que declararon Feijóo y Lorenzo, en el dictamen del Consello Consultivo en modo alguno se dice que sea ilegal efectuar una pregunta a los padres sobre la lengua materna de sus hijos (en atención a lo cual, por cierto, no era necesario realizar un periplo por la jurisprudencia catalana para avalarla). Lo que en él se indica es la ilegalidad de las consecuencias que se extraen de tal pregunta, a la vista de la ley gallega, a saber: primera, que las respuestas a dicha pregunta (y únicamente ellas) sean las que determinen indefectiblemente “la lengua materna predominante del alumnado” (y se sobreentiende forzosamente que basta una mayoría de la mitad más una); segunda, que el profesor tenga imperativamente que “usar en el aula” esa lengua y no la que resulte minoritaria, la cual simplemente “deberá ser tenida en cuenta”, limitándose a “atender de modo individualizado” al alumno cuya lengua materna no sea predominante.

    Esta redacción del artículo 5 del Decreto no sólo no encuentra cobertura legal en la Ley de normalización, sino que vulnera su artículo 13-1, en el que se proclama que “los niños tienen derecho a recibir su primera enseñanza en su lengua materna” y en el que se impone al Gobierno la obligación de “arbitrar las medidas necesarias para hacer efectivo este derecho”. Asimismo, en lo concerniente en particular a la lengua gallega, el Decreto vulnera además el artículo 8-1-a de la Carta Europea de Lenguas Regionales y Minoritarias, que obliga a “prever una educación preescolar garantizada” (o, al menos una “parte sustancial” de ella) en dichas lenguas.

    5 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 04 Xuñ 2010

    “Decidamos sobre o Galego”

      Entramos  nun  novo  tempo  no  debate  social  sobre  a  sorte  do  idioma  galego.

      Sería  positivo  postular  unha  consulta  sobre  o  status  do  galego  no  país. O  obxectivo  é  gañar  a  iniciativa  social  e  política,  favorecendo  un  debate  xeral,  non  limitado  aos  centros  de  ensino.

      Dende  logo,  unha  campaña  tipo  “Decidamos  sobre  o  galego”  tería  alguns  problemas  de  encadre  legal  pero  ¿ acaso  o  PP  e  GB  se  pararon  a  considerar  esa  circunstancia  cando  propuxeron a  consulta  aos  pais?.

       Propoñer  esa  consulta  é  ir  á  raíz  do  asunto  e  confiar  na  expresión  da  vontade  popular.

       Non  hai  ningún  motivo  para  supoñer  que  o  PP  e  GB  representan  á  maioría  da  poboación  sobre  este  punto  pero  -se  así  fora-  ¿hai  algún  mal  en  realizar  o  debate  e  constatar  a  realidade?. No  peor  dos  casos  -dende  o  punto  de  vista  dos  que  desexamos  un  futuro  para  o  galego-  simplemente  sucedería  que  a  sociedade  galega  poneríase  a  si  mesma  diante  do  espello  ¿ É  iso  malo?.

       A  outra  alternativa  -e a  máis  probable-  é  que  o  asunto  acabe  derivando  nunha  pura  cuestión  de  organización  escolar,  con  leas  na  comunidade  educativa,  ante  unha  sociedade  que  verá  o  asunto  dende  a  barreira,  calquera  que  sexa  a  opinión  que  teña.

      A  posta  en  práctica  do  decreto  baixo  o  lema  -falaz,  pero moi  efectivo-  do  igualdade  ao  50%  entre  os  dous  idiomas  e  a  campaña  de  promoción que  nestes  momentos  se  estará  deseñando  pode  -digo  “pode”- rehabilitar  a  imaxe  do  PP,  deixando  ao  galego  desprotexido.

       Parecendo  que  dan  un  paso  atrás,  a  política  de  castelanización  estaría  gañando  a  batalla. De  feito,  o  que  Feijóo  fixo  pode  describirse  así  “Reculer,  pour  mieux  sauter”.

      Por  outro  lado,  os  diversos  partidos  van  a  estar  metidos  na  preparación  das  municipais,  co  que  van  a  deixar  este  tema  de  lado  -salvo,  acaso,  o  PP  en  Vigo  e  A  Coruña-.   

        Colgo  aquí  un  artigo,  publicado  no  País  hai  xa  tempo,  sobre  o  particular.

    ANTÓN BAAMONDE

    Una consulta sobre el gallego 28/09/2009

    En España la moda de las consultas populares la introdujo el Plan Ibarretxe, recientemente imitado por los independentistas catalanes en Arenys de Munt. El ejemplo inicial venía un poco de Quebec -en Canadá son legales las consultas sobre la independencia que desea una parte considerable de la provincia francófona- y un poco de Italia, país donde un sistema de partidos muy fragmentado e inestable favorece el uso de un mecanismo que puede ayudar a los gobernantes a decidir sobre asuntos sobre los que no se da un claro consenso social. No hay ni que decir que aunque se discute si la organización de consultas es buena para la gobernabilidad, muchos países han legislado los procedimientos para su realización.

    Al PP tales iniciativas le han parecido siempre despropósitos, cosas de gente alucinada, y de inmediato ha batido los tambores por la defensa de España, amenazada por los nuevos sarracenos. Cuando lo han dicho por lo fino han argumentado que tales consultas carecían de valor vinculante -lo que es evidente- y cuándo se han puesto el mundo por montera, como suele hacerlo Esperanza Aguirre, han dicho que tales referéndums “me levantan el estómago y me recuerdan a los países totalitarios”, lo que es de suponer que es una perífrasis para no citar a Franco, otro “coruñés de pro” en la aseada expresión de Carlos Negreira.

    Los referéndums de los demás, supongo. Porque en Galicia la consulta popular la adaptó al territorio su correligionario, el señor Núñez Feijóo, limitándola al terreno escolar y al uso del idioma gallego. Lo hizo, es cierto, de modo atropellado, confuso y ventajista. De hecho, hoy por hoy nadie conoce los datos en detalle, salvo las autoridades, que se los reservan para usarlos a su libre albedrío. Tal vez la oposición debiera reclamarlos para hacer su propia lectura. Diversas fuentes aseguran que el decreto no fue cuestionado por los padres de los centros públicos pero sí, de modo muy sesgado, por los de los colegios concertados, generalmente gestionados por la iglesia. Si así fuera, estaríamos ante una significativa fractura social, puesta en evidencia por una consulta cuyo valor, dadas las poco fiables condiciones en que fue realizada, hay que poner entre paréntesis.

    En todo caso, el signo que pretendía lanzar el PP de Núñez Feijóo era clarísimo: hemos ganado las elecciones a lomos de la defensa del castellano, acogotado al parecer por las hordas infieles que no se contentan con hablar gallego en la intimidad. Hagamos, pues, del gallego una cosa optativa -pues es grande nuestra condescendencia con los pobres y atribulados que ignoran el esplendor de la Única Lengua Buena Y Verdadera- procurando que el castellano sea el idioma por defecto, no sólo en la vida social, dónde ya lo es, sino también en la administración, que hacía hasta ahora el papel de agente equilibrador. Hagamos, en definitiva, una ley a la medida de nuestra ideología y nuestro círculo social.

    De hecho, se habla de la posibilidad de que el PP derogue la Lei de Normalización Lingüística, aprobada por consenso, para reelaborarla en ese espíritu de arrinconamiento del gallego. Es una posibilidad que está sobre la mesa y que significa la subversión de todo el marco legal. Lo que el PP pretende es reinterpretar la doctrina que el TC ha elaborado durante las últimas décadas, a la luz de la Constitución y los Estatutos de Autonomía, en el sentido de proteger a los idiomas españoles distintos del castellano. El objetivo es reintroducir la desigualdad entre el castellano y catalán, euskera y gallego. Es una operación de largo alcance y destinada al fracaso, salvo, tal vez, entre nosotros.

    Con estos datos sobre la mesa sería bueno que el Parlamento gallego organizase una consulta popular seria, con debates públicos previos, y todas las garantías procesales, acerca de la cuestión lingüística. Fuese la voluntad popular la que fuese sabríamos a qué atenernos. No es tiempo de andar con florituras ni intenciones veladas. En todos estos años, lo que ha primado acerca del asunto ha sido una gran hipocresía -creo que en esto todos podemos estar de acuerdo- que ha permitido muchas interpretaciones descabelladas y algunos alardes de falsa conciencia. Lo bueno que tiene la actual actitud del gobierno gallego es que todo el mundo la entiende: en lo que dice y en lo que deja entrever.

    No hay que dejar de pasar la oportunidad de confiar en la democracia. El pueblo gallego puede usar la libertad para despedirse de su idioma o puede usarla para darle una nueva oportunidad y convertirlo en la lengua posible de una modernización manufacturada a la medida del país. Si hemos de producir un cadáver tal vez será piadoso acelerar su tránsito, pero si hemos de extremar las medidas para que no se produzca el deceso, no cabe duda de que sería bueno que urjamos a hacerlo. 

    6 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 28 Mai 2010

    Arume sobre o Decreto

      Un  comentario  certeiro  sobre  o  decreto  e  a  língua  de  Arume  dos  Piñeiros

    O novo Decreto de Plurilingüismo supón un adelgazamento notable con respecto ás Bases presentadas a finais do ano pasado. E, despois de tantos meses de liortas, o novo texto, como xa dixen con algo de cinismo hai tempo, dá saída a tres cuestións elementais que os sectores máis castelanófilos do Partido Popular consideraban modificables e irrenunciables:

    1. O reparto clavao fifty-fifty das materias e, polo tanto, a eliminación tanto da célebre cláusula do decreto anterior, polo menos, como da expresión do plan xeral de normalización lingüística de 2004, como mínimo.
    2. A asignación da materia de matemáticas (e con ela, pero xa nun segundo plano, a física e a química) á lingua castelá.
    3. A opción ao alumnado de empregar a lingua que queira en exames e na relación oral na clase, vencellada sempre á posibilidade ademais de contar con libros e materiais escolares na lingua que prefiran.
    Con estes tres aspectos todo está amañado. De feito, os sectores menos combativos do PP, algo molestos coa deriva radical do seu propio partido nesta materia, consideran xa satisfactorios os cambios introducidos, como se pode advertir nunha opinión pública que agora manifesta sen rubor (ás veces con algunha impudicia) o encomio para o esforzo feito.
    Non creo eu que, despois dos últimos retoques, o novo decreto presente problemas desde o punto de vista estrictamente legal: a Lei de Normalización Lingüística tantas veces invocada funciona ás veces máis como declaración de intencións que como unha reglamentación precisa, polo que retorcela un pouco, abaixala nas súas pretensións ou mesmo ninguneala algo non é nada difícil. E ademais, a meirande parte das críticas que recibiu do CCG eran en relación coa normativa educativa e non tanto coa de normalización lingüística. Eliminados os problemas maiúsculos da consulta aos pais e nais, por falta de cobertura legal, o resto era cuestión de maior ou menor flexibilidade do lexislador que, neste caso, foi mínima.
    Pero, desde o punto de vista de salvación social da lingua (xa non digo de normalización ou, como quere o decreto, nun patente sostenella e non enmendalla, de dinamización), ou mesmo de eficacia normalizadora, se o queremos baixar a termos pragmáticos, o Decreto de Plurilingüismo leva, ao meu xuízo e en atención ao que se observa entre a mocidade urbana, maioritaria en Galicia, á paseniña desaparición do galego, xa non digamos no nivel de alfabetización, onde se pode manter case como lingua franca diglósica para o ensino e a administración, senon na fala cotiá onde agora mesmo (falo sempre de contornos urbáns) semella case perdida.
    Eu, que son castelanofalante case contumaz por razóns que xa apuntei algunha vez, vexo que o futuro da lingua galega está xa escrito, se non hai unha decidida inmersión en todos os ámbitos do ensino. Outorgarlle ao alumnado (á marxe de problemas específicos que esta normativa podería causar) a posibilidade de empregar a lingua que prefira na clase, en contextos como o que se advirte nas cidades representa a morte do galego.
    Non se trata de maior ou menor legalidade, senón de concederlle á lingua galega o estatus de lingua esmorecente e darlle o aire necesario, o osíxeno que precisa para que reviva, por certo, perfectamente explicado no Plan Xeral de Normalización Lingüística. Con este aparente equilibrio e con esta apelación á liberdade dos falantes a elixir a lingua que queiran, o tempo do galego está contado. Ese é o meu lamentable pronóstico.
    3 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 28 Mai 2010

    Un longo e tortuoso camiño

      Onte foi  a  presentación en  Santiago  de  “Un  longo  e  tortuoso  camiño. Adaptación,  crise  e  cambio  no  BNG”  de  Xosé  Ramón  Quintana (Ed. Galaxia ) libro  que  foi  galardoado  co  Premio Ramón  Piñeiro  de  Ensaio  e  que  constitúe  a  mellor  radiografía  xamais  escrita  desa  ponla  do  nacionalismo.

       O  libro  está  escrito  por  alguén  que  é  votante  dende  tempos  inmemoriais  do  BNG,  pero  que  se  non  me  equivoco  xamais  militou  nel.

         É  un  dato  que  menciono  porque  esa  radiografía  está  feita  sen  toma  de  partido  por  ningún  dos  grupos  que  configuran  internamente  a  galaxia  BNG. Moncho  Quintana  non  é  de  Paco,  nin  de  Beiras  nin  de  Quin  nin  de  ningún  outro. 

     É  un  historiador  e  politólogo  moi  competente  que  intenta  dar  conta  da  xenealoxía  e  decurso  do  BNG  -para  explicar  a  súa  lóxica  interna  e  os  modos  en  que  se  foi  adaptando  ás  sucesivas  situacións  externas-  co  ollo  clínico  dun  médico  e  coa  precisión  e  rigor  dun  notario.

       O  que  intenta  narrar  Moncho  Quintana  é  o  longo  e  tortuoso  camiño  dunha  organización  que,  no  seu  inicio,  estivo  modelada  polo  maoísmo  e  que  se  empeñou,  con  éxito,  en  crear  unha  subcultura  resistencialista  pero  que,  andando  o  tempo,  tivo  que  irse  adaptando  á  lóxica  dunha  sociedade  democrática  para  desempeñar,  con  algunha  esperanza  de  éxito,  tarefas  de  goberno.

      A  fase  de  Beiras  e  a  fase  de  Quintana  constituiron  dúas  modalidades  dese  intento  de  adaptación,  marcadas  cada  unha  pola  personalidade  e  orientación  do  líder. A  derrota  deste  último,  no  entanto,  pon  graves  interrogantes  sobre  o  futuro  dunha  organización  que  parece  querer  volver  a  unhas  esencias  e,  con  elas,  a  un  paraíso  de  inocencia  no  que  gobernar  sempre  é  cousa  de  outros.

      O  libro  da  datos  que  tal  vez  son  obvios  para  a  miña  xeración  pero non  para  as  máis  novas. O  modelo do BNG  ten  esta  orixe:  supoñíase  que  Galicia  era  unha  colonia  en  similar  sentido  ás  do  terceiro  mundo  e  que  o  Partido  Comunista  para  facer  a  revolución  tiña  que  crear  unha  Fronte  Nacional  Popular  que  agrupara  as  clases  oprimidas  polo  imperialismo.

      Así  que  a  dirección  do  proceso  tiña  que  estar  en  mans  desa  vangarda  comunista  e  os  nacionalistas  constituirían  a  forza  de  choque  que  posibilitaba  a  acumulación  de  forzas  para  a  revolución.  Castelao  era  o  noso  Sun-Yat-Sen.. 

      Tal  vez  isto  sone  a  algo,  pero  quen  queira saber  máis  e  entender  o  nacionalismo  contemporáneo  que  lea  o  libro..

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 28 Mai 2010

    Un artigo de Quique Monteagudo

    Un  artigo  de  Quique  Monteagudo  hoxe  en  El  País desmontando  o  decreto.

    HENRIQUE MONTEAGUDO Luces

    Saír do círculo vicioso

    HENRIQUE MONTEAGUDO 28/05/2010

    O pasado 17 de maio Feijóo ofreceu un pacto lingüístico asentado en catro principios: a cooficialidade entre o galego e o castelán, a consideración do primeiro como lingua propia de Galicia, a acción positiva para a extensión do seu coñecemento e uso e maila aplicación do principio de non discriminación. Despois dun ano liderando un goberno empeñado na erosión da súa propia lexitimidade a base de maltratar o idioma que identifica o país, resulta toda unha novidade que o presidente da Xunta se comprometa a asumir o artigo 5º do Estatuto de Autonomía de Galicia, vixente desde 1980. Non era sen tempo!

    Pero esa oferta de pacto veu arroupada por declaracións contraditorias. Dunha banda, o secretario xeral do PP e conselleiro da Presidencia acusaba á oposición de querer voltar aos tempos da ditadura galeguista (polos vistos, moito peor cá de Franco). Case ao unísono, o mesmo partido profería un comunicado en que acusaba os/as manifestantes do Día das Letras de padeceren “mono de imposición”. Coñécese que o galego é unha droga adictiva, e será por iso que as mobilizacións na súa defensa suman xa catro nun só ano, cun amplo eco cidadán. Agora se entende a contundencia das medidas preventivas aplicadas contra un perigo tan grave para a saúde pública!

    Aínda máis contraditoria foi a aprobación no Consello da Xunta do pasado día 21 do decreto do plurilingüismo, que constitúe a chave do disenso entre o PP e os partidos da oposición, e o principal motivo de repulsa social á súa política lingüística. Como se pode propor un pacto, e ao tempo sancionar o decreto da discordia?

    - O decreto da discordia. Ata chegarmos á proposta de pacto, o discurso lingüístico do PP foi mudando un algo ao longo do último ano. Cando as eleccións autonómicas, o problema consistía na “imposición do galego” e a receita era a “liberdade lingüística”. Ante a contestación social que provocaron as primeiras medidas contra o galego (con xordas pero significativas réplicas dentro do propio partido), pasou a pórse o acento na denuncia da “inmersión lingüística” no ensino, que se remediaría con “equilibrio”. A menciña ía ser o tal decreto, pero no seu proceso de elaboración saíu a lume o rexeitamento frontal non só dos consabidos colectivos de activistas, senón de canta institución tivo ocasión de pronunciarse, desde a Academia ata os consellos da Cultura, Escolar e Consultivo. Nunca tal se vira. Polo camiño, o goberno ía recuando, ao tempo que o presidente da Xunta gañaba protagonismo, ata acabar aparecendo el propio como responsable directo da desfeita.

    Porque dunha desfeita se tratou: conforme medraba a alarma pública, ao sabor dos demoledores ditames que caían a vao un detrás do outro, a proposta inicial da Xunta foise esluíndo. Pero, por culpa da torpe arrogancia do Goberno, que adobiou cada paso atrás non cunha man tendida (madia leva!), mais cunha nova argallada, os ánimos, en lugar de aplacárense, queceron sen vagar. Dunha banda os primitivos apoios do PP se sublevaban contra a traizón, e doutra banda a oposición inzaba, cargándose de razóns. En cada ocasión, Feijoo atopou a maneira de non saír dun souto sen meterse noutro: pasouse do disparatado reparto por terzos co inglés á paridade entre galego e castelán, pero aderezando isto co descaso da votación familiar cada catro anos. A final, Consello Consultivo mediante, esta quedou fóra, adiada iso si baixo promesa dunha lei ad hoc (velaí o próximo souto), e o decreto limítase a esmagar os galegofalantes no ensino infantil, e excluír o uso do galego para matemáticas, tecnoloxías e física e química, en Primaria e Secundaria.

    Decidir o idioma das clases por maioría simple da lingua dos estudantes é un procedemento, ademais de dubidosamente legal, gravemente daniño para o galego. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística referidos a 2008, o galego é xa lingua minoritaria na faixa de cinco a catorce anos (as cifras cantan: 25% galegofalantes, 39% castelanfalantes e 34% bilingües iniciais). Xa que logo, moita rapazada galegofalante quedará en minoría nas aulas, así que a regra da maioría simple terá un efecto multiplicador da exclusión do galego. Ademais, o decreto ignora a alta frecuencia de bilingües iniciais (para que lingua contarán?) e o feito de que en bastantes centros a proporción de falantes das dúas linguas se atopa equilibrada, tipo 55%-45%, máis ca tipo 95%-5%. Vale a mesma fórmula da maioría simple para situacións tan diferentes?

    - A renuncia ao idioma. Doutra banda, por culpa da vixencia dos prexuízos contra o galego, reavivados agora pola crispación lingüística alentada desde certas instancias (entre elas, importantes sectores da propia Xunta e do PP), as familias galegófonas van sentirse apuxadas a renunciar ao seu idioma. Canto á pretensión populista de facer depender o uso das linguas de consultas ás familias, á parte as asisadas obxeccións legais do Consello Consultivo, debe lembrarse a crítica formulada recentemente por Habermas contra o desleixo de responsabilidades de certos políticos: “O retrato demoscópico da opinión da xente non é o mesmo que o resultado da formación dunha vontade democrática dos cidadáns deliberativamente constituída”.

    En definitiva, hai dez anos a porcentaxe do 50% para o galego podía considerarse un avance, pero nas actuais condicións constitúe un severo retroceso: segundo datos do IGE-2008, arredor do 72% dos estudantes entre 5 e 16 anos veñen recibindo o seu ensino maioritariamente en galego. O recorte imposto polo decreto tornaranse nunha fonte explosiva de conflitos: moitos profesores e centros xa anunciaron que se van negar á desgaleguización. O idioma propio do país esixe un tratamento igualador, non un goberno que, en nome dun impostado equilibrio, lava as mans, coma Pilatos, sobre o seu destino.

    É certo que as previsións iniciais eran moito peores, pero a Xunta non pode arrogarse mérito ningún polas melloras parciais conseguidas no proceso de elaboración do decreto, dado que só recuou cando e onde se viu obrigada, releando con avaricia cada nova concesión, de modo e maneira que o resultado, non sendo bo para o idioma, constitúe unha derrota política para o PP. Se desde hai un ano o Presidente tivese optado por procurar o consenso, disporía agora dun decreto moito máis presentable, que contaría cun amplo apoio, incluído o groso do seu partido e do seu electorado.

    - Cara ao futuro. A sinceridade da proposta de Feijoo comprobarase coa súa disposición a renunciar ao discurso de deslexitimación do galego, asumindo como propios, con todas as consecuencias, os principios que el mesmo evocou, abaixando a súa fachenda (ghavota, dicimos en muradán) e rectificando o rumbo. Foron el e o seu partido os que plantaron lume no conflito lingüístico, a eles corresponde a iniciativa para apagalo. Trátase de prestixiar a lingua, no canto de aventar prexuízos e reticencias na súa contra. De promover o seu uso, non de recortalo. De valorala como recurso estratéxico, fonte de creatividade e de cohesión; non desprezala como factor de discordia, atraso e illamento. De facer pedagoxía para a convivencia, non demagoxia para a división. De pular polo seu futuro, non de condenalo á agonía.

    Dará o PP saído do círculo vicioso? Convencerase de que o idioma é asunto de interese xeral, así que ten que deixar de servir de monicreque en manobras de voo rasante? Finalmente: cal será o contido real do anunciado pacto pola lingua cando se acaba de expulsala ao ventimperio? Ovella será, pero cheirar cheira a can.

    ¡Comenta esta entrada!
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
  • 25 Mai 2010

    O decreto en práctica

    Na  miña  opinión,  a  aprobación  do  decreto  significa  que  o  PP  vai  ir  a  por  todas  na  súa  defensa. O  goberno  non  pode  ignorar  nin  as  ambigüidades  xurídicas  que  encerra  a  súa  posta  en  práctica  nin  os  escenarios  que  xerará.

      O  máis  frecuente  será  aquel  no  que  profesores  que  dan  a  clase  en  galego  téndoa  que  dar  en  castelán  serán  postos  na  picota  por  pais  pertencentes  ao  PP,  a  GB  ou  a  calquera  outro  grupo  das  mesmas  características.

      Tamén  alumnos  que,  por  unha  razón  ou  outra,  teñan  algunha dificultade co  profesor  que  da  a  clase  no  idioma  equivocado  poderán  atacalo  por  ese  flanco.

       Ese,  na  miña  opinión,  será  o  escenario  buscado  por  eles:  reconducir  a  cousa  a  unha  lea  entre  profes  -”radicais”-  e  pais  ou  alumnos  que  esixen  os  seus  dereitos.

      Loxicamente,  en  sentido  contrario  poden  producirse  situacións  equivalentes,  e  xa  non digamos  na  privada  e  concertada.

      Son  situacións  policiais  que  a  ninguén  con  sentido  común  poden  agradar,  pero  que  ao  PP  poden  darlle  moito  xogo.

      O  escenario  xurídico  veremos  que  percorrido  ten  e  ata  qué  punto  pode  impugnar  ou  dificultar  ou  deslexitimar  o  decreto.

      No  entanto,  creo  que  o  natural  sería  tomar  o  touro  polos  cornos:  eles  unha  e  outra  vez  suxiren  que  a  “maioría  silenciosa”  está  con  eles.

       Pode  dar  a  impresión  de  que  a  oposición  á  consulta  significa  implicitamente  que  todos  cremos  que  iso  é verdade.

       Creo  que  o  único  modo  de  desbaratar  esa  crenza  é  propoñer  a  consulta:  tal  vez  non  só  a  dos  pais  senón  a  do  país  en  torno  ao  asunto.

       Pero  unha  consulta  ben feita,  con  garantías,  debates,  etc. 

       Se  o  galego  gaña,  perfecto. Se  non,  que  Galicia  se  recoñeza  no  espello. Así  de  simple.

        C´est  mon  opinion,  et  je  la  partage.

    10 Comentarios
    Compartir: delicious digg technorati yahoo meneame
« Previous Entries

Outros blogs na trincheira

Ciudadano en el ágora

David Giménez Glück

Los derechos de los menores

Reconozcámoslo: no sabemos qué hacer con los adolescentes. Nos parecen gente extraña, incomprensible, con problemas [...]

Diario de una feminista

Violeta Tristán

ORACIÓN POR EL DERECHO AL ABORTO

Si hay que rezar, con tal de que nos dejen en paz y respeten nuestras vidas, que algo valdrán también [...]

El voto con botas

Fermín Bouza

Otra vez la Desafección

Después de rozar mínimos (ver gráfico de abajo: pulsar) tras las elecciones de 2004, la Desafección, medida por el [...]

La trinchera digital

Manuel Rico

Una promesa sepultada

El Gobierno ha decidido archivar la Ley de Libertad Religiosa, que en teoría iba a ser uno de los proyectos estrella [...]

La zona gris

Félix de Mencía

Contra la religión

¿Consultaríamos con un chamán qué deben aprender nuestros hijos en la escuela? ¿Convocaríamos a una peña del [...]

Marcos y molduras

Luis Arroyo

Datos no; relatos sí. Políticas no; valores sí

No es puramente un discurso sobre el Estado de la Unión, como se ha dicho, sino más bien cubrir la formalidad de [...]

Sin frases hechas

Ana Noguera

El verano sólo fue un paréntesis

Finalicé el último artículo, recordando los dos “dolores de cabeza” a los que se enfrentaban los grandes [...]

Taberna y otros lugares

Arturo Burton

Las tortas de Pedro Jota

“Si mi hija Cósima se viste así para una recepción, vamos, es que le doy una torta”. Palabra de Pedro [...]

O café na trincheira

Antón Baamonde

Con Arcimboldo ven o verán..

      De  momento,  esta  fiestra  pecha.   Grazas  a  todos  os  que  entraron  no  Café na  [...]

El sedàs

Ferran Casas

CiU precipita la seva estratègia i perd la basa del finançament

Artur Mas va fer dimarts una roda de premsa important que podria marcar un abans i un després en les conseqüències [...]

Itsasertzetik

Guillermo Malaina

Ajuria Enean “piper” asko euskara gabe

Albiste hau aurkitu dut Berria egunkarian. Beherago, erdaraz, Semanal adizkariak argitaraturiko erantzun zuzena. [...]

Blog publicado con Wordpress

© Todos os dereitos reservados

Cabeceira: Guillermo Varela - Deseño: Daniel Solana - Programación: Rodrigo Díez Villamuera